Esta mañá facía outra nova espera mustélida ao mencer. De novo o resultado foi negativo. Semella que este ano as martarañas de Moeche non queren saír na foto. Porén, atopaba un novo excremento no mesmo cruce famoso (entendedes por qué fago as esperas alí?). Debe ser da noite pasada, pois comprobei que estas cacas se deterioran axiña.
Cacola de martaraña (Martes martes)
A boa nova é que o picanzo vermello M 3 (macho do territorio 3) segue vivo!
Picanzo vermello (Lanius collurio) "M 3". Imaxe recurtada
OM-1 + Panasonic 100-300 mm ISO:3200 V:1/200 F:5,6
Cansei de carrexar o pesado 400 mm e agora cando teño que camiñar levo o tele pequeno ou as bridge. Xa me chega o que sufro na casa por outros motivos para sufrir tamén no campo....
Picanzo vermello (Lanius collurio) "M 3". Imaxe recurtada
OM-1 + Panasonic 100-300 mm ISO:3200 V:1/200 F:5,6
Por suposto o pequerrecho tamén segue no mesmo sitio.
Picanzo vermello (Lanius collurio) voantón, fillo de "M 3"
Agora imos coas malas novas. Podemos confirmar que o gabián (Accipiter nisus) do outro día capturou un picanzo, probablemente o macho do territorio 2 ou un exemplar en paso/dispersión.
Penas de picanzo capturado por gabián (Accipiter nisus)
David Calleja pasoume o enlace a unha páxina web alemá onde se mostran todas as plumas das aves europeas e ollando o apartado de Lanius collurio semella que non hai lugar a dúbidas (plumas picanzo vermello).
Fixen unhas capturas de pantalla para que comparedes. En principio trataríanse de penas da barriga ("bauch"), do peito ("brust") ou intermedias. Alomenos iso me di o tradutor de alemán. Falamos de plumas con base cincenta extensa, logo unha zona branca de menor anchura e as pontas de cor pardo moi claro.
Plumas dun macho adulto
Plumas dun macho adulto diferente
Respeito ao sexo e idade do picanzo capturado xa non o teño tan claro. A min parécenme máis as dun macho adulto. Para determinalo con seguridade habería que ter as penas na casa, medilas e mirar con lupa as ilustracións da web e iso non vai ser posible. Desde logo a especie si semella moi clara.
Plumas dun macho de 2º ano
A verdade é que xa mo parecera cando vin a escea de caza. Mas recoñezo que as novas tecnoloxías son un avanzo extraordinario na identificación a todos os niveis, que nin soñabamos na miña época.
E con esta boa/mala nova rematamos este mini post.
Xabi, ¿no te habrás acercado por el territorio 2, o incluso por todos los territorios locales, por ver si hay un macho allí? Sería la manera de hacerte una idea mejor de lo que pudo haber pasado. Creo que valdría la pena, antes de que piquen billete y se abran del sitio.
ResponderEliminarTiña esa idea pero hoxe non me deu tempo. De todas formas o teritorio 2 é moi puñeteiro porque abrangue un espazo moi amplo e de difícil aceso polos pastores eléctricos e as vacas pacendo. Os territorios 1 e 3, por exemplo, son moito máis doados de controlar porque os bichos están sempre moi perto dos camiños.
EliminarIgual mañá fago un intento co 2. El Pueblo tiene derecho a saber,.