Hoxe tiña un xantar familiar por terras de Compostela. Antes deume tempo a pasar por Maniños para seguir coas probas da Nikon P950. Ao chegar había unha luz cálida moi fermosa.
Peirao de Maniños (Fene) Autodisparo sobre tripé
Nikon P950 focal 60 mm equiv ISO:100 V:1/8" F:5,6
Nikon P950 focal 35 mm equiv ISO:200 V:1/160 F:5
De novo volvía contar só 22 mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis), unha cifra de invernada moi baixa, como vén sucedendo na presente década.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 focal 400 mm ISO:800 V:1/320 F:5
O sol aínda non saíra polo horizonte e había moita escuridade da zona onde nadaban os mergullóns. Empreguei focais curtas para poder baixar a apertura (F) e sensibilidade (ISO). Atrevinme cun disparo a ISO 1600. Non quedou mal, mas preferín baixar ese valor, demasiado alto neste sensor.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 focal 1100 mm ISO:1600 V:1/400 F:5,6
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 focal 550 mm ISO:1000 V:1/320 F:5
O sol comezaba saír pero os mergullóns seguían en zonas de sombra. Houbo que editar dabondo estas dúas fotos, nas que xa comeza a notarse o detalle.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 focal 550 mm ISO:800 V:1/500 F:5
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 focal 950 mm ISO:800 V:1/500 F:5,6
Finalmente ás 9,45 hora zulú os raios do sol comezaron a dar sobre a parte da ría onde nadaban os mergullóns de pescozo negro. Agradecino.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 focal 2000 mm ISO:200 V:1/500 F:6,5
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 focal 2000 mm ISO:100 V:1/400 F:6,5
Obviamente o sol facilita moito as cousas, proporcionando unha mellora notable na cualidade das imaxes. Quizá un día destes me achegue coa Olympus para ver as diferenzas cun equipo bridge.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 focal 950 mm ISO:100 V:1/400 F:6,3
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 focal 2000 mm ISO:100 V:1/400 F:6,5
Nesta visita a impresión sobre a nova cámara é boa, sen estridencias. As fotos quedan ben pero a pouco que recurtes aparece a pixelización, algo que non ocorría coas Canon SX, especialmente coa SX50, a mellor bridge pequena da Historia na miña humilde opinión. Pego unhas imaxes tomadas nunhas circunstancias moi semellantes hai dez anos coa Canon SX50, unha cámara que tiña unha focal máxima de 1200 mm frente aos 2000 mm da Nikon P950.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Canon SX50 focal 1200 mm Resto de parámetros descoñecidos
Xa vos dixen que antes non gardaba os RAW. Isto son recurtes chapuceiros de cando aínda estaba a aprender o básico en edición dixital.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Canon SX50 focal 1200 mm Resto de parámetros descoñecidos
Certo é que estes nigricollis estaban situados máis perto cós afotados hoxe coa Nikon. Porén os mergullóns reais (Podiceps auritus) que tamén fotografara naqueles días estaban igual ou máis lonxe. E quedaron unhas fotos realmente boas.
Mergullóns reais (Podiceps auritus)
Canon SX50 focal 1200 mm ISO:80 V:1/500 F:7,1
Mergullón reai (Podiceps auritus)
Canon SX50 focal 1200 mm ISO:200 V:1/320 F:6,5
Terminamos cunha imaxe que me encanta. Non é por presumir mas penso que é unha auténtica
delicatesen, por moitos motivos (raridade da especie, número de individuos, composición, calidade de imaxe,...). Seguramente unha das mellores fotografías que nunca saquei, nunha época en que apenas sabía nada sobre isto pero cadrou que estaba no lugar axeitado no momento adecuado. Porque a fotografía naturalista é cuestión do momento, da luz e da distancia. Iso téñoo clarísimo.
Mergullóns reais (Podiceps auritus)
Canon SX50 focal 1200 mm ISO:80 V:1/400 F:7,1