Nestas datas a maioría dos colegas naturalistas andan de viaxe por destinos mais ou menos exóticos. Porén, eu sigo practicando o comunismo, ornitolóxicamente falando (no outro comunismo acreditaba hai anos, cando era un xove idealista e moi inocente).
Hoxe poño unha serie de fotos variadas sacadas estes días.
Miñatos negros (Milvus migrans) no seu pousadorio con néboa
Miñatos negros (Milvus migrans) no seu pousadoiro con sol
Esta mañá volvía atopar unha parella de perdices rubias en Moeche. Son exemplares procedentes de soltas cinexéticas que, sen embargo, sacaron adiante unha rolada de pitos o ano pasado. O seu hábitat actual é moi pobre en alimento e semellan moi dependentes da forraxe que botan ao gando vacún.
Perdices rubias (Alectoris rufa)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:250 V:1/400 F:8
Antonte unha femia de corzo aparecera na miña "espera mustélida" de Moeche. Xa botaba de menos algún mamífero logo de tantas horas papando frío.
Corzo (Capreolus capreolus) femia
Sony RX10 III (focal 90 mm) ISO:1600 V:1/80 F:3,5
Corzo (Capreolus capreolus) femia
Sony RX10 III (focal 80 mm) ISO:1250 V:1/80 F:3,5
A Sony RX10 III, coma sempre, dando un resultado marabilloso en condicións de pouca luz.
Corzo (Capreolus capreolus) femia
Sony RX10 III (focal 400 mm) ISO:3200 V:1/100 F:4
No río Basteiro (Neda) todo segue coma sempre.
Lavanco real (Anas platyrhynchos)
OM-1 + Zuiko 100-400 (a 200 mm) f:6,3 ISO:400 V:1/320 F:7,1
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:400 V:1/500 F:8
Poucas cousas máis bonitas hai ca uns pitiños de parrulo.
Poliño de lavanco real (Anas platyrhynchos)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:1000 V:1/800 F:8
Ra verde (Pelophylax perezi), machos cantores
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:200 V:1/500 F:7,1
Ra verde (Pelophylax perezi)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:400 V:1/640 F:7,1
Cucharóns de sapo cunqueiro (Bufo spinosus) no Basteiro
Esta ra vermella tivo pior sorte en Moeche.
Rá vermella (Rana parvipalmata) atropelada en Moeche
Coreus marginatus. Fam Coreidae. Neda
OM-1 Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:400 V:1/800 F:8
Tricóptero sp (Tinodes waneneri?) no Basteiro
Feiticeira común (Vanessa atalanta) en Neda
OM-1 Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:400 V:1/640 F:7,1
Libélula maculada (Libellula quadrimaculata)
OM-1 Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:640 V:1/800 F:7,1
E despídome co can de As Reghas. Un can de aldea, que debe andar "escapado" da súa casa. En canto me ve comeza darlle ao rabo e quere socializar conmigo pero eu non podo (non porque non me apeteza xogar un pouco con el senón porque estou "traballando"). Desta volta non foi tan pesado e deixoume seguir a miña mostraxe en solitario. Agradecino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos