Esta mañá chamei a José Ramón Castro Gómez para dar unha volta polo noso barrio de Ferrol ("O Ensanche") e controlar os diferentes niños de anduriña de cu branco que coñecíamos nestes últimos anos. O resultado final: catro niños activos, non é para tirar foguetes mas dá esperanza sobre unha posible recuperación da especie, que durante varias décadas estivo case desaparecida en moitos núcleos urbáns galegos nos que fora reprodutor moi numeroso.
Anduriña de cu branco (Delichon urbicum) cebando polos en niño
SONY RX10 III focal 600 mm ISO:800 v:1/500 V:5
Primeiro fomos "mirar" (que diría un meiriño das Rías Baixas) as anduriñas de José Ramón, moi perto da sua casa. Tres niños xuntos , dous destruidos por causa descoñecida pero ún deles ocupado e moi activo. Tiña polos dentro e ademáis aparecían pedindo bicada outros xuvenis que podemos considerar dunha rolada anterior (procedan os que saben).
Anduriña de cu branco (Delichon urbicum), posible xuvenil do ano
Hábitat da especie en Ferrol
Segundo niño activo no Ensanche A de Ferrol
Rúa onde se atopa o terceiro niño de anduriña de cu branco
Niño destruido por mor dunhas obras no edificio
O último niño dos que nós coñecemos está na rúa Bertón, xunto a unha parcela sen edificar que seguramente serve como boa fonte de alimentacióin.
Cuarto niño activo activo (R/Bertón)
Tamén descubrín unha pequena colonia de cirrios comúns que non tiña controlada.
Cirrio común (Apus apus) saíndo do niño
Cirrio común (Apus apus) baixando logo de alimentar ao polo. Toma moi recurtada
SONY RX10 III (focal a 400 mm) ISO:400 V:1/640 F:5
Coma sempre houbo espontáneos que quixeron saír en "Bichos". Sen problema.
Pardais comúns (Passer domesticus)
E xusto diante da miña casa nas árbores ornamentais onde teñen aniñado rolas turcas (Streptopelia decaocto) ou xílgaros (Carduelis carduelis), hoxe atopaba un niño de pombo torcaz (Columba palumbus). Non observei ovos ou polos visíbeis.
Pombo torcaz (Columba palumbus) en niño
Parece que hay "brotes verdes" a la vista, a ver cómo sigue en próximos años: en el barrio de O Graxal (Cambre), muy cerca de mi domicilio, este año he encontrado hasta ahora 15 nidos de avión, algo insólito desde hace años.
ResponderEliminarHai "brotes verdes", si. Onde non os hai é neste blogue, que vai acabar morrendo de "inanición".
EliminarNo, no creo... Vamos, estoy seguro de que no: las estadísticas de visitas cantan. Otra cosa es que a ti te gustaría, lógicamente, que contestara todo el mundo. Pero esto, incluso a los que tenemos una correspondencia relativamente importante e intervenimos cada poco en el foro y en algún blog, como éste --como dice mi suegra, "ti vas por un fío podre..."--, la cosa nos viene un poco apretada de más, sobre todo si no estamos "viendo progresar las obras", sin más cosas que hacer. Ya me entiendes. Creo que, por el contrario, el seguimiento es lo más importante, y deja huella, aunque a ti no te lo parezca. ¿Has visto el segumiento que tienen otros blogs comparables? Hala, tranquilo, que todo va bien. Un abrazo.
ResponderEliminarVin o seguemento que teñen outros blogues e, sobretodo, outras páxinas de facebook (que "lle comeu a tostada" a blogguer hai moito tempo). Créme, Jose, co número de visitas que ten "Bichos" e o "produto" que ofrece (que vai moito máis aló dunha serie de fotos das miñas viaxes a Costa Rica) a cifra de comentarios debera ser 10 ou 20 veces superior. Por suposto, é un pracer seguir contando cos teus comentarios habituais.
EliminarHai pouco tempo vía nun edificio da Pontenova 6 niños de anduriña de cu branco. Gustaríame ter mirado a ver se atopaba algún máis pola zona, víanse moitas voando, pero non tiña moito tempo, a ver se outro día...
ResponderEliminarRoi Otero.
Boas, Roi.
EliminarBoa zona A Pontenova e o val do Navia todo. Se podes achegarte por Negueira de Muñiz ou máis arriba non te has aburrir. Un sitio ben curioso, case metido na "cantábrica" Asturias mas con moitas especies típicamente mediterránicas, tanto de flora como de fauna.
Grazas por comentar.
Los nidos se destruyen solos en invierno a causa del viento y el agua.
ResponderEliminarQuén che contou iso, ou? No meu barrio das Casas da Mariña aló polos anos oitenta, aguantaban perfectamente dun ano para outro.
EliminarSí, concuerdo con Xabi. En mi experiencia, principalmente en el concello de Cambre (C), los nidos suelen aguantar años, si no se los revientan los vecinos, claro está. Quizá los más expuestos puedan llegar a caer con fuertes temporales de viento y lluvia, pero si tienen un voladizo (o "peto") que los cubra, resisten bien. Aquí hay nidos que han aguantado (con leves "reformas" de unas temporadas a otras) varios años.
ResponderEliminarGrazas, Jose. J.R. pasa moito tempo no facebook.
EliminarHola Xabi. Aquí en Bertamiráns, Ames hay una población bastante numerosa de aviones comunes, con nidos en varios edificios. Pero hay una amenaza, que no sé si es nueva o no, que proviene de las urracas. Ayer desde nuestra salón, vimos como una intentaba saquear dos nidos causando un gran revuelo entre los aviones, que intentaban defender a sus crías.
ResponderEliminarMichael Williams
Hello, Mike. Nice to see you here again (you can write in english here; no problem).
EliminarAs pegas son depredadoras moi activas de polos de paseriformes. Precisamente esta semana observaba unha anduriña común (Hirundo rustica) acosando e atacando dúas pegas pousadas nun tellado próximo á miña casa.
Grazas por comentar, e un biquiño para Lavanda.
Eliminar