Dentro da familia dos escribidores, en Ferrol aniñan catro especies:
- Escribidor riscado (Emberiza cia)
- Escribidor de papo negro (Emberiza cirlus)
- Escribidor amarelo (Emberiza citrinella)
- Escribidor das canaveiras (Emberiza schoeniclus)
O riscado ocupa montes, barrancos, canteiras e áreas forestais degradadas (o termo castelán "montesino" é moi indicativo). O de papo negro ten as maiores densidades en sistemas de dunas grises con piñeiros e área agrícolas térmicas con hortas. Xamáis coincide co escribidor amarelo, que prefiere campiña fresca con cobertura caducifolia ou bordes forestais en cotas medias e altas. O escribidor das canaveiras é unha especie en risco de extinción e o seu hábitat de cría actualmente limítase ás canaveiras de Valdoviño e Doniños.
Parella de escribidores riscados (Emberiza cia). En foco a femia
Estes días estou a monitorizar diferentes lugares onde coexisten o riscado e o amarelo. Concretamente os montes que hai a cabalo entre os concellos de Narón e San Sadurniño, pertencentes ás parroquias de Sedes e Santa Mariña do Monte respectivamente. Por certo, en Sedes desmantelaron o parque eólico que había (é probábel que instalen ún mais grande...).
Alicerce dun eólico
Monte Campo dos Nenos, Sedes (Narón)
Completamente rodeadas por eucaliptal sobreviven unhas 10 ha de braña, felgos, toxeira e pasto raso. Un pequeno oasis que lembra como eran a maioría dos montes litorais até os anos 70/80.
"Agra dos Nenos"
A mala nova é que se trata dun terreo de caza permanente. Así que moitos días hai presenza de cazadores, ben cazando ou ben adestrando os cadelos. Haberá que evitar xoves e festivos.
Pequeno parche de ucedal atlántico
Nos diferentes transectos realizados esta fin de semana localicei territorios de ambas as especies de escribidor, nalgún caso case solapados.
Escribidor riscado (Emberiza cia) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/320 F:4
Escribidor riscado (Emberiza cia) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/320 F:4
Case todos os membros da familia Emberiza son bastante tímidos (E. hortulana é criminal). Habitualmente non deixan que te achegues moito, así que todas as fotos posúen algo de recurte.
Parella de escribidores amarelos (Emberiza citrinella) en "Agra dos Nenos"
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:1600 V:1/320 F:4
Escribidor amarelo (Emberiza citrinella) na Golpilleira
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f:5,6 ISO:200 V:1/500 F:5,6
Escribidor riscado (Emberiza cia) macho
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f:5,6 ISO:400 V:1/800 F:5,6
Escribidor riscado (Emberiza cia) macho
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f:5,6 ISO:200 V:1/500 F:5,6
A femia estaba semioculta entre a vexetación do chan. Mesmo así distínguese moi ben pola cor parda da mitra (olivácea en E. cirlus e ferruxenta en E. cia)
Femia de escribidor amarelo de costas, amosando mitra parda
O macho é inconfundíbel pola súa cabeza e peito amarelo vivo.
Escribidor riscado (Emberiza cia) macho
OM-1 + Panasonic 100-300 mm f:5,6 ISO:200 V:1/500 F:5,6
Ademais dos escribidores anotei outras aves típicamente de monte ou de carácter eurosiberiano. Os ariscos tordos visgueiros andan xa carrexando bicada para os polos.
Tordo visgueiro (Turdus viscivorus). Ao fondo un "espontáneo"
A pica das árbores semella manter unha boa poboación nestes montes.
Pica das árbores (Anthus trivialis)
Téñolle moito cariño á pica das árbores. Recórdame moito os primeiros anos en que visitaba á Frouseira, onde por certo atopei un niño con cinco ovos tal día coma un 21/05/1988. A todo isto ollo con aquela listaxe. Especies que se reproducían daquela: Streptopelia turtur, Cuculus canorus, Locustella naevia,...Tempos foron.
Pica das árbores alimentándose nun campeiro
Pica das árbores (Anthus trivialis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/1000 F:4
Pica das árbores (Anthus trivialis)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/1000 F:4
Outro paxaro moi fuxidío é o fermosísimo cardeal europeo. É un reprodutor común na comarca de Ferrol nos hábitats apropiados, mas non é doado de ver, e menos de fotografar.
Cardeal europeo (Pyrrhula pyrrhula)
Deixamos as aves. Xa sei por qué padecían a sarna os dous lobos fotografados o ano pasado. Este corzo (macho, como ben se pode apreciar...) parecía estar a ponto de entrar na UCI.
Corzo (Capreolus capreolus)
E rematamos cunha bolboreta fotografada na "Agra dos Nenos".
Maricela (Coenonympha pamphilus f. lyllus). Fam. Satyridae
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:200 V:1/1000 F:5






















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos