Esta fin de semana tocou visitar a lagoa de Valdoviño. O sábado con bastante vento, na xornada dominical con frío e chuvia.
Gaivotas escuras (Larus fuscus)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:800 V:1/500 F:5
Poño o máis interesante do observado:
- 5 Cercetas albelas (Spatula querquedula)
- Deceas de patos cincentos (Mareca strepera), xa en celo evidente
- Arredor dun cento de lavancos reais (Anas platyrhynchos), por dicir un número. Entre eles unha parella con 14 pitos de poucos días. A primeira rolada da temporada na Frouseira, en datas habituais
- 1 Pato rabilongo (Anas acuta). Observado únicamente o sábado
- 26-30 + Cercetas eurasiáticas (Anas crecca). Bastantes para estas alturas do ano
- 2 Zurrascas eurasiáticas (Rallus aquaticus) escoitadas
- 2 Píldoras cincentas (Pluvialis squatarola)
- 2 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 10 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 1 Bilurico pativerde (Tringa nebularia)
- 1 Pilro común (Calidris alpina)
- 150 Gaivotas escuras (Larus fuscus) contadas o sábado
- 2 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia) o sábado
- 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus). Por certo, teño unha visita pendente a Ribadeo. A ver se saco tempo pra iren (vou ter os próximos findes bastante ocupados)
- + Folosas das canaveiras (Acrocephalus sirpaceus) cantando nos lugares habituais
- 1 Lavandeira amarela (Motacilla flava) no illote da Lapela, onde aniña desde hai moitos anos. Coma no caso das folosas, supón a primeira cita propia este ano
Cerceta albela (Spatula querquedula) macho
Macho de albela en primeiro plano e femia ao fondo
Cerceta albela (Spatula querquedula) macho. Toma con recurte
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 ISO:800 V:1/640 F:4,5
A cerceta albela, ao igual que a común, aliméntanse filtrando en augas superficiais para coller diferentes organismos, tanto vexetais como animais (invertebrados). E faino movendo a cabeza moi rápido. Se engadimos que é un pato bastante fuxidío, mais tímido que lavancos ou cincentos, resulta un bicho de fotografía complicada.
Se ademais acoplamos o teleconvertidor MC1,4x pois hai que subir mais a velocidade de obturación. E con este tempo invernal estaba todo moi escuro. Houbo hoxe un rato no que había mellor luz, xusto cando comezou a chover. Algunhas destas fotos foron feitas mentras sostiña o paraugas e a cámara a un tempo, como podía...
Cerceta albela (Spatula querquedula) baixo a choiva
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x (f.5,6) ISO:1600 V:1/400 F:6,3
Cerceta albela (Spatula querquedula) alimentándose
Cerceta albela (Spatula querquedula) alimentándose
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x (f.5,6) ISO:1600 V:1/500 F:6,3
A cerceta albela é unha das anatídeas máis peculiares da nosa fauna. Por un sinxelo motivo: están presentes únicamente na pasaxe de primavera, de marzo a abril (mais raramente até maio). Sendo a maioría dos nosos patos aves invernantes nos nosos humidais - ou sedentarios no caso dos lavancos e cincentos reprodutores - a cerceta albela é a única especie cuxa aparición se limita a un período tan breve de tempo, como norma xeral. O pato rabilongo tamén sedimenta na Frouseira durante o paso de primavera, pero o seu continxente é maiormente invernante no noso país.
Cercetas albelas (Spatula querquedula)
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x (f.5,6) ISO:800 V:1/320 F:6,3
Todas as imaxes deste post foron sacadas, penso, cunha velocidad algo lenta para os espasmódicos movimentos das cercetas. Non quería subir moito a sensibilidade. Por iso algunhas fotos saíron movidas ou con lixeira trepidación (que falamos dunha focal de 840 mm equivalentes cos bichos a 30-50 m).
Cercetas albelas e lavancos reais
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x (f.5,6) ISO:800 V:1/200 F:6,3
Cercetas albelas e lavancos reais
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x (f.5,6) ISO:1600 V:1/500 F:7,1
Cerceta albela (Spatula querquedula) macho
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x (f.5,6) ISO:1600 V:1/500 F:6,3
Cerceta albela (Spatula querquedula) femia
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x (f.5,6) ISO:1600 V:1/400 F:7,1
Cerceta albela (Spatula querquedula)
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x (f.5,6) ISO:800 V:1/250 F:6,3
Cerceta albela (Spatula querquedula)
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + MC1,4x (f.5,6) ISO:800 V:1/250 F:6,3
Bon, tardábame facer unha sesión fotográfica con esta anatídea tan característica da Frouseira nestas alturas. É certo que o tempo non colaborou mas as cercetas si, ficando relativamente perto para tratarse desa especie tan desconfiada. Doume por satisfeito... até o ano que vén.
PD: Por suposto gardarei os RAW e estou completamente seguro que dentro duns anos non gostarei nada de como os revelei para esta entrada e volverei publicalos cunha mellor edición. Como me pasa agora con algunhas fotos de antes. O equipo que teño é PRO, pero eu non.

















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos