Seguidores e seguidoras

sábado, 4 de xaneiro de 2014

Espectáculo em Ortigueira

  Ontes fazia a última saída relaxada antes dos censos (hoje é "dia de reflexom"). Ademais, adiquei-na à fotografia únicamente, levando para alô tanto a cámara bridge (Canon SX50) como a reflex (EOS 500 + Tamron 70-300). Alternei ambas máquinas ao longo da manhá.

  Na praia e porto de Carinho, pois poucas novidades. Isso si, a famosa Gaivota de Bonaparte mantinha-se no seu canto favorito do peirao (comentava-mo Ricardo Hevia, que aparecia por ali).



   Botava de menos a fotografia reflex para aves en vó. Quánto mais doado resulta! Coma sempre que colho a reflex já nom lembrava apenas os controis e custa-me muito enfocar em modo manual aínda. Mas, como dizia o mestre Antonio, qué divertido é afotar gaivotas nun porto coa reflex!


  Aguantando coma podia o forte vento que soprava em Carinho puidem desfrutar moi perto das idas e vidas deste visitante neártico.


Gaivota de Bonaparte (Larus philadelphia). Fotos: EOS 500

 Previamente, umha Gaivota cana destacava pola sua delicadeza, entre os seus parente maiores concentradas na praia. Esta fermosura de gaivota aparece sobretodo canda temporais de neve e vagas de frio na Europa occidental. Assi pois, éste nom semelha bom ano para a observarem. Nesta ocassom empreguei a bridge (era muita a distáncia):

Gaivota cana (Larus canus). Foto SX50

  Ía achegar-me, pero um plástico preto que se levantou co vento de entre as dunas asustou todas as aves da praia, que saíron voando.

 Já no estuário de Ortigueira, o vento soprava igual de molesto. Polo menos saíu o sol (que se botava de menos). 3 espectaculares Garças brancas (Egretta alba) e un mínimo de 7 Pentumeiros (Melanitta nigra) foi o máis salientável. Certamente as aves estavam moi agochadas entre as canles dos intermareais (unhas canles moi profundas hoje por mor da baixa-mar viva).

  Na seguinte imagem aparescem as tres especies de limícolas meirandes da ria de Ortigueira: Maçarico chiador (Numenius phaeopus, esda.), Maçarico real (Numenius arquata, dta.) Gavita (Haematopus ostralegus, arriba). Todas elas tenhem nesta ria ún dos seus principais lugares de invernada na Península Ibérica. Resulta impossível visitar a ria sem as ver!

"Os tres grandes" de Ortigueira. Foto: SX50

    Os que me ofrecérom o melhor espectáculo da jornada fórom os Culhereiros (Platalea leucorodia). Até un total de 17 exemplares chegárom a se juntar no intermareal do porto. Assi de memoria penso que se trata da cifra de invernada máxima registada (que era de 15), aínda que durante o passo outonal chegou haver até 26 indivíduos, o passado Setembro. Umha mostra do incremento desta espécie que, o mesmo que os ardeidos, estám a aumentar moito os seus efectivos no país todo.


Fotos (2): EOS 500 + Tamron 70-300

  Empreguei tanto a reflex como a bridge, para que vejades a diferença (se a vedes) entre ambas, manexadas pola mesma mao e em igualdade de condiçoes.


Fotos (2): Canon EOS 500 + Tamron VC 70-300 SP

 Foto: SX50

  Havia tres indivíduos anelados. E já sabemos a sua origem graças, cómo nom, ao grande Antonio (rápido coma umha centelha para estas cousas).
   Éste, foi anelado en Terschelling, Boschplaat (Holanda) en Julho de 2012 por Harry Horn. E leva com nós desde finais de Novembro.

Culhereiro anelado em Holanda. Foto: SX50

 E estoutro foi marcado na Alemanha, em Niedersachsen, Maio de 2009, por W.G.S.I. (foi o "nome" que me deu Antonio... bem vale)

Culhereiro anelado em Alemanha. Foto SX50

O seguinte tamém foi anelado em Terschelling (Holanda), por Harry Horn, em Agosto de 1994 (já tem anos!). Todas som havituais da ria, polo visto.

Culhereiro marcado em Holanda Foto: SX50

Foto SX50

  Nom sei se devido à forte baixamar ou para fugir do vento, mas os culhereiros achegárom-se muito cara o peirao de Ortigueira, oferecendo umha portunidade para as fotografar coma nunca antes tivera.

Culhereiro (Platalea leucorodia) Foto: SX50

  Em fim, paseino pipa, comparando as prestaçons das duas cámaras. Espero que vós tamém tivérades desfrutado co espectáculo. 
  Agora toca descansar, aclarar bem os olhos com algum colírio, e ir ponhendo a mente em "modo censo". Só esperemos que a chúvia nom nos machaque moito este ano. Pero nom tem boa pinta o prognóstico, nom.. 
Começamos!Venha:  1,2,4,6,8,10,20,30,40, 100, 1000, .....

xoves, 2 de xaneiro de 2014

Necesito otro cuerpo!

  No, tranquilos, no me refiero al cuerpo físico que está escribiendo estas líneas. Ése, por cierto, ya lo voy a trabajar un poquillo con el pequeño gimnasio que me voy a instalar en casa (si Decathlon se decide a traérmelo de una puñetera vez). Estoy hablando de mi cámara réflex.

  Hoy recibía una grata, gratísima noticia: el objetivo Tamron VC SP 70-300 que tanto trabajo me costó conseguir está "sano".
  Como recordaréis algunos, hace tiempo me había quejado de unos molestos "efectos" que me aparecían en los fondos de muchas fotos, y que consideraba que podrían deberse a una desalineación de las lentes. De hecho estaba a punto de mandarlo a Alemania a que me lo miraran. Pero antes decidí prestárselo a un compañero fotógrafo (Rubén, alumno aventajado de Fran Nieto), para que lo probara en su Canon 7D durante unas semanas, a ver si era cosa del objetivo o de mi Canon EOS500.


  Hoy, al devolvérmelo, me ha confirmado que después de haber hecho todo tipo de pruebas no ha detectado nada anormal. Con lo cual, queda claro que, simplemente, mi cámara (gama básica) le queda pequeña a este maquinón. Y digo bien: MAQUINÓN.

 En algunos foros había leído debates en los que se comparaba a este humilde teleobjetivo con el carísimo y pata negra Canon serie L (el blanquito, para entendernos) que vale tres veces más. He sido testigo de acalorados argumentos técnicos en uno y otro sentido, en los que me pierdo porque no entiendo de fotografía, pero que daban a entender que realmente era comparable al Canon L, algo que a los puristas de Canon, obviamente les resultaba una herejía (sobre todo después de pagar los 1300 euros del blanquito contra los 400 del Tamron).
  Pues Rubén, a quien considero un fotógrafo entendido y totalmente neutral (de hecho ahora tiene Nikon), me ha confirmado esta opinión, asegurándome que en lo que ganaba el Canon era, diagmos, sobre todo en apartados de ergonomía (acabados, delicadeza de los mandos, etc), pero en óptica, pues que no notaba gran diferencia. Al menos fué lo que le entendí. 


Canon EOS500 + Tamron VC 70-300 SP

  Así pues, si las fotos que he publicado en su momento con el Tamron no han estado a la altura esperada, ha sido por dos motivos: por mi propia inexperiencia y por la aparente incompatibilidad de este cacharro con la EOS500. Como me gustaría probarlo en un cuerpo de gama media!! A ver si dentro de un tiempo puedo tirar la casa por la ventana y dar el paso (mientras tanto, si hay algún donante, se aceptan préstamos de prueba, je, je)

 Una buena noticia para empezar el año!


mércores, 1 de xaneiro de 2014

1 de Xaneiro

   Hai anos que descobrín que a noite de fin de ano con toda a súa parafernalia non está feita para min. Eu prefiro saír ao campo en Aninovo.
  Esta mañá, e coa mente posta xa en "modo censo", voltaba pola ría. A mañá era horrible, ventosa e chuviosa. Pero iso de estar contando aves aguantando o paraugas cunha mao forma parte intrínseca dos censos que se realizan en territorio galego. E cómpre ir preparándose para o fin de semana.

 No Seixo, esperábanme tres auténticas delicatessen en forma de observacións extraordinarias, que converten esta pequena vila mugardesa nun dos lugares máis interesantes de toda a ría:

- 7 Mobellas grandes (Gavia immer). Seis delas formando a balsa habitual a primeira hora da mañá. Esta vez estaban máis perto, aínda que escuridade reinante a esas horas impedíu tomar imaxes claras.  
   Nunca na miña vida tiña visto un agrupamento tan numeroso da especie. Teño contado máis exemplares nunha soa localidade (en Ortigueira e na Lanzada), pero xamáis vira antes un bando tan compacto, cual se fosen parrulos ou corvos mariños. Algo impresionante para a humilde ría de Ferrol


   Quizá a foto anterior sexa histórica e difícilmente repetíbel por aquí.

Mobellas grandes (Gavia immer)

- Uns 140 Mergullóns. Deles a maioría eran de pescozo negro (Podiceps nigricollis), pero tamén había un número indeterminado de reais (Podiceps auritus). Digo indeterminado porque me pareceu que había máis que o outro día, pero o mal estado da mar impedía unha identificación segura. Vendo que o número total de podiceps medrou en case 30 exemplares, podería ter habido igualmente unha segunda entrada de auritus.

- 2 Garzas brancas (Egretta alba). En Ferrolterra-Ortegal, pasamos de buscar a foto dunha alba a buscar a foto de varios individuos xuntos, dada a súa evolución espectacular nos últimos anos, que a levou a converterse xa en ardeida habitual durante a invernada.
  Igualmente resulta común tamén durante os pasos en outros pontos, como a lagoa de Valdoviño (Abril-Maio e Setembro).

Garzas brancas (Egretta alba) no Seixo

  Por último paraba en Neda brevemente para facer un control de gaivotas. E hai unha mala nova: o macho de suposto Pato bastardo (Aythya marila) parece que non está. Vin a femia, que nadaba pola canle central mirando para todas partes, coma se buscase ao macho mismamente. A pesar dos intensos varridos que realicei co telescopio, semella que xa non está. Imaxino que abandonou o lugar ou que foi presa de un depredador (O Couto non é mala zona para un ataque de Azor).

  E dixen suposto pato bastardo, porque me comenta Cosme Damián que puidera tratarse máis ben dun híbrido de bastardo (A. marila) con cristado (A. fuligula). A verdade é que a min xa me parecera que tiña unha forma rara na cabeza e unhas cores "pouco de marila"; ata me parecían un pouco pequenos. Pero como estivera Damián e o dera por válido eu xa nin me plantexaba outra posibilidade (estaba tan concentrado na fotografía que non me parara na identificación).
  A femia, comenta que pode ser un híbrido de bastardo (A. marila) con Pato bola (A. affinis). Poño unha foto que lle tomei en vó, por se axuda (penso que era a femia):


 En fin, como digo, o macho parece que nos abandonou. A ver se conseguimos ver esta femia máis perto, se non se nos vai tamén.