Onte ao saír do traballo achegueime de novo polo Rego do Basteiro (Neda), ún deses lugares que están moi perto de casa e que sempre che dá algunha alegría. Por exemplo na forma de libeliñas.
Parella de donceliñas vermellas (Pyrrhosoma nymphula) copulando
OM1-1 + Zuiko 300 mm f.4 ISO:400 V:1/800 F:5
O tempo era algo desapacíbel para invertebrados ou réptiles (18ºC mas con vento frouxo/moderado). Sen embargo levei unha pequena sorpresa polo número de odonatos observados no tramo do Basteiro que prospecto habitualmente, duns 500 m liñais:
- 14 Donceliñas vermellas (Pyrrhosoma nymphula)
- 28 Donceliñas de mercurio (Coenagrion mercuriale)
Teño moito interese en ver qué sucede éste ano logo da limpeza de vexetación realizada polo concello este inverno (o ano pasado tivemos unha emerxencia brutal de mercuriale, que cheguei estimar en 1000+ individuos). Desde logo comeza ben a cousa para estar a día 1 de abril.
Donceliña de Mercurio (Coenagrion mercuriale)
OM-1 + Zuiko 300 mm f.4 + tubos Meike 26mm ISO:200 V:1/500 F:5
Sialis lutaria. Fam. Sialidade (Orde Megaloptera)
OM1-1 + Zuiko 300 mm f.4 + tubos Meike 26mm ISO:200 V:1/500 F:4
Pola forma en que descansan as ás ao se pousar lembran aos tricópteros, mas os siálidos non teñen nada a ver. Falando do tema, tamén observei un mínimo de 6 troitas comúns, case todas moi noviñas e algunha xa máis feita.
Troita común (Salmo trutta fario)
Troita común (Salmo trutta fario)
Sigo incómodo coa ausencia de zoom no 300 de focal fixa. Algo que me impedíu coller todo o corpo da troita na imaxe anterior e case, case, ao grupo de patiños que apareceron de súpeto.
Pitos novos de lavanco real (Anas platyrhynchos)
Unha femia nadaba xunto a dez pitos de poucos días, os primeiros da temporada.
Pitos novos de lavanco real (Anas platyrhynchos)
Pitos novos de lavanco real (Anas platyrhynchos)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:800 V:1/640 F:5
Nai pata controlándome
Pito novo de lavanco real (Anas platyrhynchos)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:8160 V:1/640 F:5,6
Femia de lavanco real (Anas platyrhynchos)
Botei de menos o Pana 100-300 mm (que tiña no maleteiro a pouca distancia), pois non era nada doado seguir focando os patiños sen que se fosen da composición.
Pitos novos de lavanco real (Anas platyrhynchos)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:800 V:1/640 F:5
Pitos novos de lavanco real (Anas platyrhynchos)
OM-1 + Zuiko 300 mm f:4 ISO:400 V:1/1000 F:5
E con esta preciosidade rematamos por hoxe. Sen lugar a dúbidas unha das esceas máis bonitas, enternecedoras e simpáticas que podemos desfrutar na primavera galega.
















Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos