Logo dunha noite "horribilis" hoxe tomeime outra mañá libre e voltei a Valdoviño para me animar un pouco. A lagoa estaba semichea por mor da preamar morta e tiñamos temporal de vento.
Intermareal da lagoa
Ollando cara o faro de Ponta Frouseira
Sony RX10 III focal 60 mm ISO:200 V:1/200 F:4
Levei o telescopio mas non cheguei a montalo. Por unha banda facía moito vento e por outra non tiña tampouco gana de contar; só de fotografar e relaxarme. Tedes a lista completa do observado en eBird. Aquí imos citar só o máis destacado:
- Unhas 70 cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
- 18-20 Píldoras cincentas (Pluvialis squatarola) na canle
- 6 Virapedras (Arenaria interpres)
- 1 Gaivotón atlántico (Larus marinus)
- 10 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
Sony RX10 III focal 470 mm ISO:800 V1/320 F:4
A luz era bastante mala por non dicir pésima, pero a Sony RX10 vai moi ben nestes casos. Houbo que facer bastante procesado mas as imaxes finais ficaron ben chulas dadas as condicións.
Cerceta eurasiática (Anas crecca)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:800 V1/200 F:4
Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:400 V1/250 F:4
Nestas alturas do ano resulta habitual observar parellas de lavancos reais en lugares pouco comúns por non dicir insólitos: xardíns, montes próximos, regatos en campeiros semiurbáns, hortas ou no mesmo paseo peonil da lagoa, onde penso que aniñan varias parellas todos os anos.
Parella de lavancos reais (Anas platyrhynchos) xunto ao meu carro
Na lagoa o vento sopraba con forza.
Garzas no illote da Lapela coa auga moi batida polo vento
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:400 V1/160 F:4
Píldoras cincentas (Pluvialis squatarola). Disparo a pulso (47 m distancia)
Sony RX10 III focal 470 mm ISO:800 V1/200 F:4
Unha cousa á que non me afago é á presenza de virapedras invernantes na propia lagoa. Sempre foi unha especie común no paso de maio. E de inverno podía verse algún exemplar na praia mesturado con outras limícolas. Actualmente xa parece manter unha presenza regular como invernante na ribeira leste da lagoa (onde se estivo a ver todo o inverno). Paréceme algo ben curioso.
Virapedras comúns (Arenaria interpres)
Sony RX10 III focal 425 mm ISO:800 V1/160 F:4
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:3200 V:1/250 F:4
E así nos despedimos hoxe. Cunha imaxe que ben puidera ser unha alegoría de como me sinto nestes momentos: "eclipsado" polas circunstancias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos