Esta mañá voltaba por terras de Moeche para comezar a temporada primaveral nun lugar que me deu moitas satisfaccións o ano pasado, grazas tamén á persistencia nas miñas visitas (as moitas horas que pasei aburrido sen ver gran cousa non se reflicten neste blogue).
Buxato común (Buteo buteo)
Tordo músico (Turdus philomelos)
Pimpín común (Fringilla coelebs)
Existe un apozamento no que sempre paro pola posibilidade de observar sapo común, algo que non ocorreu aínda por mais que o hábitat resulta óptimo. Porén, hoxe tiven unha pequena alegría cando comprobei as fotos na casa.
Zapateiros. Gerridae lacustris ou similar (esda) e Aquarius najas ou similar (drta)
Xa tiña fotografado o zapateiro de lagoa (Gerris lacustris ou unha especie moi semellante) e ao zapateiro de río (Aquarius najans idem), ambos da familia Gerridae. Sen embargo nunca fotografara antes un zapateiro da familia Veliidae, ou iso me parece na imaxe.
Velia sp? (Fam. Veliidae?)
Á espera do que dictaminan os revisores de Observation enviei un par de fotos a ver se valen para identificación (con insectos non é tan doado como coas aves!). Emilio, se estás por aí, maniféstate.
A edición dixital con programas de fotografía é moi interesante para o naturalista. Por exemplo para non confundir á I.A. que empregan as plataformas de ciencia. Na mesma foto aparecían dúas especies diferentes, así que para axudar na identificación eliminei os zapateiros de lagoa deixando na composición únicamente o suposto relo de auga (nome inventado por min para a ocasión).
Borrando elementos da composición
Logo de editar, borrar e recurtar moito o orixinal, ésta é unha das imaxes que subín para que os entomólogos de Observation dispoñan dun mellor apoio visual.
Posíbel relo de auga (Velia sp?)
A primavera está chamando á porta. Esta mañá fotografaba algunhas flores típicas de comezos da estación. Un 300 de focal fixa non é a mellor opción para estes casos. Fixen o que puiden.
Nunha finca abandonada hai varias plantas ornamentais moi vistosas. Non sei se son rosas o camelias, pero sempre que paso por alí lembro a María (miña parella, falecida hai dous anos). Un día, mentras pasaba por aló, pensei en levarlle unha ou dúas destas flores. Finalmente non o fixen porque me daba un pouco de pena arrincalas. É unha desas cousas que che quedan na memoria para sempre.
Agrión de prado (Cardamine pratensis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/200 F:4
Caltha palustris
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/160 F:5,6
Primavera común (Primula vulgaris)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/200 F:4





.jpg)
.jpg)






Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos