Seguidores e seguidoras

domingo, 26 de abril de 2026

Anduriñas, perdices e máis cousas

    Nas diferentes mostraxes que fago (mustélidos, escribidores, etc) sempre van aparecendo outras cousas cuxas fotos gardo "na neveira" ata que xurde o momento para as publicar.

   Unha anduriña común pousaba así de tranquila en Sedes.

Anduriña común (Hirundo rustica)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:1600   V:1/160   F:4

    Na entrada do cortello había un contraluz bastante feo. Amañeino como puiden.

Anduriña común (Hirundo rustica)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:3200   V:1/320   F:4

  A anduriña común debe ser unha das poucas aves cuxos nomes científico e vulgares (castelán + galego) non variaron desque son neno. Calquer día xa llos cambian.

Anduriña común (Hirundo rustica)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:1600   V:1/160   F:4

Anduriña común (Hirundo rustica)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:1600   V:1/125   F:4

    Pola contra, o noso seguinte protagonista experimentou varios cambios nos seus nomes vulgares españois e galego: buitrón, cistícola buitrón, picaxuncos, carriza dos xuncos...

Carriza dos xuncos (Cisticola juncidis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:3200   V:1/125   F:4

Carriza dos xuncos (Cisticola juncidis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:3200   V:1/160   F:4

 Tiña pendente tamén unha foto do picafollas común, un reprodutor abondosísimo na comarca de Ferrol, onde semella ter unhas condicións de hábitat e clima óptimos para a especie.

Picafollas común (Phylloscopus ibericus)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:1600   V:1/125  F:4

   A perdiz común hai décadas que deixou de ter "hábitat óptimo para a especie". De feito penso que nunca o debeu ter, mais aló dalgúns montes litorais onde tamén se plantaba cereal. Os poucos exemplares que podemos observar agora son todos procedentes de soltas cinexéticas.

Perdiz rubia (Alectoris rufa)

    En Moeche estes exemplares lograron asentarse e reproducirse con éxito. Pero dá non sei qué velas tan dependentes do pienso e grao que botan ao gado.

Perdices rubias (Alectoris rufa)

   Mas sempre é bonito escoitar o seu canto característico, que aquí emiten poucas veces, a verdade.

Perdiz rubia (Alectoris rufa)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:800   V:1/250   F:4

Perdiz rubia (Alectoris rufa)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:800   V:1/250   F:4

    Aproveitei unha mostraxe da operación mustela para controlar un niño de merlo rieiro común, que segue operativo en Lamas (San Sadurniño).

Merlo rieiro. Foto testemuñal

  Ben, estaredes un pouco aburridos e aburridas con tantos bichos ou lugares comúns. Se non pasa nada raro o próximo fin de semana viaxarei a Villafáfila para guiar unha excursión cos compañeiros do Grupo Naturalista Hábitat. Seguramente non disporei de moito tempo para tomar fotos porque cando guías un grupo o principal é a tarefa formativa, lóxicamente, pero algunha traerei.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos