Seguidores e seguidoras

sábado, 22 de xuño de 2024

22/06/2024 Galo de auga, libeliñas e máis cousas en Castro de Ribeiras de Lea

 É habitual desfrutar máis "bicheando" en pequenos humidais que naqueles meirandes pero tamén máis inaccesíbeis. Foi o que pasou onte nunha grande poza artificial que hai no polígono industrial de Castro de Ribeiras de Lea (Catro de Rei), Lugo.


Poza no Polígono Industrial
Foto: Samsun A52 (modo "full")

  Realicei unha mostraxe perimetral até onde podía, observando primeiro unha galiña de auga común (Gallinula chloropus) adulta. Pouco depois ollaba un mergullete común (Tachybaptus ruficollis) adulto con tres polos.

Pito de mergullete común (Tachybaptus ruficollis)

 Por ebird coñecía que o galo de auga común (Fulica atra) estaba a se reproducir neste pequeno humidal. Primeiro apareceron dous xuvenís do ano, que xa me alegraron a mañá.

Galo de auga común (Fulica atra) xuveníl do ano

  Parecía que non había máis Fulica nesta parte da poza así que comecei a fotografar libeliñas pola ribeira. De súpeto, dous galos de auga saíron moi perto de min, emitindo o seu reclamo de alarma, un típico "Tak - tak - tak-..."

                           Galo de auga común (Fulica atra) emitindo voz de alarma

     Entón descubrín catro pitiños moi novos obedecendo as ordes dos seus proxenitores para non moverse moito. Con bastante probabilidade eran a segunda rolada que sacaba adiante esta parella.

                                      Galo de auga común (Fulica atra) poliños

   Atopar polos de rálido é algo cada vez máis raro no noso territorio e de boa gana quedaría alí un bon pedazo para observalos mais abandonei o lugar en canto fixen as correspondentes fotos testemuñais. Cos pais lonxe estes polos tan pequenos eran extremadamente vulnerábeis a calquer eventual depredador e non quixen poñelos en perigo.

Galo de auga común (Fulica atra) pito de curta idade

      Coa sensación do "deber cumprido" seguín coa sesión fotográfica a odonatos e outros invertebrados. Ademáis das libélulas maculadas (Libellula quadrimaculata) e emperadores grandes (Anax imperator) observei moitas máis libeliñas das que imaxinaba, logo dunha semana con tempo chuvioso e fresco.

Donceliña de Graells  (Ischnura graellsii)

Donceliña grácil (Coenagrion scitulum)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:400   V:1/320    F:6,3

Donceliña fina (Ceriagrion tenellum)

Gaiteiriño dríade (Lestes dryas)

Gaiteiriño forestal (Chalcolestes viridis) femia


Lavacú escarlata (Crocothemis erythraea)

    Na contorna da poza había varios ascaláfidos, chamativos insectos emparentados coa formiga león. Á espera do que digan os revisores de Observado, ímoslle asignar a especie Libelloides longicornis.

Ascaláfido (Libelloides longicornis). Fam: Ascalaphidae

Ascaláfido (Libelloides longicornis). Fam: Ascalaphidae

Terminamos con outra araña carangexo, esas que viven nas flores esperando que pase algun sírfido ou abella incauta para capturala coas súas potentes patas dianteiras. Por certo, Emilio, ou mirei mal ou non a atopei no teu artigo de A Mobella.

Thomisus onustus. Fam: Thomisidae
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  + Aneis MEKE 26 mm   ISO:200    V:1/800   F:6,3

  Unha xornada ben aproveitada, desde logo. Outra mañá terapéutica grazas á nai Natureza.

7 comentarios:

  1. Boas! Fermoso post. Os artigos de Emilio n'A Mobella está aquí: https://drive.google.com/open?id=1kCGyIazwcozMfjLTd0uszmbrYDX5-3Db
    Apertas! Damián

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Opa. Se ese artigo téñoo, Damián (foi unha das Mobellas que me regalaras). Sen embargo non atopei esa sp en concreto. Igual se me pasou.

      Eliminar
  2. Estupenda entrada, Xabi, de una charca aparentemente sana, para variar, porque la eutrofización es el estado "natural" de nuestros humedales desde hace años, y ésta, al menos de momento, no lo parece.
    Como citas una pareja de focha, y veo un juvenil ya muy desarrollado (por el tamaño y color del escudete, estimo en torno a 70-80 días, por lo que habría nacido hacia primeros de abril), y con seguridad totalmente independiente desde hace mucho, los pollos pequeños (de menos de una semana con toda probabilidad) podrían corresponder a una segunda cría de esta pareja. ¿Pudiste establecer si esta pareja era la única presente, o te quedan dudas de que pudiera haber otra?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Olá, Jose.

      Xa modifiquei o texto porque esquecera comentar iso precisamente. Con bastante probabilidade sería segunda rolada da única parella que semella haber alí, aínda que os datos disponíbeis son contraditorios.
      En ebird aparecen listas de Lois Santos, Antón Santos e David Calleja. Polo visto o pasado 28 de abril observárase unha parella de galos de auga "con tres polluelos" (lit.). Depois, o 11 de maio Lois Santos e Antón Santos observan un total de 7 exemplares. "Una pareja con tres pollos y un adulto con un polllo". Quizá nesta visita duplicaron algún exemplar. O visto por min onte coincide máis coa lista na que participaba David Calleja (con todos os respeitos, os outros observadores citados parece que non teñen demasiada experiencia). Pero bueno, parte da charca está inaccesible e igual hai efectivamente unha segunda parella reprodutora. Pero en principio penso que estaríamos a falar dunha segunda nidada da única parella detectada por min, alomenos.
      Un abrazo.
      PD: Cómo mola ver pitos de galo de auga, mecagoenlamar!!!

      Eliminar
  3. Según esa cita de Lois y Antón Santos, si no tuvieran duda (o indicaran la edad de los pollos, al menos según el mínimo de "pequeños-medios-grandes"), indicaría claramente que se trataba de 2 parejas. Ya veremos de aquí al final de la cría, a ver si alguien arroja luz. Por lo demás, Xabi, es que ver ahora pollos de galo de auga en Galicia es como ver pollos de malvasía en Andalucía hace décadas... Y eso que siempre se la tomó como una especie común, incluso "despreciable" para algunos que ni llegaban a notar su número, como puede verse en un montón de citas en eBird.

    ResponderEliminar
  4. Bonito post y estupendas las fotografías de esa familia de hormiga León y los odonatos.Un saludo José Ramón Castro Gómez.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, José Ramón. Pero ollo, non é da familia das formigas león. Os ascaláfidos son outra familia diferente, emparentada coas primeiras.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos