Seguidores e seguidoras

luns, 26 de outubro de 2015

Resumo da semana

    Nos últimos tres messes as minhas saídas de campo cinguírom-se a um rádio duns quince quilómetros desde Ferrol. Ademais apenas disponho de tres ou quatro horas para ir e voltar, assi que nestas condiçoes é complicado ter material novo para publicar.

 Ilhas Gabeiras (Ferrol)

   Polo menos estes dias desfrutamos dalgumha jornada de sol, como a que escolhim para dar um passeio polo monte litoral de Lobadiz. Nom havia moita cousa pero o prazer de caminhar baixo a luz do sol foi davondo para mim.


  O mais "salientável" (por dizer algo) a primeira Escribenta riscada invernante da temporada.

 Escribenta riscada (Emberiza cia)

    Esta escribenta (ou escribidor, como dim além do Minho) é reprodutor escaso na comarca de Ferrol, sempre em montes de mato aberto e com certa altura (100-300 m. ou mais). Nas zonas mais baixas aparesce únicamente como invernante.

  Baixo umha pedra, achava um pequeno habitante típico das áreas ervosas abertas e soleadas: um juvenil de Esgonço comun.  Durante os trabalhos de campo para o Atlas de Anfíbios e répteis de Galiza da SGHN apenas logramos umhas poucas citas de Esgonço mais ao Norte do Golfo Ártabro (área Corunha-Ferrol), aínda que é abondoso en certos lugares como o sistema dunar de Ortigueira. Desde logo é un réptil que gosta do sol e no extremo norte galego isso é um bem moi escaso...

Esgonço comum (Chalcides striatus)

   Antonte na Frouxeira o tempo foi o mais habitual por aqui, cuberto e com chúvias..


   Na praia atopei um enorme Congrio (Conger conger) de aproximadamente 1,40-150 m morto e méio comido. Casualmente falava pouco depois cum velho pescador de Robaliça que atopei nas dunas e me comentava que fácilmente poderia pesar uns vinte quilogramos.


  Deixei a praia para revisar o estado das charcas inter-dunares, que seguen secas na sua maioria.


    Aínda assi caminhar por ali numha manhá de mal tempo é sempre umha actividade relaxante, que fai esquecer a presença invasiva dos malditos mascoteiros cos seus cans e dos omnipresentes "runners". Certamente houvo um tempo em que a Frouxeira era terra de soedade, de tranquilidade e de vida salvage. Isso já nom voltará.


    Som tempos de raridades mas até isso escaseia agora. Esta Escribenta das canaveiras podia ser outra cousa,... mas nom. Seguramente é um exemplar dos residentes na lagoa que, logo da cria, espalhan-se por áreas de xunqueira aberta e cultivos.

 Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus)

  Este excremento tem-me mosqueado. Creo que nom é de Raposo polo seu pequeno tamanho e penso en Martaranha (Martes martes, presente en áreas próximas) ou Gardunha (Martes fuina, mais rara). O lugar onde o depositóu é desde logo bastante interesante, um passeio peonil que percorre o sistema dunar. Solicito ajuda aos mastozoólogos que lem habitualmente este blogue.


  Por último, o domingo fazia umha visita de control à ria de Ferrol, na que apenas havia novidades. Únicamente um Colhereiro jovem no intermareal de Neda. Na foto vem-se moi bem as pontas pretas das primárias, como se estivesem molhadas em tinta.

Colhereiro (Platalea leucorodia)

  E polo de agora nada mais desde Ferrol.

luns, 19 de outubro de 2015

Primer cuellinegro y poco más

    Octubre es un mes muy pobre en observaciones ornitológicas aquí. El paso prácticamente ha acabado, a la espera de la entrada de invernantes el mes que viene, y la laguna de Valdoviño suele estar llena, lo que dificulta la sedimentación de larolimícolas.
  Por si fuera poco los días se acortan y los cielos se nublan más aún, aumentando el número de días con lluvia persistente. Además el desfase horario que se ha impuesto a Galiza provoca que en verano tengamos dos horas de adelanto con respecto al horario natural que nos correspondería por meridiano: el mismo que Canarias y Portugal!. Entre esto y el clima los amaneceres otoñales se retrasan muchísimo y suelen ser horriblemente oscuros. Para que los de fuera se hagan una idea pongo unas fotos tomadas el lunes pasado. Como véis muchas luces permanecen encendidas y reina una gran oscuridad todavía.


Ría de Ferrol desde Maniños (Fene)
12-Octubre-2015 -  9:23 horas
 
    Así que ahora que ya véis en qué condiciones "trabajo" espero que sepáis valorar mejor el rendimiento de mis humildes cámaras bridge, que son utilizadas a menudo en unas condiciones realmente malas de luz (por no hablar de la distancia enorme de disparo)

   En fin, que hay que aguantar el chaparrón como buenamente se puede; así que todos los años uno se entretiene anotando las primeras llegadas de invernantes, como este Zampullín cuellinegro (Podiceps nigricollis), que observaba en la ría de Ferrol el pasado sábado:

Zampullín cuellinegro (Podiceps nigricollis)

   Las gaviotas han acabado ya la muda de verano y vuelven a tener ese aspecto tan elegante. El Gavión es un invernante común bastante fácil de observar en la ría, donde se pueden contar 5-10 ejemplares todos los años.

 Gavión común (Larus marinus)

   En Maniños encontré una joven patiamarilla anillada con PVC. Antonio se encargó de tramitar la cita y me informa que se trata de una gaviota vasca anillada como pollo por Alfredo Herrero y Juan Arizaga en Donostia (Guipuzkoa) en Junio de 2014.

Gaviota patiamarilla (Larus michahellis)

   Y como la cosa está aburrida pues aproveché para seguir haciendo preubas con el RAW de la Fuji HS50 (las fotos anteriores son con la Nikon P900). Estas condiciones de oscuridad que reinan ahora en "Mordor" son las ideales para buscar el límite de estas cámaras con isos altos:

 Fuji HS 50  ISO 1250  V: 1/640  F: 5,6

Garceta común (Egretta garzetta)
Fuji HS50  ISO 800  V: 1/320   F: 5,6  (+0,3 exp.) con fuerte contraluz

    Menos mal que el sábado recuperamos una hora de vida...

luns, 12 de outubro de 2015

Picapeixe (Alcedo atthis), por fin o collo ben!

     Unha desas aves que non lograba fotografar nunca decentemente era o Picapeixe (Alcedo atthis). Ou ben fuxía antes de disparar ou ben achábase sempre a unha grande distancia.
  Esta mañá, mentras buscaba novidades traídas por "Joaquín" á ría de Ferrol, conseguía por fin unhas boas imaxes deste paxaro espectacular.


     Sorprendentemente dei con un exemplar inusualmente confiado, que parecía non ter medo de min nen dos numerosos paseantes e ciclistas que percorrían o paseio peonil de Neda.
   Pousaba en diferentes salgueiros da pequena marisma do río Belelle e, de cando en vez, botábase na auga na procura dun peixe.  Gostaría de facer algunha captura destas esceas de pesca mais a pouca luz que había nese momento non me permitía poñer unha velocidade o suficientemente rápida sen meterme en ISO´s altísimos. Outra vez será.


     Cánto daría de si este pequeno e degradado humidal cunha mínima xestión medioambiental... Pero esas cousas fantásticas só ocorren en Europa. Volvamos á realidade.


   O Picapeixe comportouse. Perdín moitas fotos debido a que estaba pousado entre numerosa ramallada que estropeaba a maior parte das capturas e ademáis cada vez que pasaba alguén o paseo todo tremía un montón e non podía disparar até que finalizaran as vibracións.


   Finalmente o Picapeixe achegouse até uns 6-8 m de min. E a esa distancia unha bridge moderna ben manexada é un cañón.



   Eran varios anos xa esperando este momento e desfruteino ben desfrutado.