Seguidores e seguidoras

sábado, 28 de febreiro de 2026

Mobellas e mergullóns na ría

 Esta mañá a auga da ría estaba case coma un prato, que dicimos na costa. Daquela é cando mellor se poden avistar aves mergulladoras, que pasan desapercebidas cando o mar está revolto.


Mobellas (Gavia spp) en augas da ría de Ferrol

     Por exemplo as mobellas. Hoxe había dúas grandes e a ártica.


Mobellas grandes (Gavia immer) e ártica (Gavia arctica)

  Descansando e acicalándose, por desgraza moi lonxe. Cando se reviran poden dar lugar a confusión ao mostrar ese ventre tan branco.



Mobellas grandes (Gavia immer) e ártica (Gavia arctica)

   Axiña apareceron tamén os mergullóns de pescozo negro. Esta mañá contaba 11 ex (probablemente xa marcharon algúns deles).

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)

  Hoxe ademáis puiden sacarlles as primeiras fotos "redondas". Dunha longa serie seleccionei as que máis me gostan. Comezamos polas que se fixeron con sol e os bichos bastante lonxe, en dirección ao barrio ferrolano de Caranza (que sempre dá xogo na auga).


  Vaia por diante que segue a custarme moito fotografar estas aves, ainda con boa luz. Por unha banda o grupo raramente está no mesmo plano de enfoque, especialmente cando se achegan á rampa, coma sucedeu hoxe. A OM-1 non é unha full-frame evidentemente, mas cómpre subir un pouco a profundidade de campo se queres coller varios ex. en foco. Por outra banda non paran quedos. Ún pode estar ollando tranquilamente para ti pero o que está ao seu carón mergulla na auga, emerxe ou lle dá por acelerar a natación. Iso significa que hai que subir tamén a velocidade de obturación (máis do que pensaba). A poder ser por riba de 1/800 seg, polo que vin hoxe.

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4  ISO:800   V:1/800   F:5,6


Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4 ISO:1600   V:1/1000   F:6,3

   Agora unhas tomas con luz moi mala. Neste caso xa estaban máis perto e nótase:




Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x (f:5,6)   ISO:1600   V:1/800   F:5,6

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm + MC1,4x (f:5,6)   ISO:1600   V:1/1000   F:7,1

 Agora o resto da serie que tomei co teleconvertidor acoplado. Nese momento saíra o sol e puiden subir a 1/1000 seg sen pasarme de ISO1600 (é o ideal).


Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x (f:5,6)   ISO:1600   V:1/1000   F:7,1


Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x (f:5,6)   ISO:1600   V:1/1000   F:7,1

  Terminamos coas que lles tomei no momento en que máis se acercaron ao "observatoiro" e ademáis cunha luz bastante suave. Cando vin que se achegaban tiven o tempo xusto para quitar o duplicador e disparar varias veces antes de que volveran alonxarse. Cos nigricollis todo acontece moi rápido.



Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:1600   V:1/640   F:5

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:1600   V:1/640   F:5


Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:1600   V:1/500   F:5,6

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4   ISO:1600   V:1/640   F:5

 Ben, podo dicir que xa teño as fotos que buscaba. Polos pelos, pero pilleinos. Seguramente dentro de dúas semanas xa non estarán. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos