Seguidores e seguidoras

martes, 9 de abril de 2013

Una BROMA de Víboras

  Perdón, faltoume unha palabra no título. Agora xa está corrixido, je, je..

  Vaia, vaia, sabía que tiña certa capacidade de convición, pero ignoraba que fose tanta. Porque a "elementa" que aparece nas fotos é unha víbora, si. Pero unha Víbora europea (Vipera berus).

   Resulta que o noso Manu Arzúa anda traballando de biólogo por terras británicas, facendo seguimento de réptiles dunha zona perto de Londres, e antonte pasábame estas fotos dun exemplar capturado para estudo. Xa sabedes que gosto de ofrecer cousas distintas neste blogue, e onte se me ocorreu (minto, se nos ocorreu) gastar unha pequena broma aos nosos amigos herpetólogos.


    Só coñecía a broma Cosme Damián, a quen mesmo lle pedín que actuase de gancho con Martiño. Pero polo visto, é tanta a credibilidade que ten a xente sobre a miña experiencia como herpetólogo que a ninguén se lle ocorreu ampliar as fotos para fixarse no patrón das escamas (iso hónrame, je, je..)

Víbora europea (Vipera berus)

   Manu, a próxima vez vamos ter que facelo mellor, logo. Malo será con eses dous "encargos" persoais que che fixen.

  Perdón a Martiño e a César que, se non sospeitaban nada, han estar flipando agora.

  A próxima broma ha ser de pluma, tranquis...

PD: Queda claro que as diferenzas externas interespecíficas cobran cada día menor importancia, frente aos microscópicos códigos xenéticos.

16 comentarios:

  1. Cuando se construyo en campus nuevo en Vigo era bastante comun encontrarse viboras, y la gente tambien le echaba la mano alegremente. Creo que nunca hubo percances.

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
  2. Hola que no son malas, son buenas viboras.
    Un saludo.
    Juan

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Efectivamente, non son malas. E fan un labor moi importante no equilibrio ecolóxico, ben pouco recoñecido.
      Grazas por comentar e benvido Juan.

      Eliminar
  3. A víbora de Seoane (Vipera Seoanei) , segundo tenho entendido é conhecida por ser ser reacia a trabar .Olá Xabi a ver se desta sabes quem som, e parabens polo espaço adicado á natureza nesta parte que nos toca viver que com gosto engadirei no facebook, arrivedercci a ver se nos vemos por Valdovinho.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Penso que já che respostei num correio dumha entrada anterior na que assinavas coma Miguel Neira (nom há moitos reintegracionistas por estes "lares"). E sei quêm és. Ou nom?

      Eliminar
    2. O mesmo que veste e calça , há tempo que nom che vejo pola lagoa nom sei o mesmo andas pola zona de Outeiro ou vas ver os falcóns , ia pòr a zona e que nom direi por respeito ás aves, há anos adicaba-me á fotografía tb mas as equipas quedaram obsoletas já me contarás que equipa estas a usar vémo-nos.
      saúde e terra

      Eliminar
    3. Si, melhor nom especificar o lugar dos Falcóns.

      A equipa que emprego nas entradas de 2013 é umha cámara compacta avançada ("bridge", em inglhês)chamada Canon SX50. Podes ver as suas características na rede. Som cámaras que juntam umha focal tremenda (ata 1200 mm!!), com capazidade para realizar fotos macro e um grande angular, todo num corpinho de 400 gr cum único objectivo. Lógicamente a qualidade nom é a mesma ca numha réflex. Pero cum pouco de práctica conséguem-se images batante jeitosas, coma podes ver.

      Também disponho dumha cámara reflex básica (Canon Eos 500) cum objectivo Tamron 300 mm estabiliçado. Mas desde que comprei a SX50 está cubríndo-se de pó no armário. Quando venha o bom tempo hei colhê-la de novo para afotar paxarinhos em áreas forestais.


      Nas entradas mais antigas (2011-2012) usva outra bridge um pouco mais cativa (Fuji HS 10).

      Saúde e... augha espessa este ano

      Eliminar
  4. Boas,
    Bonita seoane. Un colega (Fernando Martinez Freiría) traballa con víboras e teño ido con el o campo e usa guantes de motorista (de coiro e con almohadillado dentro) para pillar as víboras. É a única maneira de estar totalmente seguro de que non te vai trabar unha víbora, sobre todo as latastei coas que traballa el, que son máis grandes.
    Por certo, andan a mirar a taxonomía do bicho e é probable que a subespecie cantabrica non exista e todo pertenza á mesma subespecie nominal. Puñeteros biólogos, pero tranki, aqui non van aparecer novas especies nin subespecies, jejeje.

    ResponderEliminar
  5. A César e Martiño, pois grazas por comentar... e perdón pola "xogarreta".
    Un abrazo, cracks!

    ResponderEliminar
  6. Que capullos, jejeje. Como eres unha das persoas das que me fio bastante, non dubidei. E como non me acordei que Manu andabas polas Británicas, tampouco caín no engano. Home, tamén elexiches dúas especies bastante parecidas morfoloxicamente. Pero sempre hai diferencias, home. Con esta trampa non me vas a convencer, que conste.
    Unha aperta,
    Martiño

    ResponderEliminar
  7. Non si, preparate para a proxima revision taxonomica, que sei que che gusta..

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois haberá que comprar guías novas, xa que logo. Co baratas que son...Todo pola causa (case digo "pasta" en vez de causa!)
      Pregunta: Chioglossa segue a ser chioglossa... ou xa forma parte do xénero Mertensiella?

      Eliminar
    2. Chioglossa penso que segue virxe, pero seguro que rematamos cun "algo" hispanico e outro lusitanico, xa veras..
      Penso que non paga a pena mercar guias (e a da causa e unha delas), salvo que che gusten polas fotos, alomenos no referente as clasificacions taxonomicas.

      Cesar Ayres

      Eliminar
  8. Boas a todos!!
    Este Xabi, vaia bromas que gasta…pois o certo é que eu lle enviei unha foto por aquelo de mostrar unha Vipera berus, das que sempre falamos cando vemos unha Vipera seonei cos patróns de coloración moi marcados…

    E o proxecto no que ando é de rata de auga, non de réptiles, pero en breve acabarei e a ver se atopo algo con réptiles, por exemplo…polo de agora só vín esa víbora e algunhas lagartixas das brañas, pois na zona que estou, están facendo obras do tren e o ano pasado transladaron máis de 3000 lagartixas e unas 20 víboras a unha zona acondicionada na que non vai a afectar a construcción das vías, así que este ano poucos réptiles quedan e o turno agora é para as ratas de auga.
    Polo que sei xa están empezando os proxectos de réptiles e a ver se suben as temperaturas aquí (e deixa de chover por alí).
    PD. A ver se algún ano se pode aprender desta xente que traballa en construcción e conservación ó mesmo tempo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Perdón polo "lapsus"! (as Arvicola téñenche dado non poucas alegrías pola Faladoira adiante). E grazas polo comentario.

      Eliminar
  9. Igualiño que aqui, alguen escoitou falar de medidas compensatorias do AVE?. Claro, aqui seguimos a ser subeuropeos..

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos