Seguidores e seguidoras

miércoles, 1 de marzo de 2023

Perdida unha batería da OM-1

  Hoxe toca empregar o blogue para un fin diferente á divulgación. 

   Resulta que o mes pasado perdín unha das baterías de reposto que teño para a Olympus OM-1. Trátase dunha batería orixinal OM, que seguramente estará dentro do seu estuche plástico, tal como aparece na última das fotos.


  Non teño certeza do momento da perda, puido ser hai dúas semanas ou hai dous meses. En principio os lugares máis probábeis onde me puido caer son a ría de Ortigueira, os peiraos de Mugardos, Fene e Neda (na ría de Ferrol), o río Xuvia por Pedroso, a Terra Chá e a lagoa de Valdoviño. Quizá tamén nos campos de taraza (Valdoviño).



 Se alguén a atopou ou sabe dalguén que a atopara agradecería moito que se poña en contacto conmigo, ben a través do correo electrónico (xabi.prieto@yahoo.es), ben por teléfone (630 97 77 83).

  Agradezo tamén difusión deste post a través das vosas redes sociais, graciñas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos