Seguidores e seguidoras

miércoles, 9 de junio de 2021

Martaranha (Martes martes), começa a tempada de carnívoros

  A partires de Maio começa a melhor época do ano para ver deloncinhas (Mustela nivalis) ou arminhos (Mustela erminea) activos polo dia. Com tal obxectivo estou a visitar os campos de Moeche, hoje na companha de José Ramón Castro. Sem embargo era outro mustélido o que saía ao nosso passo quando apenas eram as 7,10 h desta nuvosa manhá.

Martaranha (Martes martes) a caminhar pola pista adiante

  Nestas alturas do ano as fémias entran em celo e os machos tornam-se moi activos na sua busca, sendo daquela relativamente doados de observar na comarca de Ferrol-Ortegal


  Isso si, para vê-las cómpre madrugar. E a essas horas a luz adoita ser escasa ou quasse nula, especialmente se o dia amence cos ceos toldados, coma hoje. O qual supom um severo problema à hora de as fotografar com umha cámara bridge, aínda que as de sensor grande (umha polgada) vam moito melhor para estes casos, por serem moitíssimo mais luminosas, como bem puido comprobar José Ramón (que foi incapaz de fotografá-la coa Nikon P900). Eu alomenos puidem recolher imagens testemunhais bastante decentes coa Sony RX10, mas mirade com qué valores de ISO!

Martaranha (Martes martes)
Sony RX10 III focal 600 mm   ISO:5000   V:1/200   F:4

 Nestes casos é moi importante tamém dispór de formato RAW, pois a ediçom digital resulta imprescindível (as fotos originais eram moito mais escuras e borrosas ca estas que publico)


Martaranha (Martes martes)
Sony RX10 III focal 600 mm  ISO:10.000  V:1/250   F:4

  Este exemplar andava a ulir as beiras do caminho. Provábelmente fosse um macho à procura de rastros dumha fémia.


Martarnha (Martes martes) uliscando rastros 

  Sendo eminentemente umha espécie florestal, semelha que a martaranha penetra em vales agrícolas usando o bosque galeria de ríos coma o Xuvia. Na seguinte imagem podedes ver em círculo vermelho o local da observaçom de hoje. Em círculo azul o ponto aproximado onde atopei o excremento este domingo passado. Junto a éste aprecia-se bem o decorrer do río Xuvia e o bosque ripícola associado ao longo do seu percorrido

Pontos das duas observaçôes desta semana

Mapa da zona

   Bem, as fotos nom som todo o boas que úm quixera, mas tendo em conta as condiçons estou mais que contento. O mais importante é a obtençom de n ovas citas da espécie. Diferentes trabalhos publicados (C. Damián Romay e outros para revistas Chioglossa e Mobella do G.N. Hábitat ou Marcos Mallo Leira & Carmen Díez para Galemys "Nuevos datos sobre distribución de marta Martes martes en Ourense, Galicia. El fototrampeo como herramienta de muestreo de la especie" (2021) e tamém com. pessoal) apontan um aumento evidente na área de distribuiçom da martaranha no nosso país. Desde logo a minha experiência pessoal nas últimas décadas coincide co indicado nesses trabalhos. De feito, ademais da clara expansom da sp na comarca ferrolá venho detectando umha maior facilidade para a sua observaçom, igual ca no casso da lontra (Lutra lutra), outro mustélido que incrementóu moito as suas povoaçons.

Martaranha (Martes martes) olhando cara nós com curiosidade
Sony RX10 III focal 277 mm  ISO:10.000   V:1/250   F:4

Hábitat onde foi observada

  Outra manhá fantástica em terras de Moeche. Porque, estando tam degradada a nossa bisbarra (daí o alcume de "Mordor"), aínda ficam lugares bem fermosos onde poder desfrutar da observaçom da Natureza. 

5 comentarios:

  1. Es la primera vez que veía una Marta en directo y eso que la confundí a lo lejos con un zorro,cuando salí del coche y al mirar con los prismáticos te dije una Marta ,es una Marta.
    Ojalá tengamos más encuentros de mustelidos en tús salidas, gracias, gracias

    ResponderEliminar
  2. Boas,
    Pois si, a marta parece que está a sufrir un proceso de expansión cara o oeste debido á maior forestalización do territorio, pero costa moito máis sacalo nestas novas zonas. Por exemplo, en Guitiriz, o esforzo en cámaras foi moito máis intenso para citar a especie que noutras zonas que non fora citada por falta de prospección e que están ó lesta da liña norte-sur da cidade de Lugo, como é o caso de Baralla, que de 5 cámaras sairon en 4 (tempo estándar de unha semana). Parece que nestas zonas de nova colonización a densidade é menor pero, por desgraza, non hai datos para confirmalo, só é unha impresión.
    A ver que vai saíndo do traballo de fototrampeo que estamos a facer, pero xa saen cousas interesantes.
    Non estaría nada mal poñer unhas cámaras de fototrampeo ou estar atento no estremo oeste de Ferrol (NJ51 e NJ52), cuadrículas nas que nunca foi citada a especie.
    Apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Desde logo as especies florestais non moi selectivas saíron claramente favorecidas polos cambios brutais de paisaxe (só hai que ve aquelas fotos antigas que publiquei nalgunha entrada fotográfica). De todas formas a proibición da sua caza tivo que ter moito que ver tamén na sua expansión (ou recuperación?), porque anda que non se cazaban antes estes bichos...Xa contei a anécdota vivida nunha palloza de Ancares, onde un vello que me ensinaba as trampas dixera que unha pel de martaraña cotizaba máis ca un becerro!
      En NJ51 e NJ52 xa che dixen que estarei atento. De todas formas é posíbel que non cheguen. Aínda que neses moentes dispoñen de hábitat axeitado, antes teñen que atravesar o val entre Ferrol cidade e Valdoviño, fortemente industrializado e urbanizado (e con varias estradas que son campos de exterminio animal). Pero xa cruzaron a N-VI cara Fene, así que todo é posíbel...

      Eliminar
  3. Boas Xabi

    aquí no Ortegal é frecuente,soen verse de vez en cando,saen con frecuencia en cámaras de fototrampeo e "bastantes" atropelos.Non sei se terá que ver a súa frecuencia coa case total desaparición das ardillas,antes moi frecuentes na Capelada e hoxe prácticamente desaparecida.

    saúdos

    Ricardo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, por aqui o esquio tamén diminúi fortemente desde aquel boom en que se vian a todas horas (nos anos 90 e primeiros de 00). É probábel que o incremento da martaraña teña que ver, desde logo, pero non esquezamos o azor, outro cazador forestal común na nosa comarca toda.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos