Hoxe quedei con Manolo Rei, un vello amigo da miña época libertaria, para que probase o Zuiko 100-400 (xa teño un par de posibles compradores). Con tal fin demos unha volta polo río Xuvia ao seu paso por Pedroso, onde estivemos a observar aves típicas de río.
Mentras el probaba o Zuiko eu montei o Panasonic na miña cámara. Un obxectivo de menor focal pero que é unha marabilla pola súa lixeireza (e nas miñas maos estabiliza mellor). Comezamos coa fermosa lavandeira real. Primeiro un disparo co Pana desde bastante lonxe. Houbo que recurtar dabondo.
Un lavanco real apareceu por alí. Sen dúbida é unha anatídea abondosa e ben repartida polo territorio galego grazas a que é capaz de vivir en humidais de todo tipo coma pequenas pozas, fragas pantanosas ou regatos de tamaño mínimo.
Por suposto fixemos un pequeno control sobre ún dos niños de merlo rieiro que teño controlados.
E así terminamos esta nova sesión de terapia contra a depresión. Xa o fixo na fase máis dura do loito e agora volve axudarme moito a fotografía (falta fai tamén). Ése é ún dos principais motivos polos que barallo a compra do 150-400 f:4,5.
Qué bien que sigan estos coleguillas por ahí, Xabi: mientras hay vida, hay esperanza... Sobre los lavancos, sólo decir que, principalmente en tramos de curso medio-bajo (con pendientes moderadas-bajas) o de curso bajo (con pendientes moderadas) --con la salvedad de zonas francamente llanas, como la cuenca alta del Miño, donde está (o estaba) presente en cantidad--, en mi experiencia debe de haber un buen lote de parejas, aunque normalmente con densidades bajas, pero que también cuentan y que se añaden al contingente que cría en medios lagunares, brañas y regatos, como dices.
ResponderEliminarSeguen, seguen. Desde logo unha das aves con máis "glamour" de Ferrol. Con respeito aos lavancos teño observado polos en lugares certamente sorprendentes, como algún resto de fraga asolagado. É unha mágoa que sexa a única especie de pato reprodutor na maior parte de Galiza.
Eliminar