Seguidores e seguidoras

luns, 16 de febreiro de 2026

Restaurando fotos antigas (R.F.A.): barbantesa (Mantis religiosa)

 Antes de nada aclarar que eliminei o post anterior porque non me daba conta que eBird é unha web privada, non pública (para subir listaxes cómpre rexistrarse!). Así que borrei o pantallazo, non vaia ser. Pero segue a darme risa o comentario famoso, polo espontáneo e inesperado.

 Probando o apilado de enfoque coa mandarina viñéronme unhas ganas terríbeis de que chegue a primavera.  Como seguimos inmersos nunha sucesión interminábel de borrascas, apeteceume reeditar unhas fotos de barbantesa, ún dos artrópodos máis imponentes de Europa. Case todas son dun exemplar atopado no encoro das Forcadas nun ventoso 1/11/2022.

Barbantesa (Mantis religiosa). Fam. Mantidae
Panasonic G7 + Zuiko 100-400 f:6,3 (a 275 mm focal)   ISO:200   V:1/400   F:7,1

  Tamén doutro, fotografado en outubro de 2007 (hai case vinte anos!), coa Olympus SPZ510, unha cámara de 7,1 megapíxeles que comprara para documentar citas do atlas de hérpetos da SGHN, que estábamos actualizando daquela. Ía moi ben en macro, mas eu de fotografía sabía apretar o botón de disparo e pouco máis. Arreglei como puiden este JPEG de 1 Mb.

Barbantesa (Mantis religiosa)
Olympus SPZ510 (focal 38-380 mm equiv)   ISO:200   V:1/400   F:7,1

     Tamén proceden dun JPEG a primeira e a terceira foto deste post. Das seguintes xa gardoRAW.

Barbantesa (Mantis religiosa)
Panasonic G7 + Zuiko 100-400 mm f:6,3   ISO:200   V:1/250   F:8

Barbantesa (Mantis religiosa)
Panasonic G7 + Zuiko 100-400 mm f:6,3   ISO:200   V:1/320   F:6,3

  Xa tiña o teleconvertidor MC1,4x, que acoplei para ver o insecto máis en detalle.

Barbantesa (Mantis religiosa)
Panasonic G7 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x  f:9   ISO:320   V:1/200   F:9

Barbantesa (Mantis religiosa)
Panasonic G7 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x  f:9   ISO:200   V:1/125   F:10

  Nestas dúas últimas tomas sería interesante dispoñer do apilado de enfoque, mas non debe ser doado. Entre que a maioría dos insectos se moven moito e que na costa ferrolá sempre fai vento sería complicado que o resultado final saíse ben. Haberá que probar con bichos estáticos; por exemplo, unha libeliña pousada, ou un lacértido tomando o sol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos