Seguidores e seguidoras

sábado, 18 de xaneiro de 2025

18/01/2025 De camiñada por Moeche

   Hoxe remata un período con tempo anticiclónico. Mañá voltan as choivas e cumpría aproveitar o sábado, así que me acheguei de novo por terras de Moeche. Por desgraza temos un horario imposto políticamente que fai que teñamos un mencer anormalmente serodio (o orto era hoxe ás 9,01 h segundo Meteogalicia). Os hosteleiros das terrazas encantados, claro.

Lamas (San Sadurniño) ás 8,47 hora española
Sony RX10 III focal 60 mm    ISO:800    V:1/160    F:3,5

     En Moeche a temperatura andaba por 0 ou 1ºC. Porén e a pesares de levar a mesma roupa, tiven máis frío ca ontes en Lugo. Quizá pola maior humidade do ar ou ben porque se levantou un pouco de vento. Desde logo acabei cos dedos conxelados.

Val do Xuvia desde Casalousada (Moeche)
Sony RX10 III focal   45 mm   ISO:400    V:1/200    F:4

  Nas Regas fixen o meu transecto habitual pola estradiña a Penas Albas, unha campiña moi tranquila e ideal para pasear cando necesitas desconectar dos problemas.

Aquí unhas vacas de "extensivo" (que dormen fóra da corte, vaia)

Abrindo o día

  Hoxe levaba a Sony RX10 III. Para que vexades a posibilidade de recurte que posúen as súas tomas fixen unha pequena proba co noso satélite favorito.

Toma orixinal. Disparo a pulso
 Focal 600 mm ISO:100   V:1/400    F:4

Recurtando a imaxe co Lightroom

Resultado final, unha vez recurtado e editado 

  O bon de percorrer habitualmente os mesmos transectos é que acabas por coñecer a todos os "veciños", sexan vacas o aves. Esta mañá afotaba un corvo mariño que anda aquerenciado desa zona.
   
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) 

 Entre a paxarada común, salientar a presenza de 2 escribidores riscados (Emberiza cia), que levan todo o inverno nunha sebe ao pe da estrada. Tamén, e por desgraza, un grupo duns 40-50 ex de bico de lacre ondulado, especie invasora que xa penetrou na comarca toda.

Bico de lacre ondulado (Estrilda astrild). Foto testemuñal

   Como dixen mañá volve a choiva. Estamos na Galiza.

venres, 17 de xaneiro de 2025

17/01/2025 De "pajareo" por Cospeito

    Han vuelto los días difíciles y las dificultades para dormir. Por momentos me siento incluso peor que hace unos meses; aunque ahora es una emoción más profunda, más sutil que aquella pena desgarradora del pasado verano, que me bloqueaba y me dificultaba la vida cotidiana (ya me avisó el médico que este proceso va tener subidas y bajadas). 

  Ayer necesitaba aire y me tomé un día libre para pasear por tierras de Cospeito (Lugo), que me recibieron con una temperatura de - 4ºC. De todas formas al no haber niebla ni soplar viento se estaba bastante bien y a mediodía ya había subido a 11ºC.

Nikon P950 focal 40 mm   ISO:200    V:1/200   F:5


Diferentes transectos realizados
Nikon P950 focal 40 mm   ISO:200    V:1/200   F:5

  Como casi siempre empecé la visita por los campos de A Espiñeira, donde realicé varios transectos disfrutando la belleza de la escarcha sobre la hierba y las placas de hielo en que se habían convertido todos los charcos de los sembrados.

Nikon P950 focal 35 mm   ISO:100    V:1/320   F:4,5

   Aunque tenía la RX10 en el maletero escogí la Nikon P950 considerando que había mucha luz y que las aves suelen estar distantes allí. Me quivoqué. Al final casi todas las fotos que tomé fueron paisajes, fotos de grupo o aves en vuelo, facetas todas ellas que son precisamente el punto flojo de l P950.

Nikon P950 focal 35 mm   ISO:100    V:1/400   F:4,5

Bisbita pratense (Anthus trivialis) sobre el hielo

  Os pongo lo más destacado de lo visto en A Espiñeira (son tiempos de miseria...):
  • 28 Chorlitos dorados (Pluvialis apricaria). Quizá alguno más
  • 4 Avefrías (Vanellus vanellus)
  • 3 Agacahadizas comunes (Gallinago gallinago)
  • 1 Halcón peregrino (Falco peregrinus) atacando estorninos sin éxito aparente
  • Estorninos negros y pintos (Sturnus unicolor/vulgaris). Pocos. Digamos 400-500 ej
  • 33 Zorzales reales (Turdus pilaris)
  • Pájaros más comunes en cantidades muy bajas. Quizá por el frío de la hora

Avefrías (Vanellus vanellus)

Chorlitos dorados (Pluvialis apricaria)

     Lo mejor fue volver a ver los zorzales reales, uno de mis pájaros favoritos.

Grupo de zorzales reales (Turdus pilaris)

   Caminando por la carretera me acerqué más al grupo de la imagen anterior y justo cuando iba a tomar la foto buena ocurrió "La maldición de la batería agotada". Entre que quitaba los guantes, abría la bolsa y cambiaba la batería los zorzales se marcharon. Después cogí a uno bastante mejor.


Zorzal real (Turdus pilaris)
Nikon P950 focal 1500 mm   ISO:400    V:1/500   F:6,3

 Posteriormente me acerqué a A Veiga de Pumar, donde ahora hay muchas fincas con plantaciones de girasoles, como la que hay en esta recta.

Plantación de girasoles (zona oscura) entre el maizal (más claro)

Girasoles

Alcaudón real (Lanius meridonalis)

  Precisamente en una de esas plantaciones de girasol encontré lo mejor de la mañana: un gran grupo de fringílidos de todas las formas y colores:
  • + Pinzones vulgares (Fringilla coelebs). Unas decenas, quizá
  • 200-300 Pinzones reales (Fringilla montifingilla) estimados. No era un conteo nada fácil por como se movían y como se mezclaban con las otras especies. Tres días antes Ricardo Hevia había estimado allí una cifra estratosférica de unos 2000 ej
  • 100-200 Verderons comunes (Chloris chloris)
  • 200-300 Pardillos comunes (Linaria cannabina). Parecía la especie más abundante junto a los pinzones reales. Al menos cuando volaban. Que conste que son estimas muy conservadoras de los bandos que salían volando y volvían a posar (algunos parecía que marchaban en dirección norte). Probablemente los números ayer fuesen bastante mayores.
  • + Jilgueros comunes (Carduelis carduelis). Muy poquitos

Lugar de las observaciones

Pinzones reales (Fingilla montifringilla)

 Terminaba la visita y preferí acabar todas las fotos con la misma cámara pero me pesó no haber sacado la Sony para hacer fotos de grupo por aquello de estimar mejor las cifras (con una bridge de sensor 1/2,3" resulta casi imposible)

Fringílidos en vuelo

Pinzón real (Fringilla montifringilla) hembra. Toma recortada
Nikon P950 focal 2000 mm   ISO:100    V:1/500   F:6,5

Pinzones reales y pardillo común (arriba izda)

Pinzón real (Fringilla montifringilla) macho. Toma recortada
Nikon P950 focal 1500 mm   ISO:100    V:1/500   F:6,3

      Y con la foto de este hermoso pinzón real terminamos la visita a aquella Chaira luguesa. Una visita que, por cierto, me sentó de maravilla.

domingo, 12 de xaneiro de 2025

11/01/2025 Co mestre Souza en Valdoviño

    Onte tivemos unha visita moi especial por terras de Ferrol, concretamente na lagoa de Valdoviño. Nada máis e nada menos que Don José de Souza Bazarra, ornitólogo pioneiro e referente para min, tanto polo seu imenso coñecimento naturalista como pola súa marabillosa personalidade. Un pequeno comité de recepción formado por Pablo Vázquez, Ángel Couce, José Ramón Castro e máis eu recibimos a Souza, que veu acompañado por Miguel López Caeiro e Alberto de Souza (o seu fillo).

Souza no medio da imaxe

  O tempo non acompañou moito e houbo que tirar de paraugas pero xa se sabe: estamos en xaneiro e na Galiza o normal agora é que chova.


     Porén, quen si acompañou foi A Frouseira, que ofreceu a tan ilustre visitante todas as especies presentes estes días, incluidas as raridades. De todas formas o que máis feliz fixo a Jose (Souza) foron os galos de auga, unha rálida que el coñecede como ninguén e que mantén en Valdoviño ún dos seus últimos redutos galegos de invernada e migración.

  A primeira hora orballaba. Depois parou de chover, cousa que agradecimos todos.

Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus) baixo o orballo. Toma moi recurtada
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:800    V:1/200    F:4

Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:400    V:1/200    F:4 

    A femia de mergo grande segue na lagoa, ainda que ontes nadaba pola parte máis externa da canle de desaugue. Este exemplar tivo a honra de ser un bimbo para Souza. De entre os millóns de aves que terá censado nunca antes vira un merganser.

Mergo grande (Mergus merganser)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400   V:1/400     F:4


Mergo grande (Mergus merganser) na canle da lagoa

Mergo grande (Mergus merganser)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400   V:1/400     F:4

Mergo grande (Mergus merganser)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400   V:1/400     F:4

    Hai un feito evidente: a canle de desembocadura é o seu territorio favorito para se alimentar, sempre que a marea o permita. Ben na parte máis interna, ben na parte máis próxima á praia coma onte, cando nos deleitou cunha sesión de pesca intensiva. De maneira moi frecuente o mergo grande mete a cabeza por baixo do nivel da auga mentras avanza, un comportamento que os anglosaxóns denominan snorkel, comentaba Souza.

Mergo grande facendo snorkel

Mergo grande (Mergus merganser)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400   V:1/500     F:4

  Tamén fomos testemuñas dun caso de parasitismo por parte de Phalacrocorax carbo a Mergus merganser. O mergo capturou un grande peixe (robaliza ou muxe, non está clara a cousa) depois dunha longa persecución. E mentras tentaba tragalo, con moito esforzo, chegou un corvo mariño e quitoullo. Aínda que estas cousas forman parte do devenir natural recoñezo que me deron ganas de tirarlle unha pedra ao corvo mariño.  

Mergo grande con captura

Corvo mariño grande roubando captura ao mergo

 Tamén estaba a famosa cerceta americana (Anas crecca carolinensis) pero o que máis emocionou a Souza foron os galos de auga, que ademáis onte se achegaron máis do habitual.

Galos de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 470 mm)   ISO:1600   V:1/200    F:4

Galo de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:400   V:1/500    F:4,5

  Foi inspirador ver a unha lenda da ornitoloxía galega desfrutar tanto cos humildes galos de auga; unha acuática que de común xa non ten nada na nosa terra. Souza ten estudado en profundidade a esta especie (en lugares coma o seu querido encoro de Sabón) agora moi rara como nidificante a nivel galego e que apenas congrega unhas poucas ducias de exemplares invernantes na lagoa de Valdoviño. 

Galo de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 525 mm)   ISO:400   V:1/500    F:5,6

Galo de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 600 mm)   ISO:800   V:1/250    F:4,5

    Ainda que non había demasiada luz tiven un pequeno "ataque de fotógrafo" e tomei varias fotos ben encuadradas a ras do chao.

Galos de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 485 mm)   ISO:400   V:1/320    F:4,5

   Na última apréciase moi ben a forma do pé deste rálido, cos dedos lobulados, a diferenza das palmaduras completas que posúen as anatídeas ou as mariñas, por exemplo.   

Galos de auga (Fulica atra)
Sony RX10 III (focal 600 mm) ISO:400   V:1/500     F:5,6

  Unha xornada fantástica no reencontro co grande Souza, a quen había anos que non atopaba en persoa e con quen resulta sempre un pracer paxarear ou simplesmente escoitar o que di mentras camiñas (fabulosa especialmente a súa aventura na ría de Aveiro en 1979).

Un servidor camiñando co mestre (Alberto de Souza detrás)

Espérovos no próximo post!