Na primavera de 2020 tiña pensado facer un seguemento ao merlo rieiro (Cinclus cinclus) nun tramo do río Xuvia que visito con frecuencia. Pasou o que pasou e non puido ser mas agardo poder facelo este ano 2022. Así pois nesta fin de semana realizaba a primeira mostraxe específica no tramo do río ao seu paso por Narón, na fronteira con Neda.
Val do Xuvia no seu tramo final
Río Xuvia nunha zona remansada
Na chuviosa xornada do sábado só detectei un exemplar de merlo rieiro, o cual xeroume certa inquedanza. Porén, a mañá de hoxe foi moito máis produtiva ao localizar as dúas parellas que teño contraladas nun sector de 2 Km de río. Houbo un terceiro territorio no medio do tramo (Eloi Saavedra, comunicación persoal) mas debeu deixar de anidar alí.
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Panasonic G7 + 100-300 mm ISO:1000 V:1/125 F:5,6
Fotografar esta especie non é doado. Por riba da sua timidez, habita lugares especialmente sombrizos cunhas condicións de luz pouco aptas para un sensor bridge. Ademáis non podemos usar velocidades de obturación altos ou directamente se nos vai de rango. Por motivos coma éste decidín mercar a Panasonic micro 4/3" o ano pasado. Lóxicamente vai moito mellor con ISO´s tan altos.
Pansonic G7 + 100-300 mm ISO:800 V:1/125 F:5,6
Ademáis comprobei que as prendas de camuflaxe que comprei resultan sumamente efectivas con esta especie (con outras non tanto).
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Merlo rieiro en hábitat típico
Tiven tempo a probar o zoom dixital 2X da Pana G7, que multiplica a focal de 600 mm até uns 1200 mm equivalentes. En calquer caso é mellor sempre disparar con zoom óptico e retocar depois na casa. Lembrade que o zoom dixital impede o uso do formato RAW.
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Panasonic G7 + 100-300 (200-600 mm) e 2X ISO:1600 V:1/250 F:5,6
O merlo rieiro nada e mergulla coma unha auténtica ave acuática, aínda que forme parte da orde dos paseriformes, ou "paxaros" propiamente ditos.
Merlo rieiro, disparo con zoom dixital 2X
Nestes momentos deben estar a comezar a postura dos ovos ou xa chocando. En febreiro ou primeiros de marzo pode verse carrexando musgo para o niño, en abril é doado velos portando bicada para os polos e por maio teño visto xa voantóns.
Un exemplar estiraba as patas e as ás, anuncio do seu inminente
despegue.
Preparando o tren de aterraxe
Comprobando motores
A despegar
Como dixen, disparar nestas condicións de luz implican subir o ISO até níveis esaxerados, sobretodo se empregas velocidades altas. Grazas ao sensor 4/3" da mirrorless o resultado é moi correcto.
Merlo rieiro (Cinclus cinclus) en vóo
Panasonic G7 + 100-300 mm ISO: 3200 V:1/640 F:5,6
Houbo un momento en que se xuntaron os dous membros da parella Nº1. Deume tempo a fotografalos xuntos.
Parella Nº1
A parella Nº3 estaba máis lonxe mas puiden pillala tamén.
Parella Nº3
Panasonic G7 + 100-300 mm ISO:640 V:1/125 F:5,6
Merlo rieiro no seu hábitat
Termino a serie cun disparo feito a menos de 5 m do merlo. É unha magoa non dispoñer de luz para tirar cun ISO máis axeitado (a G7 vai ben pero non é precisamente unha full frame). Aínda así o resultado penso que está moi ben dadas as circunstancias.
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Panasonic G7 + 100-300 mm ISO:1600 V:1/200 F:5.6
O merlo rieiro comparte hábitat coa lavandeira real. No mesmo tramo das mostraxes hai tamén varias parellas de lavandeiras.
Lavandeira real (Motacilla cinerea)
A real é a única lavandeira que adoita pousarse en árbores, mesmo en zonas de bosque denso (a marela pode facelo tamén, pero sempre en árbores cativas illadas ou mato arbustivo).
Lavadeira real (Motacilla cinerea)
Pana G7 ISO:800 V:1/320 F:5,6
Termino con varias flores típicas desta época.
Cáncaro (Primula acaulis)
Agrón de prado (Cardamine pratensis)
Zona das observacións
Vémonos na próxima entrada!
Excelente reportaje, Xabi: enhorabuena. Si no han perdido los nidos con las últimas lluvias (esa pareja junta me huele a que algo puede haber ido mal), pronto tendrás pollitos a tiro. Y muchas gracias por lo de los comentarios sobre Miño.
ResponderEliminarGraciñas, mestre. Estaremos atentos con estas dúas parellas de merlo.
EliminarPD: O fio en galiciaves é magnífico e moi didáctico. É o que ocorre cando se xunta xente que sabe tanto coma ti, Fernando, Miguel, Sergio, etc....
Gracias de nuevo, tío, pero yo desde luego he aprendido muchas cosas de ti, y sobre las que ya sé, me encanta leer tus entradas y que me tengas al tanto con noticias frescas. Un abrazo.
ResponderEliminarPois moitas grazas, de verdade Jose. Para min é unha honra terte de lector (e revisor) habitual.
EliminarUn abrazo.
Grandísimo traballo, unha vez máis. E, como sinala o título, ben fotografado, aínda que eu diría, tendo en conta as circunstancias do hábitat do rieiro, moi, moi ben fotografado. Unha aperta.
ResponderEliminarObrigado, Álvaro. Teño bos mestres e algo vou aprendendo, hehe..
EliminarUn abrazo.
Preciosas fotos as do merlo e da lavandeira. Parece que a primavera xa se deixa notar...
ResponderEliminarApertas,
Inés González
Deixa si. Nas próximas semanas comeza o bon!!
Eliminar