Seguidores e seguidoras

domingo, 15 de novembro de 2026

Poucas novidades

     Seguimos sen ter grandes novidades na ría en cuanto a invernada de acuáticas. Bon momento para se adicar á práctica de fotografía de paisaxe, un campo no que teño moitísimo que aprender.

Casco histórico de Ferrol fotografado desde Mugardos
OM-1 + Panasonic 100-300 mm  f.5,6 (a 100mm)  ISO:3200   V:1/200   F:4

Casco histórico de Ferrol fotografado desde Mugardos
OM-1 + Panasonic 100-300 mm  f.5,6 (a 200mm)  ISO:3200   V:1/200   F:5

      Esta fin de semana visitei tamén a ribeira de Mugardos.

Enseada do Baño (Mugardos)

Enseada do Baño (Mugardos)
OM-1 + Panasonic 14-42 mm  f:5,6  ISO:800  V:1/100   F:5

   Entrando xa no tema das aves, é chamativo que o número de lavancos reais medrou moito nesa zona sur da ría. Entre O Baño, O Seixo e Maniños/Barallobre hoxe contaba 202 lavancos (ademáis de 1 pato rabilongo e 1 cerceta eurasiática). Paradóxicamente a cantidade de patos no fondo da ría é menor da que había décadas atrás. Tería que repasar os cuadernos de campo, pero alí era habitual censar concentracións de 300 a 500 lavancos mentras que noutras enseadas, como as controladas hoxe, apenas había unhas deceas.

Lavancos reais no Baño (Mugardos)

    No medio da ría avistaba ontes un mascato de primeiro inverno. Esta mañá nadaba moi perto da rampa de Maniños mas eu andaba despistado.

Mascato boreal (Morus bassanus)

     Por estar facendo esta foto para o blogue perdín de afotar ao mascato, que non é unha raridade pero si pouco común dentro da ría, máis aínda tan perto do peirao como estaba hoxe.

"O mascato esquecido". Óleo sobre lenzo

    Un bilurico das rochas bañábase nunha charqueira.



Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)

     Onte busquei en Internet parámetros para edición en Lightroom. Teño un libro de Fran Nieto específico sobre esa temática pero cheguei a un ponto do libro en que se me fai moi complexo (Fran está noutro nivel, obviamente). Porén, coa I.A. podo buscar aspectos máis concretos do que me interesa no día a día. E estou a probar cousas novas relativas ás ferramentas de enfoque coma cantidade e radio. Tamén estiven a experimentar coa temperatura de cor, un tema que me tolea.

Garza branca grande (Ardea alba) con temperatura tipo "sombra"
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4  ISO:400   V:1/125   F:5

Garza branca grande (Ardea alba) con temperatura de cor máis fría
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4  ISO:400   V:1/100   F:5

     A garza branca grande é un bicho que se deixa facer. Iso si, hai que poñer cara de mariscadora ou pescador para que non se asuste, que diría o mestre Curt.

Garza branca grande desde o "observatorio"

Garza branca grande (Ardea alba)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4  ISO:400   V:1/100   F:5

    En Neda fotografaba esa nova especie que é a garza boieira. Para os máis novos un bicho común, para aqueles que peinamos canas segue a ser tan exótica coma o ibis eremita famoso (que non quixen ir ver ainda que fun o primeiro a quen informaron da sua presenza).

Garzas boieiras (Ardea ibis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4  ISO:1600   V:1/320   F:4,5

Garza boieira (Ardea ibis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4  ISO:1600   V:1/320   F:4,5

    Outra presenza habitual na ría que se no la contan hai corenta anos non creríamos é o cullereiro común. Onte collía un exemplar facendo caca (en Bichos non andamos con finuras progres). Unha imaxe curiosa cando menos.

Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4  ISO200   V:1/500   F:5

Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4  ISO200   V:1/1000   F:4

     A mellor nova desta semana foi a volta das precipitacións. E non só na Galiza, tamén nesa terra irmá que é o País Llionés. Pego un pantallazo recollido de AEMET. Que ganas teño de volver á miña querida Villafáfila.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos