Levamos días con vento de nordés e iso de primavera habitualmente significa parada de migrantes. Por ese motivo fixen hoxe unha visita rápida á lagoa de Valdoviño. Porén, sen telescopio resulta complicado por non dicir imposíbel controlar ben o intermareal e a ribeira oeste. De todos os xeitos non semellaba que houbese especies típicas da pasaxe de marzo, coma fuselos de rabo negro, combatentes, píllaras pequenas ou cercetas albelas.
Parella de patos cincentos (Mareca strepera)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/320 F:4
Os lavancos reais aparecen cada día en lugares máis raros. A esta parella parece que lles estaba rondando pola cabeza facer o niño no alto dunha palmeira. Quen vería aos pitos botándose a terra ao estilo dos
Bucephala sp.
Lavancos reais (Anas platyrhynchos)
A cerceta eurasiática é unha anatídea cuxo número foi medrando desde os anos oitenta do século pasado. En datas tan avanzadas coma un 28/03/2026 aínda fican na lagoa 90+ exemplares (contados coa cámara). Normalmente a estas alturas poucas eurasiáticas quedarían, aparecendo xa algunhas cercetas albelas (Spatula querquedula), que pola contra vense agora en menor número, penso.
Cercetas eurasiáticas (Anas crecca). Parella
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/320 F:5
Cerceta eurasiática (Anas crecca). Macho
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/640 F:4,5
Cerceta eurasiática (Anas crecca). Femia
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/400 F:4
A verdade é que esperaba algunha novidade máis.
Garza real (Ardea cinerea)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/320 F:4
O que segue a sorprenderme é a presenza regular de virapedras na ribeira leste durante todo o período invernal (antes aparecían únicamente nos pasos).
Virapedras comúns (Arenaria interpres)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/400 F:4
Ademáis o virapedras é un ave moi "agradecida" para o fotógrafo. Seguramente unhas das limícolas máis confiadas que temos na Galiza.
Nestas alturas están a mudar a penaxe de inverno para a nupcial. En maio poderemos velos coa muda completada.
Virapedras común (Arenaria interpres)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/400 F:4,5
Virapedras comúns (Arenaria interpres)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/320 F:5,6
A predición meteorolóxica anuncia que persiste esta situación con ventos de nordés. Así pois é altamente probábel que aparezan algunhas das acuáticas que mencionei no primeiro parágrafo. Haberá que estarmos atentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos