Xa sabedes que gosto de coller fotos antigas e reeditalas co novo software e co novo hardware. Hoxe toca o abetouro bruón (Botaurus setalleris), do que xa publiquei algunha foto mellorada. Desta volta van as cinco fotos decentes que teño deste ardeido tan fuxidío. No arquivo dispoño dalgunha máis, pero bastante máis lonxana. As imaxes subidas neste post conlevan o correspondente recurte, como é habitual neste blogue.
Abetouro bruón (Botaurus stellaris)
Canon SX 60 (focal 1365 mm equiv) ISO:500 V:1/250 F:6,5
As tres primeiras foron tomadas coa Canon SX 60. Por desgraza as circunstancias do momento non facilitaron a fotografía. Eu metido na lama coa auga ata os xeonllos tentando non afundirme de vez e o abetouro agochado entre a canaveira da "Pesqueira". Unhas fotos como é debido: ao natural.
Abetouro bruón (Botaurus stellaris) amosando a "boina"
Canon SX 60 (focal 1365 mm equiv) ISO:500 V:1/250 F:6,5
A terceira é a mellor da serie. Case parece boa.
Abetouro bruón (Botaurus stellaris)
Canon SX 60 (focal 1365 mm equiv) ISO:500 V:1/250 F:6,5
Logo dun comentario de Tirso Fernández consultei cos revisores de eBird e semella que non podo colgar listaxes persoais que non sexan as dun día concreto. Así pois fixen dous pantallazos con todas as citas que teño de abetouro na Frouseira: 32 (polo medio hai dúas en Cospeito que non conto). Supoño que son o observador con máis citas na localidade, por motivos obvios.
As dúas próximas fotos foron sacadas coa Nikon B700, o alter ego das Canon SX pero en Nikon. A última é quizá a mellor de todas. Unha mágoa que estivese nunha zona de sombra con forte luz de fondo. Fixen o que puiden para non perder o contraste.
Abetouro bruón (Botaurus stellaris)
Nikon B700 (focal 1445 mm equiv) ISO:400 V:1/400 F:6,5
Abetouro bruón (Botaurus stellaris)
Nikon B700 (focal 1445 mm equiv) ISO:400 V:1/400 F:6,5
En fin, un bicho fantástico. Cómo desfrutei aquela primeira observación un lonxano día a finais de setembro de 1990!



.jpg)
.jpg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos