Seguidores e seguidoras

mércores, 4 de setembro de 2013

El Observador observado

    En estos días, la laguna de Valdoviño se ha convertido en un escaparate de primer orden para fotógrafos y observadores aficionados (y lo que queda aún por venir en Septiembre...)

 Alejandro, Juan y un servidor, con unos prismáticos talla XXL


 Ellos presumían de sus aparatos, mientras yo defendía que el tamaño no importa, pues la mía es más pequeña, pero creo que me ha dado siempre buen resultado. Hablo de la cámara, lógicamente.

   Xabi totalmente absorto. En ese momento mi mente estaba a 1100 km de allí.

Aquí si que estaba cuerpo a tierra y "dándolo todo"

  Y os preguntaréis...quién me estaba afotando a mí? Pues éste:


"Dormilón", nuestro zorro más famoso, se ha cansado de que le acribillemos a fotografías y se ha tomado la justicia por su mano ("Dormilón" otro). Apostado desde la orilla, nos estuvo vigilando todo el tiempo sin que nos enterásemos. El observado, por una vez, era el observador.

  Es broma. Estas fotos son cortesía de José Luis Lorenzo "Colón", un colega de Cangas y seguidor de este blogue. Antonio Gutiérrez me las mandó por correo. Gracias a los dos. La foto del zorro fotógrafo se la he robado del facebook a mi amigo Manu Arzúa.

 Hasta otra.

luns, 2 de setembro de 2013

"Bichos" en Facebook

    Nunca pensei abrir contas nas redes sociais, pero nestes momentos resúltame de interese. Así que me decidín por abrila (aínda estou na fase de aprendizaxe).
  Non sei moi ben qué enfoque darlle, pero imaxino que terá que ser distinto ao do blogue.
 Ben, só quería comentalo aquí, por se alguén de vós quere pasar de visita. Ademáis, polo visto algúns seguidores e seguidoras teñen máis doada e cómoda a visita ao blogue a través do Facebook. Así que xa incorporei un acceso directo para que podades vir a Bichos a traves do meu Facebook.
 Nada máis, un saúdo.

domingo, 1 de setembro de 2013

Delicatessen de Calidris pusilla

  Hai tempo, un fotógrafo de Natureza asegurábame en Galiciaves que "a mellor bridge é peor que a peor reflex". Ben, eu, que levo cinco minutos neste mundo e que non entendo de efecto barrilete, nin de distorsión nos bordes, etc... creo, humildemente, que esa afirmación vai cambiar de contado, se non o fixo xa.

   Agosto quedou atrás. Un mes que nos deixou un regusto moi doce nos beizos (nunca mellor dito), e agora comeza o mes top para o paso migratorio, que se aventura prometedor, a pouco que amaine este forte nordés. Un nordés que, coma consecuencia positiva, está a manter o baixo nivel da lagoa (debido ao vento constante e ao sol de mediodía, a intensa evaporación compensa o aporte fluvial). Así que podemos prever un par de semanas máis con intermareal.

 Antes, pasábame polos prados de Taraza, onde se notaba a entrada de paseriformes típicos destas datas: 5 Papuxas comúns (Sylvia communis), 8 Chascos norteños (Saxicola rubetra), Picafollas cantores (Philloscopus trochilus) e, probablemente, os primeiros Papamoscas negros (Ficedula hypoleuca), que non puiden confirmar.

Chasco norteño (Saxicola rubetra)

   O Chasco norteño é un paxariño realmente tímido, que non permite aproximación do observador. Menos mal que a miña pequena SX50 equivale a un incríbel tele de 1200 mm. A foto vale para ver, pero espero collela máis perto este Outono.  Os que si collín moi cerca, un pouco despois, foron estas limícolas na lagoa da Frouxeira:


Píllara real (Charadrius hiaticula)

  Animado pola xornada de onte ou, quén sabe, se inspirado por alguén especial, decidínme a buscar fotos coa máxima calidade posible. E para iso compría achegarse moito ao obxecto, tal como fan a maioría dos colegas fotógrafos. Eu imaxinaba que daquela a calidade final da imaxe había ser moi boa, pero ao chegar a casa e ver as fotos no computador, sinceramente, quedei coa boca aberta do que esta compacta de 500 euros é capaz de ofrecer.
 Xulgade vós mesmos.




 Pilro semipalmado (Calidris pusilla)

   E que conste que para un fotógrafo novicio coma son eu, un ave con tanto branco nun día de sol non resulta cousa fácil, pero con lixeiros retoques dixitais quedou (penso) moi ben. Porque non hai como estar cerca.  E hoxe estaba a menos de tres metros. Pablo Gutiérrez, que chegou despois, veu a rastras ata a miña posición para desfrutar un pouco. Ademáis ocorréuselle tirar unhas fotos para que se vise o perto que estábamos.


 Soldado na trincheira. En frente, os americanos.



Pilro semipalmado (Calidris pusilla)
 
 Con este auténtico luxo de fotos, déixovos ata a próxima.

 Unha aperta.

PD: En qué me estou a transformar, miña nai? fotos de raridades todos os días! (Nunca tal pensei; o que fai unha lesión de xeonllo e estar namorado...)