As especies maiores pola contra, xa medraron en número. Hoxe puiden facer un censo moi preciso, xa que as aves estaban ben espalladas e a pouca distancia, contando 393 Mazaricos rubios (Limosa lapponica). Entre eles detectei tamén un Mazarico rabinegro (Limosa limosa) anelado mentras censaba, pero non puiden localizalo despois. E falando de anelas, había dous Mazaricos rubios marcados con PVC: Ún con (Esquerda: Tarso Bandeira amarela - Dereita: Tibia metal Tarso PVC Vermello e Laranxa). E outro máis que sae na terceira foto.
Mazarico rubio, plumaxe inverno
Mazarico rubio (Limosa lapponica) plumaxe nupcial con marcas PVC
Tamén había 29 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus). Pero xa vos contei que esta limícola emprega os humidais máis ben coma durmideiros nocturnos. O mellor momento para contalos é ao mencer, cando a maioría abandonan a lagoa e se espallan polos prados e dunas cercanas ou, directamente, continúan migración.
Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
O vento segue a ser favorábel para a sedimentación (Norte-Noreste); así que é de esperar que mañá teñamos unhas cifras mellores. A ver se pouco a pouco van entrando tamén as especies pequenas e medianas. Desde logo o prognóstico meteorolóxico promete.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos