Esta vindeira fin de semana a xente vai volverse tola na Galiza. Logo de moitas semanas sufrindo a chuvia, o vento e o frío semella que teremos varias xornadas seguidas de sol e sen vento.
Nos tempos actuais iso quer dicir que nas terrazas dos bares non haberá sitio e que as praias estarán cheas de xente, maiormente paseando cans ceibes. Antes case ninguén acodía ás praias en febreiro, por moi bon tempo que fixese. O mascotismo xerou un incremento exponencial das visitas humanas a praias e sistemas dunares fóra da tempada de verán; estean protexidos ou non, tanto ten. A tranquilidade das praias galegas durante o inverno é algo que boto moito de menos.
No século XX a cousa era ben diferente. Daquela estes primeiros días "primaverais" eran simplemente un adiantado anuncio da primavera. Flores temperás coma prímulas ou herba centella, as primeiras bolboretas, moitos anfibios comezando o período máis intenso da súa actividade, as primeiras lagartixas e lagartos activos.... Entre eses réptiles está o esgonzo ibérico, ún dos lacértidos máis escasos do noso país, pola súa distribuición tan limitada ás comarcas máis térmicas e secas.
En 2020 e grazas ás indicacións de Martiño Cabana (unha aperta!) puiden fotografar este exemplar no sistema dunar de Lariño (Carnota). Aquél é ún dos poucos lugares da provincia coruñesa onde podemos observar a especie. O húmido e pouco solleiro verán que temos no norte da provincia ao norte do Golfo Ártabro impede que poidan vivir aquí especies tan mediterránicas.
Foi un auténtico luxo poder fotografar aquel fermoso esgonzo ibérico. Haberá que voltar algún día co equipamento actual.
.jpg)



Muy buenas:
ResponderEliminarYa que Xabier hace alusión a la peste mascoteira, meto la cuchara.
Por mi parte, cada vez veo personas más cansadas de los *utos delincuentes que sueltan a los perros "porque ellos lo valen" y les da exactamente igual que muchas personas no quieran que se les acerque un perro suelto, porque ni lo conocen no tienen por qué conocer. Antes no saltaba casi nadie pero la gente está muy quemada con el tema, no puedes pasear tranquilo por ningún lado.
Por supuesto que este otoño e invierno como los de antes (los que pasamos de 55 lo sabemos bien) ha contribuido a que la avifauna haya estado tranquila, paz que ya se acabó. Ayer mismo, en Ponzos, unos cuantos delincuentes con los perros sueltos.
Hace poco hablaba del tema con un amigo que dice que él lo suelta, que el perro le obedece y no se va a nadie. Me tuve que contener para no mandarlo a paseo.
Después están los que salvarían antes a su perro que a una persona desconocida, lo cual dice a las claras que están trastornados, la vida humana va antes. Algunas personas (mascoteiras) dicen no entender ese dilema, mas es una situación hipotética que sí puede trasladarse a la realidad.
Después dicen querer a los animales, cuando lo único que hacen es arrinconar a la fauna salvaje. El escudo del mal tiempova finalizando (aunque quedan frentes por venir) y regresa la peste mascoteira, cada vez más cuestionada por muchas personas que quieren pasear tranquilas.
Grazas por comentar, Roberto.
EliminarEfectivamente falamos de persoas transtornadas. É o máis suave que se pode dicir delas. Hoxe mesmo lía no Facebook dunha persoa a quen aprecio e admiro a partes iguais unha publicación que partillaba e que aparentemente estaba "guai". De persoas con cans que pedían que non se deixasen soltos nos espazos naturais onde hai aves. Ata aí todoi perfecto. Aparentemente daban ganas de aplaudir que xente mascotista responsable protestase por ese tema. Abrín o enlace da persoa e entón xa lín que en vez de pedir responsabilidade aos propietarios de cans, pedíanlla aos "tutores" dos cans. Ti e máis xa sabemos que clase de persoa era quen publicaba iso: unha animalistal. A mesma xente que permite que un can ladre no portal sen motivo porque "ten que expresarse" ou que quitan buceira e correa a cans perigososo porque eses chismes son maltrato e humillación para unha persoa non humana, a mesma xente qeu esixe que as mascotas entren en hospitais, transporte público ou farmacias. A mesma tropa que xa comeza pedir medidas tributrarias, fiaciamento de gastos veterinarios ou artigos de convenio colectivo por adopción de "bebes mascota", etc...
Por veces, ún experimenta certas alegrías. O ano pasado atopei un veciño que paseaba un cachorro encantador atado coa correa. Parei a falar con él e a saudar ao cachorriño, unha delicia. Encantábame a actitude respectuosa (normal) daquel home, duns sesenta anos. O cachorro estaba fóra de si ao coñecerme pero en todo momento o dono estaba controlando a situación. Comezamos unha conversa moi interesante que acabou derivando na rabia que él sentía contra os "mascotistas" (non lles chamou así pero referíase a eles) que infrinxían as normas, especialmente por "ese latino que leva un rotweiller solto" con quen este home xa tivera os seus máis e os seu menos. Agradoume tanto a conversa con aquel propietario civilizado, (sí, PROPIETARIO canino) que foi un chute de esperanza. Logo veñen os outros e o foden todo , claro. Les tutores de les perrres. Porén atopas propietarios como este home e volves acreditar na civilización. Por uns segundos,.... ata que a realidade te tomba dunha bofetada.
EliminarOla Xabier:
EliminarCon moitos donos non hai nada que poidas facer; non van cambiar a súa mentalidade. Din que aman os animais, pero despois deixan que os seus cans anden soltos, acurralando aos paxaros, unha forma curiosa de mostrar afecto polo mundo animal...
O que si vexo é que a xente está farta e cada vez máis se planta contra estes donos fillos da sua nai. O certo é que en ningures podes sentirte seguro; sempre hai algún retrasado co seu can solto.
Hoxe e mañá mais do mesmo, delincuentes amolando a moita xente, que só quere dar un paseo tranquilo.
No teu blog hai moi poucos comentarios sobre os fodidos mascoteiros cando escribes sobre o tema, branco e en botella...
Saúdos.
este blogue hai poucos comentarios sempre. Nos últimos anos prácticamente escribides todos os comentarios entre media ducia ou unha ducia de seguidores. O resto mudo (e agora teño 1000 visitas diarias, moitas delas xa de fóra de España, certo).
EliminarPero penso que ocorre un pouco o mesmo en toda a bloggosfeira. Sigo outros blogues administrados por "xente normal" (non políticamente incorrecta, polémica ou antianimalista coma min) e tampouco comenta nin Jesucristo. De feito fágolles algún comentario e moitas veces nin contestan. Os blogues clásicos están desaparecendo ante o avanzo doutras formas de comunicar moito máis inmediatas e modernas.
Ola, sí, é xeral, a participación é baixa en moitos blogs e sobre temas diversos, mais sabes que, no tocante ao tema mascoteiro, hai xentes que non di nada porque defenden iso. Por aí iba eu...
EliminarCoñeces moi ben que incluso nos naturalistas hai mascoteiros agochados que calan coma petos, xa escribiches sobre algún caso enriba.
Bo día.
Hai, si. E cada vez máis, obviamente.
EliminarDéixame abraiado que haxa naturalistas que defendan levar soltos os cans onde hai fauna salvaxe, tamén onde pasea xente, por suposto.
EliminarEste mundo é unha loucura en moitos sentidos. O futuro non pode ser isto, escomenzando xa o 2026...
Paro xa.
Apertas.
Pois é o que hai. Nalgún caso en lugares "protexidos" nos que outros pelexamos durante anos para que se cumprise a lei, enfrontándonos á xente ou facendo denuncias... Todo para que logo eses mesmos veciños vexan a un fulano con binoculares e telescopio co seu can solto. Imaxino que pensarán "anda, a nós non nos deixan os ecoloxistas levar os cans ceibes pero eles si poden". Hai que ser... resérvome a palabra. E se non che importa finalizamos a conversa.
Eliminarhttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2026/02/22/ferrolterra-suma-80-hoteles-restaurantes-admiten-mascotas/0003_202602F22C1991.htm#comments
ResponderEliminarNo comment...
É importante saber aqueles locais aos que non ir, como di un comentario na nova da Coz.
Eliminar