Seguidores e seguidoras

venres, 27 de febreiro de 2026

R.F.A. Menestra caseira

  Logo do mitin de antonte (tiña que dicilo) voltamos ao contido habitual deste blogue, que é a observación da Natureza. Concretamente coa serie Restaurando Fotos Antigas. Principiamos co bonito. Imaxes de cerceta tomadas coa Nikon P1000 na Frouseira.

Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
Nikon P1000 (focal 1500 mm equiv.)   ISO:720   V:1/320   F:5,6

Cerctetas eurasiáticas (Anas crecca)
Nikon P1000 (focal 1700 mm equiv.)   ISO:500   V:1/250   F:6,3

  E agora flamengos rosados. Foron fotografados nos Aiguamolls, a onde me acheguei en 2013 aproveitando unha viaxe a Girona. 

Flamengos rosados (Phoenicopterus roseus)
Canon SX50 (focal 463 mm equiv.)   ISO:80   V:1/500   F:5,6

    Por desgraza naquela época non gardaba os RAW. Pouco puiden editar.

Flamengos rosados (Phoenicopterus roseus)
Canon SX50 (focal 1200 mm equiv.)   ISO:80   V:1/500   F:6,5

Flamengos rosados (Phoenicopterus roseus)
Canon SX50 (focal 1200 mm equiv.)   ISO:80   V:1/640   F:6,5

    E agora imos co feo. E non pode haber nada máis feo ca eucaliptización do noso territorio. A comarca de Ferrol-Ortegal é quizá unha das zonas máis densamente repoboadas de Eucalyptus globulus en toda Europa, seguramente por termos o clima ideal para a especie. Tamén hai moito alcolito no occidente asturiano, no resto da faixa litoral galega e en áreas de Portugal, mas non creo que se achegue á barbaridade de superficie que temos aquí. E se así fose, síntoo moito por eles.




Paisaxes da Comarca de Ferrol
Panasonic G7 + Panasonic 14-42 mm

    Desta merda si que conservei os RAW. Paradoxos da vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos