Seguidores e seguidoras

xoves, 29 de maio de 2025

Observacións de libeliñas, bolboretas e paxaros en Moeche

 Onte ao mediodía quedei con Manolo Rei para dar outra volta por Moeche. Sigo a fozar coa fotografía de aproximación, que é unha das prestacións máis sorprendentes do Zuiko 100-400.

Gaiteiro azul (Calopteryx virgo) macho
OM-1 + Zuiko 100-400    ISO:400   V:1/640   F:8

   Os aneis de extensión (Meike 10 + 16mm) teñen un problema. Se nese momento aparece un ave ou un mamífero non has poder fotografalos porque non podes focar cousas lonxanas. Porén se priorizas o macro dan un resultado excelente. Observando as fotografías (lixeiramente recurtadas para mellor encuadre) penso que estarían próximas ao rango desa relación 1:1, onde técnicamente se considera que comeza a "macrofotografía".

Gaiteiro azul (Calopteryx virgo) femia
OM-1 + Zuiko 100-400 + Meike 26 mm   ISO:400   V:1/500   F:8

   Habería que medir na toma orixinal a medida corporal da parte do bicho que aparece encuadrada e comparala coas medidas dun sensor 4/3" (17,3 x 13,8 mm) para saber a relación exacta de aumento. Semella claro que esa relación de 1:1 é alcanzada cando engadimos o teleconvertidor MC 1,4x.

Gaiteiro azul (Calopteryx virgo) femia
OM-1 + Zuiko 100-400 + Meike 26 mm   ISO:400   V:1/500   F:8

     A este lavacú sanguiño dispareille primeiro só co duplicador, sen os aneis de extensión.

Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum)
OM-1 + Zuiko 100-400 + MC1,4x   ISO:800   V:1/800   F:10

    Logo metín os Meike para poder achegarme máis. O problema con tanta ferramenta montada é que debes precisar moito mellor o foco, a profundidade de campo e os problemas de trepidación. Se queres facer a toma como é debido cómpre montar o tripé, que permite escoller velocidades baixas, valores de diafragma pechados e sensibilidade o máis baixa posíbel, especialmente se tes ao bicho pousado. Esta última toma do lavacú había quedar moitísimo mellor co tripé.

Lavacú sanguiño (Sympetrum sanguineum). Toma sen recurte
OM-1 + Zuiko 100-400 + Meike 26 mm   ISO:1600   V:1/800   F:10

   A protagonista da xornada foi un galo cebrado, anteriormente Iphiclides podalirius coma especie nominal que agora pasou a ser Iphiclides feisthamelii para o SW europeu e norte de África.

Galo cebrado (Iphiclides feisthamelii). Fam. Papilionidae
OM-1 + Zuiko 100-400 + MC1,4x   ISO:400   V:1/640   F11
   
   A bolboreta estaba lonxe (a dous ou tres metros). Neses casos os tubos de extensión non serven para nada. O teleconvertidor si. O bon que ten é que non limita distancia de foco.

Galo cebrado (Iphiclides feisthamelii)
OM-1 + Zuiko 100-400 + MC1,4x   ISO:400   V:1/640   F:9

Galo cebrado (Iphiclides feisthamelii)
OM-1 + Zuiko 100-400 + MC1,4x   ISO:400   V:1/800   F:9

    Rematamos cuns pardais comúns, da colonia reprodutora en Penasalbas (San Xurxo de Moeche).

Pardal común (Passer domesticus)
OM-1 + Zuiko 100-400 + MC1,4x   ISO:400   V:1/500   F:9

    Por desgraza non lembrei quitar o duplicador, que é moi útil cando se necesita (co galo cebrado, por exemplo). Sen embargo non debemos esquecer que co teleconvertidor sempre hai unha perda de calidade e ademáis aumenta o factor "trepidación", que os lectores fotógrafos poderán apreciar sobretodo na primeira imaxe do pardal.

Pardais comúns (Passer domesticus)
OM-1 + Zuiko 100-400 + MC1,4x   ISO:400   V:1/500   F:9

Pardal común (Passer domesticus)
OM-1 + Zuiko 100-400 + MC1,4x   ISO:800   V:1/640   F:9

 E mais nada. Por aquí seguimos, tentando sobrelevar estes tristísimos días como mellor se pode. Qué grande axuda é a observación naturalista!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos