A partires de Maio começa a melhor época do ano para ver deloncinhas (Mustela nivalis) ou arminhos (Mustela erminea) activos polo dia. Com tal obxectivo estou a visitar os campos de Moeche, hoje na companha de José Ramón Castro. Sem embargo era outro mustélido o que saía ao nosso passo quando apenas eram as 7,10 h desta nuvosa manhá.
Martaranha (Martes martes) a caminhar pola pista adiante
Nestas alturas do ano as fémias entran em celo e os machos tornam-se moi activos na sua busca, sendo daquela relativamente doados de observar na comarca de Ferrol-Ortegal
Martaranha (Martes martes)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:5000 V:1/200 F:4
Martaranha (Martes martes)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:10.000 V:1/250 F:4
Este exemplar andava a ulir as beiras do caminho. Provábelmente fosse um macho à procura de rastros dumha fémia.
Martarnha (Martes martes) uliscando rastros
Sendo eminentemente umha espécie florestal, semelha que a martaranha penetra em vales agrícolas usando o bosque galeria de ríos coma o Xuvia. Na seguinte imagem podedes ver em círculo vermelho o local da observaçom de hoje. Em círculo azul o ponto aproximado onde atopei o excremento este domingo passado. Junto a éste aprecia-se bem o decorrer do río Xuvia e o bosque ripícola associado ao longo do seu percorrido
Pontos das duas observaçôes desta semana
Mapa da zona
Bem, as fotos nom som todo o boas que úm quixera, mas tendo em conta as condiçons estou mais que contento. O mais importante é a obtençom de n ovas citas da espécie. Diferentes trabalhos publicados (C. Damián Romay e outros para revistas Chioglossa e Mobella do G.N. Hábitat ou Marcos Mallo Leira & Carmen Díez para Galemys "Nuevos datos sobre distribución de marta Martes martes en Ourense, Galicia. El fototrampeo como herramienta de muestreo de la especie" (2021) e tamém com. pessoal) apontan um aumento evidente na área de distribuiçom da martaranha no nosso país. Desde logo a minha experiência pessoal nas últimas décadas coincide co indicado nesses trabalhos. De feito, ademais da clara expansom da sp na comarca ferrolá venho detectando umha maior facilidade para a sua observaçom, igual ca no casso da lontra (Lutra lutra), outro mustélido que incrementóu moito as suas povoaçons.
Martaranha (Martes martes) olhando cara nós com curiosidade
Sony RX10 III focal 277 mm ISO:10.000 V:1/250 F:4
Hábitat onde foi observada
Outra manhá fantástica em terras de Moeche. Porque, estando tam degradada a nossa bisbarra (daí o alcume de "Mordor"), aínda ficam lugares bem fermosos onde poder desfrutar da observaçom da Natureza.
Es la primera vez que veía una Marta en directo y eso que la confundí a lo lejos con un zorro,cuando salí del coche y al mirar con los prismáticos te dije una Marta ,es una Marta.
ResponderEliminarOjalá tengamos más encuentros de mustelidos en tús salidas, gracias, gracias
Boas,
ResponderEliminarPois si, a marta parece que está a sufrir un proceso de expansión cara o oeste debido á maior forestalización do territorio, pero costa moito máis sacalo nestas novas zonas. Por exemplo, en Guitiriz, o esforzo en cámaras foi moito máis intenso para citar a especie que noutras zonas que non fora citada por falta de prospección e que están ó lesta da liña norte-sur da cidade de Lugo, como é o caso de Baralla, que de 5 cámaras sairon en 4 (tempo estándar de unha semana). Parece que nestas zonas de nova colonización a densidade é menor pero, por desgraza, non hai datos para confirmalo, só é unha impresión.
A ver que vai saíndo do traballo de fototrampeo que estamos a facer, pero xa saen cousas interesantes.
Non estaría nada mal poñer unhas cámaras de fototrampeo ou estar atento no estremo oeste de Ferrol (NJ51 e NJ52), cuadrículas nas que nunca foi citada a especie.
Apertas,
Martiño
Desde logo as especies florestais non moi selectivas saíron claramente favorecidas polos cambios brutais de paisaxe (só hai que ve aquelas fotos antigas que publiquei nalgunha entrada fotográfica). De todas formas a proibición da sua caza tivo que ter moito que ver tamén na sua expansión (ou recuperación?), porque anda que non se cazaban antes estes bichos...Xa contei a anécdota vivida nunha palloza de Ancares, onde un vello que me ensinaba as trampas dixera que unha pel de martaraña cotizaba máis ca un becerro!
EliminarEn NJ51 e NJ52 xa che dixen que estarei atento. De todas formas é posíbel que non cheguen. Aínda que neses moentes dispoñen de hábitat axeitado, antes teñen que atravesar o val entre Ferrol cidade e Valdoviño, fortemente industrializado e urbanizado (e con varias estradas que son campos de exterminio animal). Pero xa cruzaron a N-VI cara Fene, así que todo é posíbel...
Boas Xabi
ResponderEliminaraquí no Ortegal é frecuente,soen verse de vez en cando,saen con frecuencia en cámaras de fototrampeo e "bastantes" atropelos.Non sei se terá que ver a súa frecuencia coa case total desaparición das ardillas,antes moi frecuentes na Capelada e hoxe prácticamente desaparecida.
saúdos
Ricardo
Si, por aqui o esquio tamén diminúi fortemente desde aquel boom en que se vian a todas horas (nos anos 90 e primeiros de 00). É probábel que o incremento da martaraña teña que ver, desde logo, pero non esquezamos o azor, outro cazador forestal común na nosa comarca toda.
Eliminar