Hoxe nunha visita de control de 15 minutos censei de novo a lagoa. Apenas hai novidades respecto a onte:
- 679 Mazaricos rubios (Limosa lapponica). Logo de varios días de incremento constante, semella que esta noite non houbo entrada
- Varios Biluricos claros (Tringa nebularia) e 1 Común (Tringa totanus). Non mirei no "Lago pequeno".
- 12 Pilros grosos (Calidris canutus). Moi poucos por agora, pero é un bo sinal...
- 57 Pilros comúns (Calidris alpina). ???
- + Pilros tridáctilos (Calidris alba). Unha ducia ou así.
- 1 Pilro ferruxento (Calidris ferruginea)
- 6 Virapedras (Arenaria intrepres)
As condicións seguen a ser as ideais para a sedimentación de "limis" en Valdoviño: lagoa aberta e vento forte do nordés. Máis non se pode pedir.
Estes días unha morea de colegas entenden a importancia do momento e están a pasar por alí para desfrutar deste evento ornitolóxico. Onte eran Pablo Pita e Juan Pita. Hoxe compartín a mañá con Pepe Vidal, Pepín Vivera e tamén con Manuel Pose, un compañeiro da SGHN-Ferrol. As especies pequenas seguen sen aparecer como deberan, pero os Mazaricos rubios continúan o seu incremento paulatino. Os números de hoxe son:
- 3 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus) en prados e dunas: 32 en Taraza, 13 nos Botes e uns 50 en Lago
- 662 Mazaricos rubios (Limosa lapponica). Xa empeza a ser unha cifra seria.
- 12 Biluricos claros (Tringa nebularia). Por certo, o exemplar ferido do que falaba Antonio (Gaviotas y anillas) sigue vivo, afortunadamente.
- 6 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 2 Virapedras (Arenaria interpres) no intermareal
Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
Cada día aparecen, ademáis, novos exemplares anelados. Poño unha foto dunha femia que había hoxe (penso que é a que comentaba onte, pero que lle debeu caer a bandeira amarela da tibia cara o tarso). Na segunda foto aparece outro mazarico marcado e segundo plano, que debe ser o macho de onte.
Mazaricos anelados con PVC
Esperando noticias destas anelas (que seguro nos dará Antonio) déixovos.
Mañá non vou poder pasar pola Frouxeira, pois a baixamar cadra a mediodía e eu entro a traballar a esa hora. Pero non deixedes de ir por alí os que podades. Aproveitade mentras dure!
Pedazo fotos Xabi. E o máis importante, os datos do paso. Polo que vexo neste e noutros blogs, parece que está a ser forte, sobre todo en canto a mazaricos rubios. Disfrutade do espectáculo vós que podedes (morro da envexa...).
ResponderEliminarBueno, eu saio agora para facer unha visita breve antes de currar, a ver como está a cousa. De lappponica está moi ben certamente....pero do resto moi moi frouxo, Quique. Non é nada normal que unha presenza tan numerosa de Mazaricos non se vexa acompañada de centos de píllaras e pilros.
ResponderEliminarIso, a ver se hoxe hai novidades (pero chego tarde de traballar e non vou poder publicar ata mañá probablemente)