Seguidores e seguidoras

xoves, 27 de agosto de 2026

27/08/2026 Censo parcial na ría de Ortigueira

   Había oito meses que non pisaba a ría de Ortigueira. Hoxe tiven ocasión de facer unha visita rápida de dúas horas e catro paradas: Mera, San Clodio, Cuíña/Lagarea e Ortigueira.

  O tempo cambiou radicalmente esta semana. Voltaron as chuvias e por fin terminamos ese verán tan tórrido e seco. Quizá por iso a ría estaba bastante animada.

Biluricos pativerdes (Tringa nebularia). Disparo (recortado) desde unos 150 m
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x  ISO:12800  V:1/320  F:5,6

   Levei o telescopio para contar algunhas cousiñas, pero sigo a empregar a cámara para identificación. E con bon resultado. 

Biluricos (Tringa spp) e pilros (Calidris alpina)
  
Biluricos (Tringa spp)

  Integrado nun grupo de biluricos pativerdes fotografei en vóo un bicho sospeitoso. Cando pousaron tomei varias fotos máis e nunha delas apréciase algo que non pode ser outra cousa que un bilurico escuro, unha limi bastante escasa na Galiza que ten aquí un ponto de presenza habitual.

Probábel bilurico escuro (Tringa erythropus)

  Imos cos números do que contei hoxe sumando as catro paradas:
  • 287-344 lavancos reais (Anas platyrhynchos) mancando na ría (1). Logo de varios anos con cifras ridículas isto xa comeza parecerse (algo) a Ortigueira
  • ++ Lampareiros eurasiáticos (Haematopus ostralegus). Os cento e pico habituais, supoño
  • 34 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
  • ++ Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
  • ++ Mazaricos reais (Numenius arquata)
  • 9 Fuselos de rabo pinto (Limosa lapponica)
  • 1 Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)
  • 48 Biluricos comúns (Tringa totanus)
  • 1 Bilurico escuro (Tringa erythropus)
  • 53-55 Biluricos pativerdes (Tringa nebularia)
  • 1 Pilro groso (Calidris canutus). Observei un bando duns 40 pilros voando moi lonxe. Por jizz parecéronme canutus
  • 1 Combatente (Calidris pugnax) en Mera. Limícola exclusiva do paso migratorio
  • 4 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
  • Uns 150 pilros comúns (Calidris alpina). Case todos en Mera
  • 1 Pilro pequeno (Calidris minuta) en Mera. Moi lonxe. En principio... minuta
  • 8 Gaivotas de cabeza negra (Ichthyaetus melanocephalus)
  • 3+ Gaivotóns atlánticos (Larus marinus)
  • 2 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis) en Mera
  • 25 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
  • 3 Garzas brancas grandes (Egretta alba)
  • Un grupo de garzas brancas pousadas en árbores da Lagarea. Ía conducindo e non podía parar, mas parecéronme boieiras (Bubulcus ibis)

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia) e outras spp

Lavancos reais (Anas plathyrhynchos)

   Logo dun período extremadamente sedentario, prestoume facer esta pequena viaxe e voltar a un humidal tan querido para min.

(1) "Mancada" é o termo que se refire á concentración de patos en determinados humidais durante a fase de muda da plumaxe

2 comentarios:

  1. Pedro Cruzado Díaz: Agora que estou recuperado da vista de outras cousas seguirei máis as tuas fotos e noticias.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome que esteas mellor, Pedro. E alégrome de que poidas seguir seguindo "Bichos".

      Un fortísimo abrazo.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos