Seguidores e seguidoras

domingo, 22 de xuño de 2025

22/06/2024 Control de anduriña de cu branco (Delichon urbicum) en Ferrol

 Esta mañá chamei a José Ramón Castro Gómez para dar unha volta polo noso barrio de Ferrol ("O Ensanche") e controlar os diferentes niños de anduriña de cu branco que coñecíamos nestes últimos anos. O resultado final: catro niños activos, non é para tirar foguetes mas dá esperanza sobre unha posible recuperación da especie, que durante varias décadas estivo case desaparecida en moitos núcleos urbáns galegos nos que fora reprodutor moi numeroso.

Anduriña de cu branco (Delichon urbicum) cebando polos en niño
SONY RX10 III focal 600 mm   ISO:800   v:1/500    V:5
 
    Primeiro fomos "mirar" (que diría un meiriño das Rías Baixas) as anduriñas de José Ramón, moi perto da sua casa. Tres niños xuntos , dous destruidos por causa descoñecida pero ún deles ocupado e moi activo. Tiña polos dentro e ademáis aparecían pedindo bicada outros xuvenis que podemos considerar dunha rolada anterior (procedan os que saben).

Anduriña de cu branco (Delichon urbicum), posible xuvenil do ano

Hábitat da especie en Ferrol

Segundo niño activo no Ensanche A de Ferrol

Rúa onde se atopa o terceiro niño de anduriña de cu branco

Niño destruido por mor dunhas obras no edificio

   O último niño dos que nós coñecemos está na rúa Bertón, xunto a unha parcela sen edificar que seguramente serve como boa fonte de alimentacióin.

Cuarto niño activo activo (R/Bertón)

 Tamén descubrín unha pequena colonia de cirrios comúns que non tiña controlada.

Cirrio común (Apus apus) saíndo do niño

Cirrio común (Apus apus) baixando logo de alimentar ao polo. Toma moi recurtada
SONY RX10 III (focal a 400 mm)   ISO:400   V:1/640    F:5

  Coma sempre houbo espontáneos que quixeron saír en "Bichos". Sen problema.

Pardais comúns (Passer domesticus)

    E xusto diante da miña casa nas árbores ornamentais onde teñen aniñado rolas turcas (Streptopelia decaocto) ou xílgaros (Carduelis carduelis), hoxe atopaba un niño de pombo torcaz (Columba palumbus). Non observei ovos ou polos visíbeis.

Pombo torcaz (Columba palumbus) en niño

Hábitat de Columba palumbus en Ferrol

 Como vedes un ornitólogo pode entreterse tamén percorrendo as rúas dunha cidade en estado ruinoso e decadente como é Ferrol. E deixando pegada de Carbono cero!

8 comentarios:

  1. Parece que hay "brotes verdes" a la vista, a ver cómo sigue en próximos años: en el barrio de O Graxal (Cambre), muy cerca de mi domicilio, este año he encontrado hasta ahora 15 nidos de avión, algo insólito desde hace años.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hai "brotes verdes", si. Onde non os hai é neste blogue, que vai acabar morrendo de "inanición".

      Eliminar
  2. No, no creo... Vamos, estoy seguro de que no: las estadísticas de visitas cantan. Otra cosa es que a ti te gustaría, lógicamente, que contestara todo el mundo. Pero esto, incluso a los que tenemos una correspondencia relativamente importante e intervenimos cada poco en el foro y en algún blog, como éste --como dice mi suegra, "ti vas por un fío podre..."--, la cosa nos viene un poco apretada de más, sobre todo si no estamos "viendo progresar las obras", sin más cosas que hacer. Ya me entiendes. Creo que, por el contrario, el seguimiento es lo más importante, y deja huella, aunque a ti no te lo parezca. ¿Has visto el segumiento que tienen otros blogs comparables? Hala, tranquilo, que todo va bien. Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Vin o seguemento que teñen outros blogues e, sobretodo, outras páxinas de facebook (que "lle comeu a tostada" a blogguer hai moito tempo). Créme, Jose, co número de visitas que ten "Bichos" e o "produto" que ofrece (que vai moito máis aló dunha serie de fotos das miñas viaxes a Costa Rica) a cifra de comentarios debera ser 10 ou 20 veces superior. Por suposto, é un pracer seguir contando cos teus comentarios habituais.

      Eliminar
  3. Hai pouco tempo vía nun edificio da Pontenova 6 niños de anduriña de cu branco. Gustaríame ter mirado a ver se atopaba algún máis pola zona, víanse moitas voando, pero non tiña moito tempo, a ver se outro día...
    Roi Otero.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Boas, Roi.

      Boa zona A Pontenova e o val do Navia todo. Se podes achegarte por Negueira de Muñiz ou máis arriba non te has aburrir. Un sitio ben curioso, case metido na "cantábrica" Asturias mas con moitas especies típicamente mediterránicas, tanto de flora como de fauna.
      Grazas por comentar.

      Eliminar
  4. Los nidos se destruyen solos en invierno a causa del viento y el agua.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Quén che contou iso, ou? No meu barrio das Casas da Mariña aló polos anos oitenta, aguantaban perfectamente dun ano para outro.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos