O inverno quedou atrás. Aínda vai caer moita auga daquí a xuño pero aquel tempo de moitas xornadas ou mesmo semanas continuadas de choiva xa remataron. Co aumento das horas de luz as temperaturas tamén subiron dabondo e xa temos máximas de 20 ou 22ºC cando vai sol. Estamos na primavera e iso permite volver a fotografar bicharía cativa.
Tipula vernalis. Fam. Tipulidae
Sony RX10 III (focal 600mm equiv.) ISO:400 V:1/250 F:4
Aproveito para publicar unhas fotos de libeliñas tomadas coa Sony RX10 III, agora mellor editadas.
Gaiteiriño forestal (Chalcolestes viridis). Imaxe bastante recurtada
Sony RX10 III (focal 600mm equiv.) ISO:1000 V:1/500 F:5,6
Gaiteiriño montano (Lestes sponsa)
Sony RX10 III (focal 600mm equiv.) ISO:100 V:1/500 F:4
Non canso de insistir na necesidade de comprar cámaras que dispoñan de formato RAW (arquivo sen comprimir). E, no caso de telo, gardar as copias nese formato.
A seguinte foto é probablemente unha das máis bonitas que tomei xamáis. Polo bicho en si, polo fondo desenfocado, pola composición e por ser cunha bridge de sensor 1/2,3" (a túa SX50 aínda vai mellor en macro, Manolo). Lamentablemente tiven un despiste, borrando o cartafol onde estaba o RAW, e agora só dipoño do recurte que fixen entón, de 600x800 píxeis, co cual non se pode facer nada obviamente. É ún dos casos en que máis sufrín por perder o orixinal.
Gaiteiriño dríade (Lestes dryas). Ano 2016
Canon SX60 (21-1365 mm equiv.) Parámetros descoñecidos
Nesta mañá de domingo fun dar unha volta por Moeche, o meu local patch de primavera.
Val de Moeche (A Coruña). Autodisparo sobre saca de lentellas no capó do carro.
SonyRX10 (focal 104 mm equiv) ISO:100 V:3,2" F:5
Cheguei ás regas de Casalousada con 2,5ºC e unha humidade que metía medo. Tiven un "ataque de fotógrafo" e púxenme a facer tontarías coas maneiras tan pouco ortodoxas habituais.
Val de Moeche (A Coruña). Autodisparo sobre saca de lentellas no capó do carro.
SonyRX10 (focal 65 mm equiv) ISO:100 V:8" F:5
Val de Moeche (A Coruña). Autodisparo sobre saca de lentellas no capó do carro.
SonyRX10 (focal 77 mm equiv) ISO:100 V:10" F:5
Ás sete da mañá hora zulú comezaba a primeira "espera mustélida" da temporada. Levaba corenta minutos aburrido e pasando frío cando apareceu a primeira martaraña deste 2026.
Martararaña (Martes martes)
Martaraña (Martes martes)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:6400 V:1/250 F:4
Martaraña (Martes martes) onde sempre
Teño moitas ganas de fotografala co novo tele. Volvemos coa bridge e fotos de paxaros pousados entre ramallada. Non é doado pero tampouco imposíbel.
Picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus)
Sony RX10 III (focal 567 mm equiv) ISO:200 V:1/500 F:4
Tordo músico (Turdus philomelos) a cantar
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv) ISO:800 V:1/160 F:4
Tordo músico (Turdus philomelos). Enfoque manual
Sony RX10 III (focal 600 mm equiv) ISO:800 V:1/160 F:4
Ben, alegroume moito volver unha martaraña. A observación casual de mamíferos activos de día é moito máis frecuente nos meses próximos ao solsticio de verán, supoño que porque a noite se lles fai breve para todo o que teñen que facer nesa época (entre outras cousas reproducirse). Pero xa tedes en Netflix a nova temporada de "Martarañas en Moeche".














Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos