Poño máis cousas destes días (non todo foron grandes mamíferos). Primeiro unhas fotos de paxaros comúns tomadas con ISO´s altísimos, que obviamente non poden ser fotos boas, mas si cun nível de detalle digno dabondo.
Pinzón vulgar (Fringilla coelebs)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:25.600 V1/80 F:4
Pinzón vulgar (Fringilla coelebs)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:12.800 V1/50 F:4
Pico de coral (Estrilda astrild)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:12.800 V1/125 F:4
Varios ferreiros reais semellaban estar na procura dun "piso" nun lugar onde xa teñen aniñado, tanto eles coma os seus curmás os ferreiriños azuis.
Ferreiro real (Parus major)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V1/200 F:4
Faltan por chegar algunhas aves migrantes subsaharianas e poco se pode destacar destes días. Todo aves comúns, aínda que esta observaba nas Regas ún ou dous pedreiros cincentos (Oenanthe oenanthe), que se atopa en plena pasaxe primaveral.
Merlo negro (Turdus merula)
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f:5,6 (a 220 mm) ISO:6400 V:1/640 F:5,1
Camiño das martarañas
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f:5,6 (a 100 mm) ISO:1600 V:1/60 F:4
Camiño do xabarín
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f::5,6 (a 100 mm) ISO:1600 V:1/60 F:4
Terminamos a serie de vertebrados con un buxato común. Encántame que agora sexa oficial o nome "buxato" para esta rapina. É o termo empregado na comarca de Ferrol-Trasancos-Ortegal, e que empregaban meus pais.
Buxato común (Buteo buteo)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/250 F:4,5
Buxato común (Buteo buteo)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/320 F:5
E agora imos falar de moscas: Calliphora vomitoria
Sobre o capó do carro atopabamos un moscón co que estivemos a probar o modo "macro" cos nosos obxectivos (Manolo co Zuiko 100-400 f.6,3).
Mosca (Calliphora vomitoria)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/320 F:4
Toma anterior con recurte importante
Como non marchaba abrin o maleteiro e acoplei o teleconvertidor e mais os tubos de extensión para poder achegarme máis, porque a distancia mínima de foco no 300 f.4 é de 1,4 m, algo maior cós 1,3 m do 100-400. Penso que con tanta "potencia de fuego" é case obrigado un tripé, porque a estabilización cambia moito e nótase trepidación en todas as fotos. Esta toma fíxoa Manolo.
Mosca (Calliphora vomitoria): Toma feita por Manolo Rei
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x + Tubos Meike 26 mm ISO:1600 V:1/500 F:7,1
Logo de ter unha identificación aproximada (Observation mediante) entroume curiosidade e chusmei en Wikipedia para saber desta mosca. E quedei abraiado.
Os adultos aliméntanse co polen das flores, mentras que as larvas fano habitualmente de carne de cadáveres en descomposición (tamén lixo ou directamente caca). Os cachondos de wikipedia din que "Las larvas son ricas en proteínas y, en teoría, pueden utilizarse como alimento".
Mosca (Calliphora vomitoria)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 + MC1,4x + Tubos Meike 26 mm ISO:800 V:1/200 F:7,1
O que máis me asombrou foi que este humilde insecto resulta ser de vital importancia para a mediciña forense de todo o mundo. Polo visto o desenvolvimento das larvas é altamente dependente da temperatura. Grazas a iso os forenses poden determinar moi ben o tempo transcorrido entre a morte dunha persoa e o seu descobrimento, o que se denomina intervalo post mortem (PMI).
Pois para algo tan importante como iso, que pode resolver casos de morte natural ou xuizos por asasinato, as larvas desta humilde mosca parecen ser unha ferramenta fundamental en todo o mundo. A Natureza máis fascinante está moitas veces nas pequenas cousas comúns que temos ao carón.













Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos