Na presentación deste blogue fixen unha adicatoria a unha desas persoas que a ún lle inflúen para ben (tamén os hai que o fan para mal..): o mestre Gerald Durrell. Por aquilo de non ser repetitivo gardei outra mención a José Curt. Hoxe toca.
Teño a sorte ademáis de que José é seguidor deste blogue, algo que me honra (e me enche de responsabilidade tamén, carallo).
Sempre pensei que o traballo de biólogos e profisionais é menos agradecido có dos divulgadores da Natureza. Todo o mundo coñece a Félix Rodríguez de la Fuente pero, fóra do círculo de naturalistas, ninguén sabe quén foi Bernis ou Valverde, contemporáneos del, e cuxos coñecimentos plasmaba Félix nas súas publicacións e programas.
Sen embargo penso que os divulgadores son igualmente importantes. Nas facultades, os estudantes de bioloxía teñen acceso a traballos de importantes científicos, e mesmo poden chegar a coñecelos persoalmente ou recibir clases deles. Pero sen Attemborough, Félix, Cousteau ou Curt, por exemplo, moitos de nós xamáis seríamos hoxe o que somos. Cada ún terá os seus autores de cabeceira e que lles inspiraron neste camiño tan fermoso do estudo e observación do medio natural. No meu caso foi probablemente José Curt Martínez a maior influencia que tiven, xunto con Durrell, por suposto.
Este libro foi para min un auténtico "shock". Cando era neno coñecía (pola tele e polos libros) a bichería e estaba canso de ver cousas sobre África, Venezuela, Doñana, etc... Pero un día caeu nas miñas más o libro dun "tipo" que falaba de Antela, Cospeito, Ancares, O Grove, Valdoviño!!! Aquilo supuxo unha inmediata vinculación, para sempre, con aquel autor, menos coñecido ca outros, pero moito máis cercano.
Curt é escritor, cazador, perito agrícola,...moitas cousas. Pero, por encima de todo, naturalista.
O inxenioso sentido do humor (con retranca incluída) que destilaban as súas palabras non fixeron máis que aumentar o meu interese por Curt. Un libro de José, "Más allá de la corredoira", deume unha visión totalmente distinta do mundo da caza, con uns cazadores moito máis sensibilizados e respetuosos pola fauna. Tiven a sorte de coñecer algún coma el no traballo. E que, curiosamente, é coñecido como "José o cazador!"
Uns anos máis tarde saíu un libro publicado sobre "Esos anfibios y reptiles gallegos". Era de Curt e de un tal Pedro Galán. Iso foi para mín o último impulso no camiño da herpetoloxía. Hai uns anos regalei este libro a un rapaz da SGHN. Quedou en moi boas maos (aínda que me deu moita pena desfacerme daquel libro, a verdade)
Hoxe Curt vive en Madrid, pero garda un enorme recordo do seu pasado nos vinte anos que pasou en Galiza, como me demostrou cando falamos últimamente. Desgrazadamente unha reunión inoportuna en Santiago privoume do pracer de coñecelo persoalmente. Outra ocasión haberá José, seguro.
Os simples e superficiais quizá me poidan tachar agora de "pelotas". Tanto me ten. Isto era algo que tiña que dicilo, si ou si. Un pequeno recoñecimento a Curt e a todos os divulgadores de Natureza do mundo. Sen eles non seríamos o que somos!.
GRAZAS MESTRE
Pois a min paréceme cojonudo que nos acordemos destas persoas, igual non se fixeron famosos mediáticos, pero sí fixeron e puxeron a outros nese camiño, e non encontro nada tan gratificante para eles, como o saber que os seus traballos despertaron a paixón de moitos de nós pola natureza.
ResponderEliminarO meu primeiro libro ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA de Pedro Galán e Gustavo Fernández, compreino no ano 94 nunha ferretería destas que teñen de todo, téñolle un cariño tremendo, pero o meu sobriño con sete anos xa anda mirando nel para intentar diferenciar os cucharóns, así que penso que terei que facer coma tí e regalarllo, jeje.parabéns pola entrada. un saúdo.
(toñito)o aparato este segue sen deixarme firmar coa miña conta en ningún blog.
Completamente dacordo contigo. No caso de Curt podo asegurarche que, polo menos agora, é perfectamente consciente do seu legado marabilloso.
ResponderEliminarE a saber o que lle fixeche a Goggle par que non te deixe usar a túa conta.
Graciñas Toñito.
PD: A todo isto, Toñito, ti... quén ves sendo? Coñezo tropecientos Antonios, Toños, Toñetes, Antóns,... A ver se podes concretar un pouco a "especie".
Jeje son Antonio Martínez do blog cousasdonorte. Non me digas por que, pero aínda rondando os 100 kilos me siguen chamando Toñito, jejeje un saúdo.
ResponderEliminarO.K.Antonio. A estas alturas xa saberás que eu son bastante repunante no relativo á identificacións das persoas que comentan neste blogue.
ResponderEliminarPor certo, o teu blogue está, desde agora mesmo, incluído na miña lista de blogues recomendados. E che dou os meus parabéns polas fotos tan fermosas (sobre todo a Estreliña riscada). Supoño que tés unha reflex potente, non si?
Unha aperta.
:) Eu tamén fun un deses que tivo a sorte de que este libro chegara as miñas mans de neno, súmome as grazas. Saúdos
ResponderEliminarBenvido a este blogue, Juan. Supoño que cada ún de nós ten as súas lembranzas dos inicios naturalistas.
ResponderEliminarComentáballe hai pouco a Victor López que este momento do comezo é irrepetíbel. As cousas que ún recorda desa época quedan ahí sempre e, para mín, son moi bonitos.
Coma as influencias de Curt, por exemplo.
Unha aperta.
PD: ti non terás nada que ver co Villarino que fixo o libro de Antela con Serafín?
"A volar rapaces" e outra sinxela obra de Curt adicada aos cativos que afondou o meu interese polas aves. Foi un presente da miña madriña hai case 30 anos.
ResponderEliminarUn saudo
David Martínez Lago
Ostras, David, xa non me acordaba deste libro (acabo de subir escaneada a portada). Quizá por ser o último que adquirín o tiña un pouco esquecido.
ResponderEliminarOutro libro realmente marabilloso. Qué repaso tan fenomenal aos nosos hábitats máis significados en tan poucas páxinas!
Desde aquel libro (publicado en 1985) penso que xa non fixo máis sobre natureza galega. Xa lle preguntarei sobre isto.
Unha aperta e graciñas por comentar, David.
PD: hoxe atopeime con Xan na manifa de Ferrol e xa me contou. O Albatros ese nada, non? A min avisoume Damián, pero non puiden ir controlar..
Ao fío do tema fágome unha pregunta. ¿Para cándo a merecida homenaxe a José Curt por parte do naturalismo galego? Lembremos... é de ben nacidos ser agradecidos! Fai non moito tempo a SGO recoñeceu a importante traxectoria de José Luis Rabuñal Patiño. Agora debemos acordarnos tamén de Curt... Saúdos e noraboa polo blogue!
ResponderEliminarJuan Carlos Epifanio
Moitísimas grazas por este comentario, Epi, e benvido a este blogue, onde a xente coma ti é especialmente benvida.
ResponderEliminarVou contestar á túa cuestión en Galiciaves, se non che importa.
Un forte abrazo.