Seguidores e seguidoras

sábado, 17 de agosto de 2013

Sólo falta que cambie el viento

   ÚLTIMA HORA: Cando son as 19,00 horas do sábado, acabo de chegar da praia de Valdoviño, onde observei que a canle de desaugue estaba completamente pecha, coincidindo coa baixamar. Non sei se a preamar romperá a cativa barra de area formada, algo que pasa en ocasións, ou estamos ante o peche definitivo. Estaremos atentos.

  Si me dicen hace veinte años que a estas alturas del año la laguna iba a encontrarse con su nivel mínimo histórico, pensaría que se trataba de alguna broma. Porque estamos a 17 de Agosto (aniversario, por cierto, del asesinato de Alexandre Bóveda a manos de los fascistas en el 36). Las condiciones siguen siendo magníficas para el paso y sólo hace falta que cambie un poco el viento para que empiece la "fiesta".
   Lo ideal sería la típica situación en que una borrasca queda estacionada en el atlántico, generando vientos del sur en la costa atlántica gallega, mientras que en el Cantábrico se mantienen variables o calmos. Eso sería una situación óptima para la sedimentación de limícolas, charranes y otras aves.
   Hoy me encontraba con Juan Pita y con un colega "pajarero" zamorano (Juan Carlos... no recuerdo el apellido) que se encuentra de camping por aquí. Pero antes estuve con otra tropa:

 Mi tesooooroo...

  Dos Ardillas rojas (Scirius vulgaris) se merendaban unas piñas en un pino rodeno de buen porte. Entre ellas se apreciaba una notable variación en el tono de su librea, mucho más pardo en el segundo ejemplar.


     Conocí su presencia por la zona en Marzo del 88, época en la que irrumpió (o reapareció, probablemente) en las áreas más litorales, aprovechando las grandes repoblaciones de Pinus pinaster y Pinus radiata que se llevaran a cabo años atrás. Llegó a ser un roedor muy común, viéndose incluso mientras atravesaba núcleos de población; pero pienso que ha experimentado un ligero descenso últimamente. La expansión el eucalipto en zonas ocupadas anteriormente por pinos podría ser una causa. Pero es sólo una sensación personal que tengo, aunque Purroy & Varela (Guía de los mamíferos de España Lynx 2003) señalan que su abundancia es variable, dependiendo de las cosechas de piñas.

Ardillas comunes (Scirius vulgaris)

   Únicamente 1/3 del lago  mantiene lámina de agua. Es la parte situada más al sur y junto a los carrizales.


  A la espera de que arrecie el suroeste, lo más destacado de hoy ha sido:

- 1 Garza imperial (Ardea purpurea) joven
- unas 20 Garzas reales (Ardea cinerea)
- 300-400 anátidas típicas (Anas strepera/platyrhynchos)
- 3 Cercetas comunes (Anas crecca). El otro día ya viera una con Damián. Probablemente habrá llegado también alguna ya a la ría de Ortigueira
- Un Aguilucho lagunero (Circus aeruginosus) juvenil
- 6 Chorlitejos grandes (Charadrius hiaticula)
- 2 Andarríos bastardos (Tringa glareola). Sin duda estamos teniendo un año excelente para el paso de este tringa.
- 4 Andarríos chicos (Actitis hypoleucos)
- 1 Martín pescador (Alcedo atthis)

Martín pescador (Alcedo atthis)

  El personaje más famoso de la semana, la Corneja cenicienta, sigue haciendo las delicias del personal. Hoy eran Juan Pita y el colega zamorano a los que se le abría la sonrisa de oreja a oreja al verla. Después de escuchar a Damián Romai (que viene a ser una edición de bolsillo de la Enciclopedia Espasa de Naturaleza), he descartado que pueda ser un ave de jaula, sino un ave salvaje divagante de procedencia europea.

Corneja cenicienta (Corvus cornix)

 Bueno seguimos vigilando.

venres, 9 de agosto de 2013

Camiño do segundo aniversario

  A ponto de cumprirse dous anos desde a creación de "Bichos e demáis familia" quero aproveitar de novo para darvos as grazas a todos e todas as que seguides este espazo e comentades nel. O número de visitas diarias pasou daquelas modestas 30-40 persoas a máis de 100 actualmente, con picos de 400-500 visitantes nas entradas máis "top".  Seguramente a mellora nas ópticas e na calidade das imaxes ten algo que ver.

 Un voyeur na Frouxeira (foto cortesía de Antonio Gutiérrez)

   Dito isto, sempre vos dixen que este espazo naturalista mantívose grazas ao seguemento de todos e todas vós. Quero adicar unhas palabras especialmente ás persoas que teñen a cortesía básica de comentar e presentarse, valorizando así o esforzo que se fai para ofrecer unha entrada atractiva, con textos ben feitos e fotografías de calidade suficiente.
 Ao longo deste tempo fóron moitos os folgos que me aportaron xente coma Cosme Damián, Martiño Cabana, César Ayres, Quique Sampedro, Pepe Vidal, Paco Girón, Inés García, Eloi, Carlos, Paula, José Luis, Víctor, Jorge.... e tantos outros, incluído o mestre José Curt. Con unha lembranza moi especial para Pepe García Vizoso e José Angel Rodríguez, vítimas desa enfermidade terríbel que é o cancro, e que nos deixaron a pasada Primavera.

  Porque este ano 2013 está a ser verdadeiramente un auténtico "anus horribilis" para moitos e moitas de nós, como me tedes comentado en correos persoais. A nivel persoal as imaxes que me quedan na memoria son: hospital, disgustos, máis hospital, máis responsabilidade, problemas na comunidade de veciños, incertidume laboral propia e de amigos, perda para sempre de amigos, conflitos familiares, perda de vacacións... para qué seguir!  Sen embargo, o mes de Agosto tróuxome varias novidades que quizá acaben transformando este verán nun período inolvidable.

  Onte visitaba a Praia dos Botes e tiña ocasión de afotar un grupiño de Pilros tridáctilos (Calidris alba) que rebulían case entre as patas dos bañistas con total confianza.  Recoñezo que non son as miñas mellores fotos (onte non tiña a mente concentrada neles). Pero alomenos botamos un ratiño desfrutando con estas pequenas aves, que chamaban tamén a atención dos paseantes.
 

Pilros tridáctilos (Calidris alba)

     É ben sabido que a vida é unha caixa de sopresas. Un día estás lamentando unha perda, estresado sen durmir por un grave problema ou padecendo algunha lesión que te amarga durante días, e ao día seguinte pode aparecerche a ocasión de escreber un libro, tocarche a lotaría, atopar a persoa que che pode cambiar a vida ou plantar un carballo. Quizá este ano non acabe tan mal despois de todo e poda lembrarme del con alegría..

           Unha aperta moi grande e grazas por seguirme.

luns, 5 de agosto de 2013

Outro raposo dormilón!

  O domingo á mañá, xuntábamonos unha boa tropa na lagoa de Valdoviño: Pablo e Antonio Gutiérrez, David Calleja, Pablo Pita e máis eu, Motivos había de sobra. A maioría das limícolas do sábado seguían por aló: Calidris ferruginea, Calidris minuta, Limosa limosa,.. Ademáis observáronse novidades entre as anátidas, coma 2 Patos culleretes (Anas clypeata), 2 Patos rubios (Netta rufina) e 1 Pato castaño (Aythya nyroca). En principio podemos considerar estas citas coma de aves salvaxes, que aparecen no verán de cando en vez, fuxindo da seca que padecen arestora os humidais españois. Tamén seguía polo areal o famoso Corvo cincento (Corvus cornix). Neste caso non teño claro que non poida ser un ave de gaiola fuxida de terras portuguesas, onde é habitual ter aves destas. Onte esquecín comentalo.

   Sobre o piñeiral das dunas, apareceu unha parella de Miñatos abelleiros (Pernis apivorus), rapaz que se volveu bastante común nos últimos anos por aquí. Pasaron case por encima miña, pero eu andaba a outra cousa. E esa cousa non eran senon dúas probables Folosas acuáticas (Acrocephalus paludicola), que me pareceu ver entre a canaveira seca do noroeste, entre outros paseriformes habituais do lugar. Desde logo os reclamos que lles escoitei coincidían 100% cos do exemplar que observara e afotara o ano pasado no mesmo sitio. Queda moito verán para confirmalo mellor...

  Pero a estrela da xornada foi outro Raposo "acuático" (Vulpes vulpes) que campeaba polo intermareal uliscando cada centímetro de terreo, mentras os corvos o miraban con recelo. Inicialmente pensamos que se trataba de "Dormilón", pero logo, comparando as fotos na casa, descobrín que é outro exemplar distinto.


      Na seguinte foto podemos apreciar que o deseño facial, e a propia estrutura son diferentes ás do raposo que fotografíaba mentras durmía hai unhas semanas (o raposo "Dormilón"). Penso que se pode tratar dún dos exemplares xóvenes deste ano que veu Pablo coa nai hai uns días, ou dunha femia non reprodutora. O ano pasado andaba unha femia en Taraza (raposa), que parece ter unha morfoloxía distinta a este da foto de onte. Máis ben me inclino por un xoven. Desde logo que ten cara de cachorro. Comparade vós.



   ...Pero se non é Dormilón, non cabe dúbida que é un parente cercano. Porque en canto saíu  do areal e veu unha zona protexida entre as canas, zas! deitouse a botar a siesta!!


   Son certamente uns raposos moi especiais estes nosos da Frouxeira. E, coma outros mamíferos carnívoros, déixanse ver arreo durante o día cada vez con maior frecuencia. Lonxe quedan xa os tempos dos "alimañeros", tristes representantes da maneira que tiña o franquismo de entender a política medioambiental.

 Seguimos informando.