Seguidores e seguidoras

venres, 13 de febreiro de 2026

Máis fotos da nosa ría

 Van unhas cantas fotos mais destes días na ría, onde seguimos con tempo chuvioso (que vaia parando un pouco que isto xa é pasarse, mesmo para Galiza).

Choiva entrando desde Mugardos
OM-1 + Pana 14-42 mm  f:5,6   ISO:1600   V:1/160   F:5,6

Navegando pola ría a bordo do Seat Arona

     O outro día perdín a oportunidade de fotografar un picapeixe por pura mala sorte. Co desconfiados que son, atopei un exemplar pousado nun peirao a pouca distancia que semellaba non terme detectado. A modiño baixei a ventaniña e collín a cámara para disparar pero cando quixen focar ao picapeixe non vía nada polo visor porque se lle movera o regulador dióptrico. No tempo que tardei en regular de novo o visor o picapeixe xa me víu e marchou. 

  Una parella de gaivotas patimarelas colaborou mais. A primeira toma, con ISO moi alto, góstame mais en cuanto á exposición. Porén, ún dos suxeitos aparece desenfocado e curtado. É o malo dunha focal fixa: tes que afinar ben o encuadre. 

Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:12800   V:1/160   F:4

 Na segunda xa compuxen mellor, mas ficou algo escura para o meu gosto. Probei a a subir a exposición co Lightroom pero non me convencía o resultado.

Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:3200   V:1/80   F:4

 En calquer caso, poder desfrutar deste novo equipamento é un pracer. Porque moito teño sufrido nestes días de choiva interminábel cando usaba cámaras bridge de sensor 1/2,3". Que eran (e son) marabillosas mas non están deseñandas para disparar en condicións tan adversas. Por 500 euros que valían tampouco se lles pode esixir algo así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos