Seguidores e seguidoras

xoves, 18 de xullo de 2024

18/07/2024 A fotografía de aves e o momento

  Esta mañá voltaba polo encoro das Forcadas, Valdoviño. Deixaba o telescopio na casa porque a miña intención era simplesmente tentar fotografar algún dos ardeidos migrantes observados o outro día (garza vermella e garza noiteira). Sen embargo o ornitólogo que hai en min "obrigoume" antes a repasar o censo de mergulletes. Primeiro paraba nas Cortiñas e logo na cola final de Vilaboa, onde xa non podes ver nada entre tanto salgueiro e tanto pastor eléctrico.

Pastores eléctricos na ribeira do encoro

 Unha mágoa, porque era ún dos meus sitios favoritos (moi bon tamén para anfibios e odonatos). 

Salgueiros impedindo a visión

   Mentres facía a revisión de mergulletes en Vilaboa observaba unha águia pescadora (Pandion haliaetus) precisamente no lugar onde tiña pensado buscar as garzas.

Águia pescadora (Pandion haliaetus). Distancia: 220 m
OM-1 + Zuiko 100-400 mm    ISO:3200    V:1/400    F:6,3

    Saín case correndo até aló. Non me levaría máis de catro ou cinco minutos, mas cando cheguei ao sitio a águia xa marchara.

Pousadoiro da águia

  Deume moita raiba, porque hoxe tiña pensado xustamente visitar ese sitio ao principio. Ía con algo de camuflaxe e achegaríame con sumo coidado por se topaba a garza noiteira, así que seguramente collería a águia no seu pousadoiro se fose alí antes, coma tiña pensado. E había facer unhas fotos moi boas, probablemente.

Observatorio de Vilaboa onde estaba a pescadora

  A parte positiva é que detectaba outra parella de mergulletes (con alomenos un polo), o cual deixaría o censo provisional en 11 territorios.

Mergullete común (Tachybaptus ruficollis)

Mergullete común (Tachybaptus ruficollis) con P. clarkii para polo

Mergullete común (Tachybaptus ruficollis), polo "novo"
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:3200   V:1/320   F:6,3

 Por distraerme con ese polo perdía unha fotaza dun adulto que estaba moi perto da miña posición. Cando o vin xa non me deu tempo máis que a fotografar cómo mergullaba.  E non quedou mala foto.

Mergullete mergullando

 Outras rapinas foron máis agradecidas que a pescadora. O miñato negro deixou de ser noticia hai anos polo extremo norte galego. Con total certeza é xa reprodutor en Forcadas.

Miñato negro (Milvus migrans)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:800    V:1/400     F:6,3

   O buxato común foi de sempre a rapina máis común non só en Ferrolterra, senón en todo o país.

Buxato común (Buteo buteo)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:400    V:1/160     F:6,3
 
 Ser naturalista e fotógrafo resulta moi bonito, pero ao final esa duplicidade de tarefas conleva que non fagas ben nin unha cousa nin a outra, porque ambas disciplinas conlevan adicación exclusiva, se queremos resultados óptimos. Se hoxe fose directamente a onde quería ir de inicio con bastante certeza había sacar unhas fotos preciosas da pescadora.  Os censadores somos incorrexíbeis.  

3 comentarios:

  1. ¡Hala, hala, no te quejes, que eres un "máquina"! De momento ya me vas ganando por 1 territorio de mergullete sobre los que censé hace unos días en Rexedoiro (Sabón, para los viejos), pero como no asumí territorio para algún adulto suelto y no demostrativo, pero en hábitat perfecto para la cría, seguramente te empataré en próximas fechas. Os censadores somos incorrexíbeis...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. SABÓN, para vellos e xoves. Quédanche 10 parellas alí? Cómo me alegro! Pensei que a cousa estaba pior.
      PD: "Máquina" sodes ti, Suso Dominguez, Pedro Galán, Guitián e compañía (ou Martiño e Damián, nas novas xeracións). Eu son unha maquiniña de afeitar ao voso lado.

      Eliminar
  2. Xabi, no te minusvalores, no es la primera vez que te lo digo. Hay diferentes aproximaciones a la dedicación a la Naturaleza, y si uno persevera lo bastante en ello, nadie sobra ni está por encima de otro, cuestión que, en buena parte, se debe a que unos llevamos más años que otros en el tajo... Pero por ahí vamos a pasar todos, los dioses lo quieran. Un abrazo y hasta otra.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos