Seguidores e seguidoras

xoves, 13 de xuño de 2024

13/06/2024 De excursión pola Terra Chá (1ª parte)

 Onte despraceime até a comarca luguesa da Terra Chá acompañado por José Ramón Castro. Comezamos a visita na Lagoa de Cospeito.

Panorámica da lagoa desde o observatorio de torre nº 5
Foto sacada co móbil Samsung A52

   A lagoa dispón agora de amplas masas de helófitos como Typha ou Schoenoplectus. O seu aspecto é bastante atractivo para as acuáticas, mais segue tan baleira de vida coma sempre. Nin sombra do que era hai tan só 20 ou 30 anos.

Masas de vexetación palustre

     Só atopamos estas acuáticas (desde os observatorios 1 e 5). En negriña os novos nomes máis novedosos, que teremos que aprender todos.
  • 42+ Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
  • 3 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis)
  • 1 Zurrasca eurasiática (Rallus aquaticus) escoitada brevemente
  • 2 Galiñas de auga comúns (Gallinula chloropus)
  • 3 Garzas brancas grandes (Ardea alba). Exemplares inmaturos
  • 3 Garzas reais (Ardea cinerea)

Garzas brancas grandes (Ardea alba)

Garza branca grande (Ardea alba)

Grupiño de lavancos reais (Anas platyrhynchos)

  Fóra do que son acuáticas gostei de ver outra vez falcóns pequenos (Falco subbteo). Tres exemplares apareceron voando sobre a lagoa e puiden tomar unha imaxe testemuñal. E escoitamos o canto aflautado do ouriolo europeu (Oriolus oriolus), unha especie case desaparecida na zona de Ferrol.

Falcón pequeno (Falco subbuteo)

  Despois adicamos a mañá e mediodía a facer camiñadas polos campos da Espiñeira. Uns campos que na súa maioría están agora destinados a herba para forraxe e son sumamente pobres en biodiversidade:

Pradaría de raigrás para forraxe
 
   Apenas quedan unhas cantas fincas de pradeira "normal", con flores e demáis. 


  Moitas das observación ornitolóxicas máis interesantes danse nas proximidades das granxas, onde teñen abondoso alimento: restos do pienso, insectos nas bostas das vacas, etc.

Granxa de vacún para leite na Espiñeira

  Nos transectos (subidos todos a ebird preme) tivemos algunhas observacións ben interesantes entre outras máis comúns:
  • 2 Paspallás migradores (Coturnix coturnix) escoitados
  • 1 Perdiz rubia (Alectoris rufa) levantada
  • 1 Cuco cincento (Cuculus canorus)
  • 8 Rulas bravas (Streptopelia turtur) na granxa
  • Case 100 cegoñas brancas (Ciconia ciconia) que se foron xuntando nun terreo que estaba sendo roturado
  • 1 Falcón pequeno (Falco subbuteo)
  • 3 Voitres eurasiáticos (Gyps fulvus) ciclando moi alto sobre a zona. Hai anos que estas enormes rapinas deixaron de ser noticia nas comarcas do norte galego
  • 1 Bubela eurasiática (Upupa epops) tamén na granxa
  • 5 Picanzos vermellos (Lanius collurio). 4 MM + 1 F. Obsérvase cerimonia de cortexo
  • Unha grande concentración de 30-50 tordos visgueiros (Turdus viscivorus) no terreo que estaba a traballar un tractor. Os poucos exemplares que puidemos fotografar eran todos xuvenís do ano
  • 2 Papuxas comúns (Curruca communis). Machos cantores

Voitres eurasiáticos (Gyps fulvus)

Voitre eurasiático (Gyps fulvus)

Buxatos comúns (Buteo buteo)

Falcón pequeno (Falco subbuteo). Toma moi recurtada

Cegoñas brancas (Ciconia ciconia) seguindo tractor

Rulas bravas (Streptopelia turtur)

Bubela eurasiática (Upupa epops)

Cirrio eurasiático (Apus apus)

Picanzo vermello (Lanius collurio)

Picanzo vermello (Lanius collurio). Cerimonia de cortexo

Chasco europeo (Saxicola rubicola), polo voantón

Tordo visgueiro (Turdus viscivorus), xuvenil do ano

    Vémonos no segundo capítulo desta excursión terapéutica.

5 comentarios:

  1. Y como lo disfrutamos aunque el tiempo no acompaño mucho , por el viento. José Ramón Castro Gómez.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, sobre Cospeito decir que "el que tuvo, retuvo". Ya nos gustaría tener alguna campiña por aquí cerca con la mitad de lo que habéis visto. Sobre la laguna, se me ocurre que, dado el poco tiempo transcurrido desde la modificación del vaso lagunar, aún se haya mantenido la turbidez en niveles altos, lo que podría haber perjudicado a los hidrófitos. También habría que estar allí a menudo para saber realmente qué es lo que hay ahora, y recordar que, por la fase de cría a estas alturas del año, las acuáticas pueden estar poco demostrativas. Y también que este año, con tanta lluvia, quizá sea un mal año. Quién sabe. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Opa, Jose.
      Xa non é o que vimos nós nesta visita en concreto. As listaxes que subiron moitos observadores a ebird nos últimos anos non deixan lugar a dúbidas. Quitando momentos pontuais do paso (como esta pasada primavera) Cospeito é unha lagoa morta. Especialmente se pensamos en acuáticas nidificantes. Que ollo, seguro que facendo esperas repetidas podería aparecer algunha cousa tipo Ixobrytchus minutus ou Ardea purpurea, pero coa presenza permanente do xabalí véxoo pouco probable.
      Algo que por desgraza acontece na maioría de humidais galegos que tiveron "fama" hai unhas décadas, coma ben sabes. Eu canseime de consultar as listas do Esteiro do Miño, do Ulla, de Doniños, e outros humidais destacados buscando algo de "chicha". pero sempre atopo o mesmo: Anas platyrhynchos, algún rálido solto (con sorte), e o resto un montón de paxaros terrestres. Claro, logo abres listas de humidais andaluces, cataláns ou castelán-leoneses en época de cría, e flipas.
      Un abrazo

      Eliminar
  3. Bueno, respecto a la comparación de los humedales gallegos con los del centro, este y sur de España, solo cabe una conclusión: siempre, o al menos desde que perdimos el los humedales de A Limia y, en mucha menor medida, A Terra Chá y otras pequeñas zonas, han jugado en otra liga, en buena parte por la diferencia en superficie. Y ojo, que allí también hay jabalíes, incluso más que aquí en según qué sitios, y provocando severos daños, como sabemos. Habría que ver cómo se ha mantenido la integridad funcional de los hábitats en humedales supervivientes aquí y allá, que me da la impresión que allá también nos ganan por goleada. Es que nuestros humedales, aparte de diminutos, están hechos una mierda (por unas u otras razones), con excepciones muy excepcionales...
    Sobre las listas de eBird, vale que son un recurso importante, pero ojo: sobre lo que yo veo en lugares que conozco bien, la mayoría de las listas que vengo leyendo desde hace meses son notablemente defectuosas si las comparo con las equivalentes mías; no se trata de la riqueza de especies, sino de la abundancia, y sospecho que se trata de que mis visitas son mucho más largas, más completas en cuanto a áreas u orillas cubiertas, y con largas esperas en cada estación de censo, llevando a cabo censos repetidos en todos los puntos. Una visita más o menos breve, y normalmente parcial en términos de cobertura espacial, da lo que da: una notable subestimación de los efectivos de las aves acuáticas de presencia regular, y a menudo una grave subestimación de especies menos obvias, de hábitos escondedizos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mestre Souza, calquer comparativa entre a lista dun "paxareiro" moderno coa que ti sacarías nese mesmo sitio resultará ridícula obrigatoriamente porque o nivel é incomparable (ademáis moitos destes novos "birders" adícanse a outra cousa moi diferente da ornitoloxía como é o simple coleccionismo).
      No caso de Cospeito eu prefiro comparar as observacións que obteño na actualidade coas que tiña, en igualdade de condicións, hai 20-30 anos atrás. Considerando un tempo de observación semellante e demáis. E non hai color.
      Termino. Sabes o que penso do xabalí e xa falamos do tema, pero na Terra Chá teñen a maiores un problema gordo co visón americán. Na visita ás pozas onde as libélulas atopei rastros evidentes de visón e plumas de merlo predado na mesma marxe da poza onde escoitei Tachybaptus e Rallus. Dexésolles moita sorte a ambos.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos