O domingo volveu mencer con tempo chuvioso e aínda máis frío. Como a lagoa de Valdoviño é un sitio no que podes ver cousas sen alonxarte moito do carro fun para aló.
Gaivotas escuras (Larus fuscus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 (a focal 100 mm) ISO:1600 V:1/320 F:5
Hoxe había máis gaivotas escuras; unhas 300 (nos picos de paso poden contarse máis de mil).
Gaivotas escuras (Larus fuscus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:1600 V:1/320 F:6,3
Entre elas había un exemplar de gaivota xuvenil que destacaba entre todas. Lixeiramente maior, máis esvelta e coa cabeza moi branca:
Gaivota do Caspio (Larus cachinnans) xoven
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:1600 V:1/320 F:6,3
Teño a vantaxe que traballo nun asteleiro onde vexo patiamarelas adultas e xóvenes todos os días (literalmente). Por tanto cando ollei este individuo de inmediato non souben o que era mas si o que non era. Xa na casa consultei a nova guía que merquei (Nils van Duivendijk) e comprobei que se trataba dunha gaivota do Caspio, parente próxima á nosa patiamarela que aniña nos Mares Negro e Caspio, no estremo leste do Continente.
Gaivota do Caspio (a do medio)
Gaivota do Caspio (Larus cachinnans) xoven
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:3200 V:1/500 F:6,3
No paseo peonil había dous biluricos das rochas (Actitis hypoleucos). Probei a disparar cunha velocidade bastante baixa coma é 1/160 seg.
Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:1600 V:1/160 F:6,3
As cercetas eurasiáticas seguen por aquí, cun número estimado duns 80 exemplares. En breve maracharán e, namentres, chegará algunha cerceta albela (Spatula querquedula), típica migrante da primavera (por agora este ano non dei visto ningunha).
Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 (a focal 300) ISO:3200 V:1/320 F:6,3
A todo isto sigo imerso nun forte debate interno arredor do Zuiko 150-400 f:4,5. Uns días a almofada dime que me tire de cabeza a por el, outros recoméndame que me absteña de tal gasto por agora. Sen embargo penso que finalmente vai decidir o compoñente emocional, nun momento tan delicado a nivel persoal. Desde logo todo o que sirva para elevar o ánimo semella boa idea.
Lavanco real (Anas platyrhynchos)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:6400 V:1/320 F:6,3
E xa que vos comentei que estiven ollando páxinas de fotógrafos profisionais pégovos o enlace a unha delas: O fotógrafo checo Petr Bambousek probando o Zuiko 150-400 famoso en Costa Rica.
As fotos quitan a respiración desde logo. Falamos dun prestixioso fotógrafo de Natureza, cun equipo top e ademáis en Costa Rica. A historia que hai detrás de cada unha desas imaxes é unha aventura por si mesma. Clicade o enlace aplicando o tradutor de google e xa veredes qué marabilla. Termino cun simple "pantallazo" dunha das súas obras mestras. Primeiro o recorte da parte superior (por falta de espazo) e logo a composición completa. Brutal. Queda ún sen palabras.
Lagarto basilisco verde
Olympus EM1-X + Zuiko 150-400 f:4,5 ISO:200 V:1/160 F:4,5
Autor: Petr Bambousek
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos