Seguidores e seguidoras

mércores, 25 de agosto de 2021

Máis fotos da píllara dourada siberiana (Pluvialis fulva)

 A píllara dourada siberiana segue presente na ría de Ferrol. A chegada de paxareiros e paxareiras desde moitos pontos de España está a ser masiva pois ninguén quere perder a oportunidade de observar unha especie tan rara e ademáis tan mansa, porque o bicho é sumamente confiado.


    Esta mañá pedía un pase no traballo e achegábame ata Neda para fotografar a píllara coa mellor cámara que teño: a mirrorless 4/3". E recoñezo que esperaba un mellor resultado se temos en conta a distancia á que estaba a limícola. En parte porque aínda non controlo ben nin a cámara nin a edición dos seus RAW. Ao non coñecer tampouco o estabilizador non sei moi ben qué velocidade empregar. Logo, cando baixaba a maréa e a píllara abandonou o repousadoiro (e cando podía escoller mellor a composición), preferín finalizar a sesión fotográfica, voltando á factoría.  

Píllara dourada siberiana (Pluvialis fulva)
Panasonic G7 focal 300 mm (600 mm equiv.)  ISO:640  V:1/640  F:5,6

En repousadoiro de preamar

  Ben, a píllara comportouse e puidemos desfrutar dela o tempo que quixemos, porque xa chegara José Ramón acompañado por dúas ornitólogas de Murcia e Madrid.

Píllara dourada siberiana en pradeira de Salicornia sp

  A todo isto digo que é unha píllara dourada siberiana porque o comprobaron Pablo Pita e outros observadores. O seu rasgo diagnóstico principal son as axilas grises (non brancas, coma a píllara dourada europea), cousa que nun ave pousada non se pode apreciar. Outros rasgos, coma o tamaño das pintas nas coberteras ou a maior lonxitude do peteiro son máis sutís e doadamente poden pasar desapercebidos para os que non somos especialistas. Aínda que ten un aspecto algo peculiar, un chisco semellante á píllara cincenta (Pluvialis squatarola) aínda que sen "cara de mala".

Píllara dourada siberiana (Pluvialis fulva)
Panasonic G7 focal 300 mm (600 mm equiv.)  ISO:320  V:1/800   F:5,6

 Coma sempre, a píllara ofreceu esceas de alimentación. Semella que gosta moito dos poliquetos mariños que viven na lama.

Píllara dourada siberiana papando unha miñoca (Polychaeta sp)

Panasonic G7 focal 300 mm (600 mm equivalentes)  ISO:200   V:1/400   F:7,1

Píllara dourada siberiana (Pluvialis fulva)
Panasonic G7 focal 300 mm (600 mm equiv)  ISO:250   V:1/ 400  F:5,6
 
Con menos glamour pero quizá maior interese aparecían a voar tres biluricos alinegros (Tringa ochropus), unha limícola común en humidais de auga doce mas non tanto nas rías, onde se ve moi raramente. De feito penso que é a primeira cita propia na ría de Ferrol.

Biluricos alinegros (Tringa ochropus)

 Estamos en tempo de migración. Nestas alturas até un humedal tan alterado e degradado como a marisma do Belelle regala momentos de alegría ornitolóxica.

Marismas do Belelle (Neda ao fondo)

Fondo da ría de Ferrol con preamar

2 comentarios:

  1. Vaites, grazas por compartires, Xabi, nunca vira un.
    Despois de varias semanas desaparecida (as miñas vacacións non foron tan interesantes), xa estou ao día co blogue, hehe.

    Biquiños e apertas,
    Inés González

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Logo xa estamos todos e todas, haha. Mola moito o bicho éste, si. Aínda que se dependese pola miña "sapiencia" daríao por unha píilara dourada probablemente. Afortunadamente en Ferrol temos algúns dos mellores rarólogos do país, expertos neste tipo de identificacións complicadas.
      Un abrazo, Inés.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos