Seguidores e seguidoras

martes, 6 de maio de 2025

06/05/2025 Visita de control na Frouseira e decepción

    Comezou a situación típica de nordés de primeiros de maio. Con ventos frescos e nubosidade abondosa (mesmo chuviscas) no estremo norte do país. Por ese motivo hoxe me acheguei á lagoa de Valdoviño con José Ramón Castro. 

Píldora cincenta (Pluvialis squatarola), imaxe testemuñal

 Sendo a primeira xornada de nordés non esperaba unha sedimentación masiva de limícolas pero si algúns centos de aves. Para a nosa decepción o intermareal estaba máis baleiro aínda que o outro día, cunhas cifras absolutamente ridículas para estas datas, que case dá vergoña poñer:

  • 2 Píldoras cincentas (Pluvialis squatarola)
  • 14 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
  • 5 Fuselos de rabo pinto (Limosa lapponica)
  • 1 Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
  • 2 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
  • 4 Pilros comúns (Calidris alpina)

Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)

Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
Sony RX10 III focal 600 mm   ISO:200    V:1/1000     F:5

    Haberá que esperar logo a que se manteña máis días esta situación meteorolóxica, ou que mellore, porque tamén importa o que acontece na costa atlántica galega ou portuguesa. Porén hoxe sorprendeume moito esta pobrísima cantidade de aves nunhas circunstancias a priori boas. Tamén é certo que o inverno non foi tal e se as aves non se ven obrigadas a baixar a África pois a "operación retorno" será lóxicamente moito menos masiva.  

Fuselos de rabo pinto (Limosa lapponica)

     Se todo vai con normalidade esta semana debera traer importantes novidades en "Valdovo". Non debería ser doutro xeito, aínda que neste século XXI todo semella posíbel.

2 comentarios:

  1. Xabi, quizá las limícolas van "olvidando" que aquí están las rías, estuarios y lagunas costeras galegas. Hace años leí (y debo tener en algún lado) un trabajo, centrado en Calidris alpina, que hablaba sobre que había relación entre la "memoria" de las localidades de parada migratoria, forjada a partir de la experiencia previa de los juveniles en su primer viaje otoñal al sur, y la persistencia de esas localidades, a largo plazo, como puntos de parada migratoria. Si, como parece, las primaveras con caída potente de migrantes (fuertes y persistentes vientos de N-NE) son cada vez más escasas y efímeras, y cada vez paran menos aves durante la migración otoñal, quizá no debería sorprendernos que pasen cosas como ésta que cuentas. Lo que no es muy normal, concuerdo, es que a primeros de mayo y con viento dominante NE no haya una parada sustancial de Charadris hiaticula, Calidris spp., Limosa lapponica y Numenius phaeopus. Quizá algo así pudiera estar pasando. Habrá que seguir tomando nota.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Aínda queda moito mes, pero nestes últimos anos o descenso no número de limícolas grandes/medianas foi moi importante respeito anos atrás. As pequenas seguen mantendo cifras importantes case todos os anos, coincidindo cronolóxicamente cun retraso na sedimentación. Como teño comentado xa no blogue os picos fortes eran case sempre na primeira semana de maio (anos 90-00). Na última década (aproximadamente) estes picos foron cara mediados ou mesmo finais de maio, con cifras potentes de Hiaticula, Calidris alba/alpina,... pero moi poucas Lapponica ou Tringa spp, por exemplo.
      Se esta semana remata sen sedimentación forte xa me empezaría a mosquear en serio.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos