Moitos afeizoados e afeizoadas estarán agora de viaxe por terras exóticas facendo "turismo ornitolóxico" (qué pouco gosto deste termo...). Porén eu vivo a etapa máis sedentaria da miña vida, afundido coma estou na desgana por case todo, incluido conducir. Sobretodo cando paso mala noite.
Esta mañá saía pasear de novo pola praza da Porta Nova, xunto á miña casa.
Rola turca (Streptopelia decaocto) apañando poliñas para o niño
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:3200 V:1/400 F:6,3
Cirrio eurasiático (Apus apus)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:800 V:1/1250 F:6,3
Observei máis ou menos o mesmo ca onte. Puiden confirmar o paso en vóo dun falcón peregrino (Falco peregrinus) en dirección norte. Xa me parecera velo onte, mas hoxe vino mellor. Seguramente un exemplar xuvenil do ano. Quizá mesmo procedente do estaleiro de Navantia (viña desa zona).
O resto de "persoal" pois os de sempre. Nesta ocasión levei a OM-1 co tele pequeno. Como podedes comprobar todas as tomas foron con ISO´s bastante altos, debido a que as aves estaban case todas nas zonas de sombra do parque. E a mañá estaba co ceo toldado, para variar.
Pega rabilonga (Pica pica)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:6400 V:1/250 F:6,3
Pega rabilonga (Pica pica)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:6400 V:1/250 F:6,3
Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:3200 V:1/400 F:5,6
Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:3200 V:1/320 F:5,6
Rabirrubio tizón (Phoenicurus ochruros). Femia con bicada
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:1600 V:1/160 F:5,6
Hoxe fixen "trampa" e levei uns flocos de avea integral ecolóxica para dar aos pardais (é un alimento saudábel, sen azúcar engadido e con carga proteica importante). A pesares das pombas, que chegaron ao momento, os pardais puideron desfrutar da súa parte do menú tamén. Grazas a iso puiden sacar algunhas fotos desde moi perto.
Pardal común (Passer domesticus)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 (a 150 mm) ISO:3200 V:1/400 F:6,3
Pardal común (Passer domesticus)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:1600 V:1/320 F:5,6
Pardal común papando flocos de avea integral ecolóxica
Pardais comúns (Passer domesticus)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 (a 234 mm) ISO:3200 V:1/400 F:6,3
Pardal común (Passer domesticus). Probábel xuvenil do ano
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:3200 V:1/500 F:6,3
Pardal común (Passer domesticus)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:1600 V:1/250 F:5,6
Pardal común (Passer domesticus), macho
Pardal común (Passer domesticus)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 (a 190 mm) ISO:3200 V:1/400 F:6,3
Pardal común (Passer domesticus)
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:3200 V:1/500 F:6,3
Sospeitaba dunha pequena colonia de pardais nun ponto da praza e puiden confirmalo.
Pardal común (Passer domesticus) carrexando herbas ao niño
OM-1 + Panasonic 100-300 f:5,6 ISO:6400 V:1/200 F:6,3
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos