O encoro das Forcadas, en Valdoviño, é ún dos poucos espazos naturais ferroláns que aínda non está "mascotizado". Seguramente porque nin é bonito nin ten sendeiros para pasear. Que siga así por moitos anos, señor alcalde!
- 42+ Alavancos reais (Anas platyrhynchos).Case todos machos e 6-7 femias
- Unhas 25 cercetas comúns (Anas crecca)
- 5 Patos cristados (Aythya fuligula ou similar)
- 13+ Meguilletes comúns (Tachybaptus ruficollis) que probablemente correspondían a uns 7 territorios. Non está mal sendo un censo incompleto e tendo en conta a situación dramática das acuáticas noutros encoros galegos
- 2 Galiñas de auga (Gallinula chloropus), parella moi probablemente. Especie en vías de extinción inminente
- 1 Aguaneta común (Gallinago gallinago)
- 1 Bilurico de ás negras (Tringa ochropus). Limícola que xa podemos considerar de invernada regular
- 2 Gaivotas de patas amarelas (Larus michahellis) provocando alarma entre as acuáticas. Nos anos oitenta, cando a michahellis aínda era unha especie "mariña", xa me chamara a atención como as patimarelas sobrevoaban a marisma da Frouseira ao comezar a estación reprodutora de rálidas e anátidas
- 2 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
- 7 Garzas reais (Ardea cinerea)
A pesares de non ter observado ningunha raridade desas que agora causan furor entre os paxareiros volvín de Forcadas feliz, relaxado e ansioso por publicar o post. Porque as cousas sinxelas cada vez teñen máis importancia para min. E vendo o drama medioambiental que estamos a vivir debemos aprender a desfrutar das pequenas cousas que aínda non desapareceron. Os máis vellos da parroquia entenderán o que quero dicir e seguro que están dacordo.







Totalmente de acuerdo, Xabi. Y, pese a su condición de humedal artificial, creo que As Forcadas es uno de los embalses más atractivos que nos quedan en Galicia, te lo aseguro. Lago artificial, pero de una belleza escénica notable. Un abrazo y, como siempre, gracias por hacernos partícipes de estas pequeñas-grandes cosas.
ResponderEliminarPor agora vai ben pero en canto cheguen os calores... A imaxe (e o cheiro a podredume!!) durante o verán é realmente tráxico. Penso que unha das spp máis afectadas pola eutrofización e polo Procambarus pode ser Pelophylax perezi. Aqueles coros de ducias ou centos de machos croando son historia. Agora escoitas unha por aquí e outra por alá, con sorte. Non chega á traxedia de Sabón ou Cecebre pero vai de camiño.
EliminarPor destacar algo positivo... o gosto que colleron todos os predadores polo "marisco". Lontras, xabalís, mergullóns critados, merguilletes, lavancos, garzas,... todos consumen o puto cangrexo vermello case coma presa principal.
Un abrazo, mestre.
PD: Non digas moito o da beleza escénica que daquela aparecen os que xa sabes....Forcadas é feísimo.