Normalmente a lagoa de Valdoviño adoita estar aberta e con funcionamento mareal nos meses de abril e maio. Sen embargo este ano mantense pechada. Unha casuística moi boa para as acuáticas reprodutoras, que así dispoñen dun nível hídrico máis ou menos regular. Moi mala para o fenómeno da migración (das limícolas especialmente).
Limícolas no intermareal 03/05/2013
Canon SX60 (24-1200 mm) f:6,3 ISO:200 V:1/500 F:6,3
Ademais do elevado número de aves que se chegan a concentrar, cómpre salientar que a maioría están xa coa penaxe nupcial, co cual todo resulta máis vistoso.
Fuselos de rabo pinto e pilros 07/05/2016
Canon SX60 (21-1365 mm) f:6,5 ISO:200 V:1/800 F:6,3
Píldoras cincentas 07/05/2016
Canon SX60 (21-1365 mm) f:6,5 ISO:200 V:1/800 F:6,3
Por desgraza nos últimos anos esa sedimentación está a ser bastante pobre, por non dicir raquítica. Na miña opinión, e logo de tratalo con outros colegas, penso que a causa principal pode ser o cambio climático, que fai que moitas aves non requiran emigrar a latitudes tan meridionais como antes. Por outra banda, a presenza masiva e permanente de cans ceibes en todo o espazo natural é algo que obviamente dificulta a concentración de aves migrantes. Con estes ingredientes semella complicado que volvamos a ter os espectáculos que se daban aquí hai vinte ou trinta anos.
Píllaras e pilros 17/05/2014
Canon SX50 (24-1200 mm) f:6,3 ISO:100 V:1/640 F:8
Ademáis agora cando hai sedimentación o número de especies con cifras importantes é máis limitada que antes. Quer dicir, podemos ter unha cifra moi alta de píllara real ou pilro tridáctilo (de feito tivemos algún record en datas relativamente recentes), mas sobretodo as
limis medianas/grandes coma
Calidris canutus,
Tringa spp,
Limosa lapponica, etc caeron en picado.
Pilros en vóo
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 ISO:640 V:1/1600 F:8
Quén sabe se con este vento de nordés que está soprando forte e coas mareas vivas do próximo fin de semana acaba por abrir a canle de desaugue. Se non, haberá que mirar para as aves reprodutoras. Considero altamente probábel que en calquer momento teñamos un intento de cría por parte de garza vermella (Ardea purpurea), tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) ou algunha outra sorpresa. Quen teña interese nesas cousas debe comezar a explorar as ribeiras sur e oeste. Xa aviso que non é tan cómodo coma ir polo paseo peonil, o único que coñecen o 95% dos visitantes. O sector occidental é A Frouseira salvaxe, non a visita turística que facemos cando vamos polo paseo. Obrigatorio botas de goma, de caña alta a poder ser. Tamén unha vara para tantear o terreo, e moitísima precaución. Mellor indo acompañados (eu de adolescente era unha cabra loca e me metía por sitios que agora o penso... e me asusto).
Intermareal da Frouseira
OM-1 + Zuiko 100-400 mm f:6,3 (a 170 mm) ISO:250 V:1/800 F:8
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos