Seguidores e seguidoras

xoves, 7 de marzo de 2019

Lagoa da Frouxeira, 7-Marzo-2019

   A lagoa da frouxeira (Valdoviño) leva uns días pecha e chea. Esperemos que abra e baleire un día destes para ter o intermareal disponíbel durante o paso de finais de Marzo.


    Aínda así había bastantes acuáticas na visita realizada esta mañá.


  Entre elas un parrulo mergullador que non identifico con seguridade:


    Semella mesmo un híbrido de Aythya collaris + outro Aythya sp. A ver que opinan os expertos.

Parrulo sp (Aythya sp)

  Polo de agora permanecen na lagoa 4-6 parrulos cristados (Aythya fuligula), 15-20 culleretes (Anas clypeata) e deceas de cercetas reais (Anas crecca). Non vin aínda nengunha cerceta albela (Anas querquedula) que estarán a piques de aparecer.

Cercetas reais (Anas crecca)

  Dúas Lontras (Lutra lutra) nadaban na bocana do "Lago pequeno" causando apenas inquedanza entre algúns patos, aínda que é un predador ocasional de aves.


     Desde o observatorio hai unha boa vista da canaveira principal.


     Outras "vistas" non son tan agradábeis


  Eu tamén fun adolescente, certo, e recoñezo que fixen tamén algunha pintada (de carácter político) nalgunha parede. Pero respetaba as cousas importantes e xamáis tiraba papeis ou plásticos na rúa.


  Hai quen pensa que é un problema de incivismo e que se cura con educación. Eu discrepo. Penso que realmente hai sociedades máis respetuosas coas normas e outras que teñen unha tendencia conxénita ao cafrismo. Como a galega. E non hai que facer.


   Cando incineraron os primeiros hides instalados na lagoa había unha compoente racional. Os pescadores furtivos tiñan poderosos motivos para eliminar aqueles observatorios desde onde os controlábamos. Pero qué motivación pode ter un adolescente para destrozar de maneira tan salvaxe algo como isto? Simplemente, eran galegos.

  Comentábame un día Manuel Arzúa que nos observatorios de Escocia había telescopios de alta gama e guías de aves disponibles para usar polos visitantes. E unha vasoira cun recolledor para apañar os residuos antes de marchar. Case como aquí...

PD: Se alguén vai dicir que os galegos non somos os únicos cafres que aforre ese tópico. Que haxa outros territorios onde son igual de túzaros non é conforto ningún. Saber que hai moitos países onde son infinitamente máis respetuosos (case toda Europa) é o que importa a unha persoa civilizada.

4 comentarios:

  1. Non teño nin idea de que é.
    Sobre os gamberros direiche que os observatorios que coñezo en Baleares están en perfecto estado (e levo un par de anos usandoos). Direiche máis, en Ses Salines (Eivissa) o telescopio (de alta gama!!!) podelo pedir no pequeno centro de interpretación deixando o teu dni. Por sorte non todo son discotecas e festa nesa illa. Por desgracia a ornitoloxía non está promocionada, o turismo maioritario quere sol e festa, non paxaros, como aquí.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Toda a xente que viaxa polo mundo adiante relátame experiencias semellantes.
      Non hai que facerlle, Cristina.

      Eliminar
  2. Pois en Alava onde vivin mais de 30 anos queimaron polo menos dous observatorios (Mendixur e Salburua) e houbo que facer un deles de formigón armadao (Mendixur) e destruiron unha área de descanso con boa observación das aves do embalse de Maroño, etc etc. No parque ornitolóxico de Plaiaundi (Irúnn), moi vixiado, tamén algunhas estupidas inscripcións. A outro lado no Páis Vasco Francés todo intacto, como no grande observatorio de Barthes, cerca de Bayonne. Pero si creo que entre galegos hai moitísimos cafres.
    Pedro Cruzado

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Quixera saber eu se esas queimas foron simple vandalismo ou houbo algo máis, Pedro. En calquer caso non deixa de ser unha mera anécdota. Desde logo sabes mellor que ninguén qu Euzkadi e isto son mundos moi diferentes no relativo á cultura e respecto.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos