Agora que non se pode ir á Frouxeira cómpre repetir visitas a outros humidais, menos interesantes para o paso de migrantes, pero moito máis tranquilos e con un grao de infección mascoteira bastante máis levadeiro. Como a ría de Ortigueira, onde hoxe facía un censo de acuáticas.
Ría Central desde a Ponta de Feás (Cariño)
Alí atopábame con José Ramón Castro e coñecía a Bibiana Lorenzo, unha colega naturalista da Coruña. Depois aparecían Álvaro F. Polo e Marta Josa, secretaria de AEFONA (Asociación Española de Fotógrafos de Naturaleza) con quen tivemos tempo a botar unhas parrafadas, coma sempre. A última hora saudaba a Jesús Risueño, paxareiro madrileño que pasa temporadas en Ortigueira (e lector deste blogue).
Ría Central mirando cara o Sul (igrexa de San Clodio ao fondo)
Había unha baixamar de 0,8 m así que alguhas cousas se puideron censar máis ou menos ben, pero outras non tanto.
Ría Central desde Feás mirando cara o N
Non había moita cousa porque estamos en temporada baixa mas xa apareceron algunhas novidades con respeito ao último censo. Imos coas matemáticas:
- 1 Ganso cincento (Anser anser)
- 303 Alavancos (Anas platyrhynchos). De novo repítese unha cifra arredor dos 300 exemplares, menos da metade dos que mudaban na ría hai 10 ou 20 anos. Brutal declinio.
- 1 Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis)
- 102 Gabitas (Haematopus ostralegus)
- 1 Píllara cincenta (Pluvialis squatarola) adulta en plumaxe nupcial
- 1 Píllara real (Charadrius hiaticula)
- ++ Mazaricos reais (Numenius arquata)
- ++ Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 2 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa)
- 11 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- 48+ Pilros comúns (Calidris alpina)
- 4 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 61 Biluricos claros (Tringa nebularia). Quizá 50 máis.
- 45 Biluricos comúns (Tringa totanus). Pouco preciso.
- Gaivotas típicas que xa non detallo
- 1 Carrán mouro (Chlidonias niger)
- 1 Carrán "comic" (Sterna hirundo/paradisaea, probablemente o primeiro)
- 3 Carráns cristados (Thalasseus sandvicensis)
- 6 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
- Garzas reais e garzotas (Ardea/Egretta)
- 1 Garza branca (Ardea alba)
- 3 Cullereiros (Platalea leucorodia)
- 1 Águia pescadora (Pandion haliaetus)
- 1 Picapeixe (Alcedo atthis).
Gaivotas choronas e cabecinegras no intermareal central
Águia pescadora (Pandion haliaetus)
Non se pode dicir que a ría estivese chea de aves (iso pasará por Novembro) e as fotos que puiden tirar son bastante cutres. A verdade é que case prefería estar buscando Acrocephalus paludicola no sistema dunar da Frouxeira, pero... xa sabedes.
Garza branca (Ardea alba, dereita da imaxe)
Carrán mouro (Chlidonias niger)
Mazaricos (Numenius spp) e gabitas (Haematopus) na zona Sul da ría
En fin, aquí seguimos, como podemos.
Estuvo muy interesante y me alegró volver a ver al maestro Álvaro con sus agradables tertulias.
ResponderEliminarBoas Xabi!
ResponderEliminarÉ curioso que non houbera pentumeiros sedimentados na ría. Hoxe estiven censando no cabo e a primeira hora da mañá apenas pasaban aves. Tras pasar a fronte a primeira hora da tarde, pasaron máis de 300 en dúas horas e media! Moi abundantes en paso, pero non debían sedimentar polas boas condicións para migrar.
De paludicola, comentáronme que todavía non chegaron moitos ao occidente peninsular. Algúns aneladores xa os están pillando no país vasco dende hai algunhas semanas, pero en Asturias e Galicia (segundo me informaron) moi pouca cousa. Se me equivoco, corrixídeme, que me interesa o tema! Estou pendente eu a ver se os atopo este ano...
Apertas!
Nicolás Magdalena
Olá Nico.
EliminarÉ bastante normal que non houbese pentumeiros na ría, onde chegan habitualmente máis tarde (con cifras máximas en Novembro-Decembro para ir minguando despois). No paso de verao pode caer algun individuo solitario ou grupiños mínimos como os 4 do outro día pero non entran moito. Onde si ten habido concentracións de paso espectaculares coincidindo con ventos desfavorábeis é en Cariño, xa fóra do que é a zona estuarina (mar aberto). Ortigueira é unha ría de invernada, con pasos pouco marcados na maioría das spp.
Con respeito ao paludicola pois o que che podo dicir é que únicamente teño tres observacións, todas na Frouxeira:
- 19 Agosto 2012
- 21 Agosto 2016
- 11 Setembro 2016
Así pois debe estar ao caer.
Apertas.
Hola Xabi.
ResponderEliminarDe nuevo ha sido un placer ese reencuentro, antes solo anual y ahora con algo más de frecuencia, con todos vosotros en el muelle de Ortigueira. Espero poder repetirlos con cierta frecuencia y durante largo tiempo.
Apertas,
Jesús Risueño
Por aquí estaremos, Jesús.
EliminarUnha aperta.