Seguidores e seguidoras

xoves, 26 de novembro de 2026

26/11/2026 Mourelo eurasiático (Melanitta nigra)

   Visita rápida hoxe polos sitios habituais da ría de Ferrol buscando as primeiras mobellas ou primeiros mergullóns de pescozo negro. Imos rematar o mes de novembro e nada.

  A única novidade foi a presenza dun mourelo eurasiático no Seixo (Mugardos), detectado mentras identificaba corvos mariños.

Mourelo aurasiático (Melanitta nigra) femia/xoven en primeiro termo

Mourelo aurasiático (Melanitta nigra) femia/xoven

   Sigo a practicar as últimas recomendacións que lin en Internete relativas á nitidez nos procesados con Lightroom. Claro que estar cambiando constantemente da Sony RX10 á Olympus OM-1 desorienta un pouco, pois son moi diferentes. Hoxe probei a suavizar as ferramentas habituais que regulan a nitidez, o ruido, os halos e os famosos artefactos, que aínda non comprendo ben o que son. 

   Lightroom por defecto aplica un 40 de cantidade, 1.0 de radio e 25 de detalle. Seguindo algún consello que lin e tendo en conta que a Sony non ten nada que ver cun sensor APSC, xa non digamos un Full frame, baixei os valores a 25, 1.0 e 0 (o recadro amarelo da imaxe). Non empreguei as ferramentas para reducir o ruido (marcado en celeste arriba con I.A. e abaixo o modo manual).


  A foto ten un recurte importante, pero non quedou mal. Pensei que había ter moito menos detalle. Si notei un pouco de viñeteo nese fondo dominado polo mar e compenseino como puiden.

Mourelo eurasiático (Melanitta nigra) femia/xoven

   Terei que seguir probando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos