A mañá do sábado voltei por Valdoviño, onde había temporal no mar.
Mar de Valdoviño
Na lagoa da Frouseira a cousa estaba máis calma.
Lagoa de Valdoviño
Como xa expliquei, agora adoito ir coa cámara coma única óptica. O prognóstico anunciaba chuvia (que comezou cando marchaba) así que deste vez tampouco levei o telescopio. Así e todo fixen unha listaxe completa (preme), que se complementa coa que Pablo Vázquez e Antón Rivera subiron algo máis tarde (preme). Eles sacaron limícolas que eu non detectei.
Poño o que eu vin (sen paxaros terrestres):
- 1 Cisne mudo (Cygnus olor)
- 4 Culleretes boreais (Spatula clyupeata)
- Deceas de patos cincentos (Mareca strepera)
- Deceas de lavancos reais (Anas platyrhynchos) xa moi dispersos
- 165 Cercetas eurasiáticas (Anas crecca) aprox, contadas co teleobxectivo da cámara
- 5+ Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 1 Virapedras (Arenaria interpres)
- 1 Gaivota pequena (Hydrocoloeus minutus). Leva tempo aquí
- 60+ Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus). Estaba a realizar un conteio preciso mas apareceu unha aguia pescadora e levantou todo
- + Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis)
- 3 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis)
- 21 Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
- 7 Cullereiros (Platalea leucorodia)
- 2 Garzas brancas pequenas (Egretta garzetta)
- 2 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 1 Aguia pescadora (Pandion haliaetus)
Lavanco real (Anas platyrhynchos) papando "gramínea sp"
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/100 F:5
O máis alucinante é que nestas alturas os lavancos vólvense moi mansos e confiados. Podes achegarte a eles a distancias incríbelmente curtas. Dalgunha maneira acostumáronse á xente que camiña a diario polo paseo peonil, comportándose case coma patos domésticos nun parque. Supoño que a proibición da caza hai corenta anos tivo moito a ver con isto.
Lavanco real (Anas platyrhynchos) femia
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:3200 V:1/125 F:5
Lavanco real (Anas platyrhynchos) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:3200 V:1/125 F:5
Como dixen non levei "armamento pesado", moi necesario para observar acuáticas pequenas no intermareal. Si contei (aproximadamente) as cercetas, a maioría no sector NW.
Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/320 F:5
Bando de gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
Gaivota pequena (Hydrocoloeus minutus)
Unha mañá agradábel só enturbiada polos de sempre. Concretamente polo de sempre: un individuo que leva un rotweiller sen buceira e a miúdo sen correa, coma foi hoxe. Segundo a lei woke as mascotas forman parte da unidade familiar, así pois non hai nada que facer. Evidentemente que ese individuo faga iso todos os días non ocorre sen complicidade social, política e policial.
Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:800 V:1/250 F:5
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/200 F:4
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:800 V:1/250 F:5
Cullereiro común (Platalea leucorodia)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:3200 V:1/400 F:4
Aguia pescadora (Pandion haliaetus)
Vémonos na próxima entrada.














Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos